1.º DE MAIO. DÍA DA XENTE DO MAR24 abril 2008(Publicado por: Área de Cultura)Con motivo da conmemoración do primeiro de maio, o Concello de Rianxo, en colaboración coa Confraría de Pescadores organiza os ACTOS DE HOMENAXE ÁS XENTES DO MAR.Programa de actos:12:30 h. MISA CANTADA polo Coro Sta. Columba na Capela de San Bartolomeu seguida dunha OFRENDA FLORAL na honra dos mariñeiros falecidos e dos afogados no mar.20:00 h. CONCERTO conmemorativo do V Aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo que terá lugar no Campo de Arriba (en caso de choiva na Igrexa Parroquial).Concello de Rianxo
24.4.08
1 de Maio para os mariñeiros
Revolución dos Caraveis con Barbantia
Nova Barbantia, o Proxecto Leñaverde, La Voz de Galicia e mais a Asociación Cultural Aturuxo convídante á presentación dun novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á celebración do aniversario da Revolución dos Caraveis, o vindeiro venres 25 de abril, no local social de Aturuxo, en Boiro. O programa de actos desta xornada é o seguinte:
Ás 20:00 h.: Proxección do documental As armas e o povo (Portugal, 1975), filme colectivo que retrata a primeira semana de Revoluçâo dos Cravos.
Ás 22.00 h.: Recital de poetas portuguesas e galegas, con membros das Redes Escarlata.
Ás 23.30 h.: Concerto do grupo Ataque Escampe.
(Vía Barbantia.org)
Barraña. Hoxe mesmo...
Certo ao pé da noticia. Ao pé da gravación. Aínda que sexa doutro, claro.
Rosalía, esa dadora de nomes
Da nome a un viño.
http://www.rosaliadecastro.org
Da nome á súa fundación.
No seu día foi un billete. De 500 pesetas. Da nome a rúas, colexios, institutos, parques, prazas, proxectos.
Canto se pode gastar un nome dunha poetisa? Ou é válido para todo?
Montemuiño. Coche 12
Non se poden queixar os siareiros do rally este ano. Youtube salvoulle a papeleta a moitos