12.9.12

Noia: o Concello adica 39.000 euros a aforro enerxético na zona de Barro

  • Así o anunciou a concelleira de Comercio, Industria e Turismo, Mónica González Eiras
  • As obras comezarán xa este mes e rematarán antes de fin de ano

Media_httpfarm6static_ebvmn

Capela de San Antón, na parroquia de Santa Cristina de Barro, restaurada en 2010

Noia, 12 de setembro de 2012. O programa “Noia, un compromiso coa sostibilidade” ten un investimento de 39.676,32 euros dos que o 80%, 31.741,06 euros, son aportados pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, a través do Fondo de Compensación Ambiental.

A actuación contempla a substitución de luminarias tradicionais por luminarias tipo LED, na estrada municipal de Barro ata Punta Abruiñeiras.

A concelleira Mónica González considera que na zona de actuación poderase reducir o consumo eléctrico ata un 60%. "Nestes momentos o gran consumo eléctrico así como o incremento das tarifas eléctricas está supoñendo un dos principais custes das administracións locais", asegurou.

Charlas informativas en centros educativos sobre consumo eléctrico sostible

As obras comezarán antes de final de mes e estarán rematadas en dous meses. A actuación compleméntase con charlas formativas sobre aforro enerxético en centros educativos, para concienciar sobre a necesidade dun consumo eléctrico sostible.

González Eiras argumentou que o concello irá "na medida das súas posibilidades económicas substituíndo luminarias para ir introducindo a tecnoloxía LED. Ademais, no novo alumeado que se instale xa se implantarán sempre luminarias de baixo consumo", finalizou.

Esta actuación vén completar outras xa feitas na zona de Labarta, Bergondo e San Lázaro.

Pode que tamén lle interese:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: en marcha a campaña "Móllate polo galego", para darlle "Vitaminas ao galego"

Cimg8488

Rianxo, 12 de setembro de 2012. Esta mañá, no salón de plenos do Concello de Rianxo, tivo lugar a presentación da campaña de sensibilización sobre o idioma galego "Móllate polo galego", patrocinada polo Concello de Rianxo e organizada pola plataforma de medios de comunicación "Vitaminas para o galego". Na presentación estivo o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños; o músico ribeirense Tonhito de Poi e o xornalista Pablo do Paso, do xornal Certo.

Segundo explicou o alcalde rianxeiro, "este concello sempre ten no bico o idioma galego e é un pracer para nós colaborar con esta campaña de concienciación que fan os medios en galego, precisamente aqueles que traballan sen subvencións e sen grandes convenios e seguen apostando pola lingua".

Tonhito de Poi: "somos o que falamos"

O integrante de Herdeiros da Crus, Tonhito de Poi, resaltou na súa intervención a importancia da lingua nai, que salientou cun par de anécdotas chamativas. Nunha ocasión, nunha viaxe en New York, nun curso que tomou, logo de intervir nunha clase, un norteamericano dirixiuse a el e preguntoulle "de onde era, porque a miña voz soáballe a terra e a mar. E expliqueillo e entendeuno, e non coñecía de nada Galicia", explicou este artista de Ribeira, que tamén está agora a aprender a plantar na horta e súa tía, o outro día, ao coller un anaco de terra coa man dixo algo que lle chamou a atención: "Esta terra ten nai. En lugar de dicir que era unha terra co ph axeitado, para plantar, dixo iso tan fermoso e tan claro en galego". Tonhito de Poi ten claro que "se somos galegos é polo idioma, e se somos así de fermosos, é porque o idioma nos fai así, somos o que falamos". Tamén salientou que, a nivel profesional, iso de falar en castelán ou en inglés non é necesario para trunfar: "onde eu me movo, na música, a linguaxe dos deuses, inda menos. 

Cimg8498

A seguir, o xornalista boirense Pablo do Paso, de Certo, explicou as características técnicas da campaña. Trátase dunha campaña de concienciación dirixida fundamentalmente á mocidade, pero interrumpiuno Tonhito de Poi para sinalar que "hai miniños de 99 anos", polo que só se vai pedir aos que queiran participar nela que envíen a foto máis orixinal que se lle ocorra co lema da campaña "Móllate polo galego" (e derivados: "eu móllome polo galego", por exemplo) ao correo electrónico mollate@vitaminasparaogalego.gl, o cal redireccionará esa foto a un muro de Facebook da campaña e a un blog. Alí os usuarios poderán votar pola foto máis orixinal inda que a decisión final para outorgar os premios será do xurado composto por integrantes de Vitaminas para o galego.

Premios

O primeiro premio será unha noite de aloxamento na casa rural A Pousadoira, de Callobre, en Miño (A Coruña) -www.pousadoira.com- a convir no mes de outubro cos que rexentan este establecemento que tamén se molla polo galego.

O segundo premio é dun centro de ensino e academia de informática de Rianxo, Informática Castelao, que doa un tablet para mollarse polo galego.

O terceiro premio é unha sorpresa que se dará a coñecer o sábado 22 de setembro, no reparto de camisolas na praia de Tanxil a partir das 16:30.

Tipo de fotos

Premiarase a orixinalidade da imaxe -que se pode facer con calquera tipo de cámara, só ten que ser enviada en soporte dixital ao correo citado- e o esforzo ou risco que a autora ou autor da mesma empreguen. Trátase de alcanzar a maior "viralidade" posible na Rede, polo que, entre outras ideas, lánzase a de poñerlle a camisola co lema da campaña a alguén famoso que se implique co idioma, ou facer o lema para a imaxe con materiais orixinais e que teñan que ver coa auga e as molladuras.

QUE É VITAMINAS PARA O GALEGO?
O idioma galego necesita vitaminas. A lingua galega precisa de axudas. Entre os apoios fundamentais figuran os medios de comunicación que empregan, prestixian e difunden o xeito de falar dos habitantes do Noroeste da Península Ibérica. A pluralidade de linguas é unha riqueza cultural que a humanidade debe protexer e cultivar. Para espallar esta idea xorde o proxecto "Vitaminas para o galego", impulsado por medios en galego.

QUEN IMPULSA VITAMINAS?
A plataforma Vitaminas para o Galego está artellada polos medios de comunicación: Galicia ConfidencialTempos NovosRadiofusiónPraza PúblicaNovas da GalizaVal Miñor.info e Quepasanacosta

Medios colaboradores: Certo xornal dixital de Barbanza e Noia, Osil.info de Valdeorras,  Crónica3 da Mariña Lucense, Radio Nordés (Cadena Ser Costa da Morte), Terra Chá.Xa, Crónicas da Comarca (Arzúa – Melide), a revista de surf SurfGZCadernos de Comunicación e Análise; O periódico de Lalín e Comarca; Hermes e Atenea, xornal en galego de deporte e cultura; Disquecool, o medio de tendencias made in Galicia; O xornal De Luns a VenresCabozo, a rede social galega; a rede de blogues Vencello; Cartafol, a revista multimedia para Ipad; A Nova Peneira ,o programa radiofónico Plástico Elástico Revista Kubus, Compas da Costa, Ábrete de Orellas, Televinte Chantada e Fervenzas Literarias.

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

11.9.12

Muros-Noia: Compromiso X Galicia anuncia as súas primarias para este sábado 15 en Santiago

notaprimariasv.pdf Download this file

Máis info:

www.compromisoxgalicia.org








Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: ponencias xurídicas a cargo do Colexio Provincial de Avogados o venres 21 de setembro no auditorio

  •  Dereito sucesorio galego, violencia de xénero e axilización procesal, asuntos a debater

Media_httpfarm3static_facch

Auditorio de Ribeira

Ribeira, 12 de setembro de 2012.- Por segundo ano, o Colexio Provincial de Avogados da Coruña celebrará unha xornada de conferencias xurídicas neste concello. Estas ponencias terán lugar no Auditorio Municipal o vindeiro día 21 de setembro, a partir das 11 horas.

A xornada comezará coa participación do presidente da Audiencia Provincial da Coruña, José Luis Seoane Spiegelberg, que ofrecerá unha ponencia dedicada ao Dereito Sucesorio Galego, despois da cal terá lugar un coloquio.

Ás 12.30 horas intervirá o presidente da sección 1ª da Audiencia Provincial da Coruña, Ángel Judel Prieto, cunha nova charla sobre Violencia de Xénero, seguida de coloquio.

Por último, xa ás 17 horas tomará a palabra Ángel Pantín Reigada, presidente da sección 6ª da Audiencia Provincial de A Coruña – Santiago, quen pronunciará a conferencia Medidas de Axilización Procesal antes de rematar o día co último dos coloquios organizados.

JORNADAS_RIBEIRA2012.pdf Download this file
Como se pode observar, este programa está en castelán. O idioma galego ten unha eiva importantísima neste aspecto da súa vida cotiá, como denuncia constantemente o ribeirense Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística

Pode que tamén lle interese:

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: novo servizo de información, orientación e busca de emprego na Casa da Xuventude

Media_httpfarm8static_bhxnc

Pista multideporte da Casa da Xuventude de Ribeira

Ribeira, 11 de setembro de 2012.- O Concello conta desde o pasado día 3 de setembro de 2012 cun novo Servizo de Información, Orientación e Busca de Emprego, cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo. Deste xeito, o Concello pasa a ser entidade colaboradora do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) na área de información, orientación e busca de emprego.

A oficina atópase situada na pranta baixa da Casa da Xuventude e consta dunha orientadora laboral chamada Carolina Pamín Pérez que é licenciada en Pedagoxía. Son destinatarios deste servizo as persoas inscritas como demandantes de emprego no SPEG, que son derivadas dende a Consellería.

Entre as funcións da oficina, figuran o asesoramento na busca activa de emprego, así como sobre formación, seguimento de itinerarios personalizados de inserción (IPIs), organización de cursos relacionados coa busca activa de emprego (busca de emprego por Internet, elaboración do currículo, carta de presentación,...), desenvolvemento de habilidades sociais, etc.

Onte, en Certo:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o Bng pide que se arranxen as pistas deportivas e se fagan outras melloras na aldea de Raña

Adxuntamos íntegro o escrito presentado onte en rolda de prensa, con toda a información sobre o que se solicita para esta aldea pobrense

O Bng fixo peticións similares na parroquia de Santa Cruz, onde a veciñanza pedía un acceso digno e sen perigos ao cemiterio. Tras "moitos mareos", en verbas dos nacionalistas, por parte do goberno municipal do PP, finalmente fixéronse as obras, como se observa na imaxe, tirada do Facebook do Bng da Pobra.




10.09.12.-STDE. INCLUSIÓN ACTUACIÓNS NO PEFO 2012.doc Download this file

Santa_cruz_en_a_pobra

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: nova mobilización contra os recortes este xoves 13, diante da porta do Hospital da Barbanza

Ribeira_13_setembro








Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

10.9.12

Noia: este domingo, concerto do grupo Atlántico na igrexa de Santa María a Nova

Noia, 10 de setembro de 2012. O domingo, día 16 de setembro, ás 20:30 h. o grupo Atlántico, grupo vogal e instrumental, organizará un concerto na igrexa de Santa María "A Nova" de Noia .

Entrada libre.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: ata o 30 de setembro, "Duodécima revelación", no Centro Social

  • Exposición pictórica, de 20 cadros, da artista afeccionada Rosa Souto
  • Titúlase "A duodécima revelación" e pode visitarse na Casa da cultura "Ramón Martínez López" ata o 30 de setembro



Curriculum Rosa Souto.pdf Download this file

Boiro_duodecimarevelacion

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a asociación "Flor de Toxo", endebedada ao reducir a Xunta por sorpresa e ás agochadas unha subvención

Ribeira, 10 de setembro de 2012. Segundo informa hoxe en nota de prensa, a asociación cultural xuvenil "Flor de Toxo" queda endebedada en 3.500 euros -"poñendo en grave situación económica a esta entidade sen ánimo de lucro"- debido a que a Xunta de Galicia baixou de máis de 700.000 euros a pouco máis de 400.000 o programa "Iniciativa Xove". A citada organización xuvenil de Ribeira pediu esa subvención para desenvolver durante este verán un obradoiro para a construción dunha comparsa de xigantes e cabezudos.

QUE PASOU FINALMENTE COA SUBVENCIÓN?

Segundo explican dende "Flor de Toxo", o goberno da Xunta presentou este ano o citado programa de subvencións a asociacións xuvenís, que se denomina "Iniciativa Xove ", gabándose en diversos medios de que incluso se incrementaba o orzamento ata os 705.000€,  e medraba 1.4% con respecto ao ano pasado e que o goberno de Feijóo se preocupaba pola mocidade, polas súas iniciativas e poñía medios á súa disposición. A Asociación Flor de Toxo, a pesares de ter obtido máis da puntuación mínima para serlle concedida a subvención, no verán, o 13 de xuño, publícase no DOG unha redución do orzamento do citado programa de subvencións, pasando dos 705.000€ ata menos de 432.000€. É curioso observar como no rss reader que empregamos en Certo inda se pode observar a convocatoria dos 700.000 euros pero, vaia sorpresa, se picas a ligazón, a noticia desapareceu. Ou sexa, alguén mandou borrala dos servidores de Xunta. E tamén chama a atención como no DOG non se fai referencia en ningún momento aos 700.000 euros de que tanto se gababan apenas tres meses antes na consellería de Beatriz Mato.

"Un ano máis esta entidade queda sen subvención da Xunta de Galicia tendo que facernos nós agora cargo de 3500 euros que deixan a esta entidade nunha moi grave situación económica", aseguran os de Flor de Toxo.

AS CRÍTICAS DE "FLOR DE TOXO": ENGANO E OPACIDADE

"Criticamos o engano do goberno da Xunta de Galicia, non consideramos ético que no mes de marzo anuncien en ducias de medios de comunicación 705000 € para este fin e que no mes do verán, case clandestinamente e sen saír en ningún medio de comunicación, só no DOG, rebaixen o orzamento ata os 432.000€. É moi pouco serio que un goberno fachendee e se louve a si mesmo de apoiar á xuventude no mes de marzo e que 4 meses despois teñan que reducir o orzamento case á metade. Isto quer dicir ou que moi mal fan as cousas e previsións económicas ou que pouco valen as palabras do Sr. Feijóo e o seu equipo", inciden dende este colectivo de mozos de Ribeira.

VETADOS NA XUNTA

Ademais, aseguran os de "Flor de Toxo" que "en tres anos que se lle solicitaron subvencións á Xunta de Galicia non nos deron nin un euro: poucas iniciativas xuvenís se poden desenvovler sen cartos. Deberían probar a ter a metade dos seus parlamentarios sen cobrar, a ver cantos seguían indo ao parlamento. Non criticamos que sexan inferiores os recursos destinados a asociacións con respecto a outros anos, porque entendemos que hai outras prioridades como a sanidade, a educación ou os servizos sociais, o que non podemos permitir é que se saia na prensa presumindo de investir na xuventude e catro meses despois desbaratar todo o que se dixo". E engaden que "un goberno ten que ser serio, e non andar vacilando nin ríndose das asociacións, que somos os que realmente dinamizamos un pobo, e facémolo con moitos menos recursos dos que dispoñen as administracións públicas".

POSTURA DO CONCELLO: CALADA POR RESPOSTA

Explican tamén os de "Flor de Toxo" que no concello tiñan constancia dende o ano pasado de que estaban interesados en construír uns xigantes e cabezudos, incluso nunha reunión co 2º tenente de alcalde se lles indicou que parecía moi boa idea e que os habían de chamar para sentarse a falar con el e coas concelleiras de Cultura e Xuventude. A día de hoxe seguimos agardando por esa chamada. Dende a toma de posesión deste equipo de goberno, o concello só colaborou con nós nunha actividade e porque case estaban obrigados. Estamos seguros de que somos a entidade de Ribeira que menos fondos recibiu deste concello".

NON DESCARTAN REBENTAR ACTOS DE FEIJÓO

"Despois de nos deixar sen subvención e deixar á nosa entidade nunha situación económica gravísima, esta entidade non descarta recibir ao presidente da Xunta durante a campaña electoral "como o merece", cunha murga ou cunha representación teatral, porque "non podemos permitir que se rían da nosa entidade e nos deixen economicamente na creba", aseguran dende Flor de Toxo.

QUEIXA AO VALEDOR DO POBO DA QUE PASA O CONCELLO

Aproveitan para recordar que "esta entidade enviou un escrito ao concello de Ribeira, solicitando un informe que explicase se a oficina municipal de información xuvenil cumpre os requisitos que dicta a Xunta, e a día de hoxe seguimos agardando. Puxémolo en coñecemento do Valedor do Pobo que aceptou a queixa porque as administracións públicas deben contestar nun prazo máximo de tres meses. O Valedor solicitou informes ao concello sobre o tema, a día de hoxe o Valedor tamén segue agardando pola contestación: é moi grave que o Valedor do Pobo lle requerise ao alcalde en dúas ocasións información pola nosa queixa e que o máximo representante dun concello non llela enviase. O que non contesta é porque algo está agochando".


REFERENCIA HISTÓRICA DO OBRADOIRO FEITO

Os primeiros datos escritos son dun xornal de Ribeira de 1890, onde se podía ler "En las fiestas en honor a la Virgen del Carmen, el día 20 de agosto salieron las gaitas del país, los gigantones y cabezudos y una banda de música". No ano 1906 o rei Afonso XIII outorgaba a Ribeira o título de cidade debido ao gran desenvolvemento que experimentara no municipio a Industria da Salgadura (primeiras fábricas conserveiras onde o peixe se salgaba e posteriormente se comercializaba). Foron estes empresarios cataláns os que comezaron a mercar xigantes e cabezudos que durante as festas do verán e relixiosas sacaban ás rúas e convertíanse no maior atractivo das festas para os mais novos e os máis maiores.

Co paso dos anos concello e comisión de festas foron adquirindo xigantes, xigantóns e cabezudos debido á gran fama que obtiveran e psaran a formar parte imprescindible das celebracións festivas, tanto pagás como relixiosas. Durante os anos 50, 60 foron desaparecendo, debido a que foron deixados a outros municipios ou á comisión de festas dalgunha parroquia e desapareceron polo pouco control e preocupación que había por parte do concello daquela época. Tras terse volto a recuperar, outra vez foron estraviados e esnaquizados, polo que se ten constancia de que os últimos xigantes e cabezudos que houbo no municipio foron no mandato do ex rexedor Ventoso Mariño.

Dende hai uns anos, a directiva da asociación Flor de Toxo tiña por obxectivo a recuperación dunha comparsa de xigantes e cabezudos que puidesen voltar bailar, animar e facer as súas grazas polas rúas de Ribeira. Por iso neste ano, e acolléndose a un programa de subvencións da Dirección Xeral de Xuventude (Xunta de Galicia) presentaron un proxecto que tiña como fin a recuperación e construción de 6 cabezudos.

Dentro da iniciativa houbo unha serie de actividades como conferencia de historia de cabezudos, charlas previa e informativa e a principal actividade, o obradoiro de cosntrución de cabezudos, mesmo se tiña previsto unha festa de presentación polas rúas da cidade. O obradoiro foi impartido polo escultor e licenciado en Bellas Artes, Gonzalo Sarasquete, e participaron 32 mozos e mozas da comarca.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical