13.5.10

Dodro: o xoves 20 de maio entregan o premio Leixaprén a Xurxo Souto

O vindeiro xoves, día 20 de maio, terá lugar no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón a entrega do Premio Leixaprén a Xurxo Souto polo seu traballo como músico, artista e comunicador. A Concellaría de Cultura dodrense colabora coa Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística «Leixaprén»

Programa:

11.00: Recepción (Edificio de Primaria)
11.15: Palabras de benvida
11.30: Conferencia inaugural a cargo do profesor Manuel Lorenzo Baleirón
“Pazos da memoria nas terras de Dodro”
11.45: Presentación do audiovisual
“Pola banda de Laíño: memoria dos tempos idos”
12.00: Actuación musical do grupo Intercoles (rock de braña)
(Carla, Paula, Brais, Fran “Topino” e Lorenzo “Puchenco”)
12.10: Homenaxe a Uxío Novoneyra (alumnado de 2º da ESO)
Recitado colectivo de “Letanía de Galicia”
12.15: Representación teatral (Martín, Pedro e Alexandre, 2º da ESO)
“Así foi, doutor”, de Suso de Toro
12.25: Contos arroutados (Yéssica e Gabriel, 3º ESO)
“A tía Matilde”, de Xurxo Souto
12.30: Grupo Intercoles
12.40: Entrega do premio Leixaprén a Xurxo Souto
12.50: Grupo Intercoles
13.00: Remate do acto

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: o Bng suxire como aforrar 50.000 euros nun só ano coa redución de cargos

Pide supresión de cargos de confianza e exclusivas "para apretarse realmente o cinto"

Rianxo, 13 de maio de 2010. Logo do controvertido anuncio onte do presidente do Goberno central, José Luis Rodríguez Zapatero, de reducción e conxelación de soldos de funcionarios e retraso de inversións, os nacionalistas de Rianxo pídenlle medidas semellantes ao equipo de goberno local, dirixido polo socialista Pedro Piñeiro, que tamén onte propuxo algunhas. "Se quere aplicar medidas eficaces para baixar os gastos do executivo sería máis efectivo prescindir dos cargos de confianza do alcalde como é a xerencia, eliminar unha das exclusivas e rebaixar os gastos do avogado do alcalde. Estaríamos preto entón dunha rebaixa anual de máis de máis de 50.000 euros. Moi superior ao aforro ás medidas plantexadas onte polo alcalde", explican en nota de prensa.

Fóra afíns e candidatos socialistas

Mais aí non para a suxerencia. "Xunto a isto prescindir de contratos para os afíns e candidatos das listas electorais do PSOE sería tamén outra fonte de aforro importante", aseguran os do Bng local, comandados por Adolfo Muíños.

"Entre outras medidas tamén compre que o alcalde aproveite os plenos ordinarios para introducir propostas do goberno sen recorrer aos plenos extraordinarios que sen causa urxente que os xustifique se convocan, ás veces uns días antes apenas dun pleno ordinario, onde paradoxicamente non presenta o executivo ningunha proposta. Concentrar nos plenos ordinarios previstos por lei os asuntos municipais contribuiría a rebaixar substancialmente os gastos evitando doble pago das sesións e non baleirando de contido os plenos ordinarios", engaden.


Que se avance na implantación da e-administración

Outra proposta é que se remitan por correo electrónico os acordos do pleno e actas das comisións en troques da copia en papel para todos os concelleiros. "Evitaríase así a impresión e estrago de papel e fotocopiado indiscriminado de documentos. Avanzar na implantación da administración electrónica é unha das tarefas pendentes", argumentan dende o Bng.

Tamén considera o BNG necesario evitar o abuso do procedemento negociado nos que directamente o alcalde chama empresas e adxudica obras, "xeralmente por un importe igual ou apenas uns euros por baixo do prezo exposto, en troques de abrir os procesos, dar publicidade, admitir a libre concorrencia e escoller a proposta máis proveitosa para o concello. Son apenas unhas medidas iniciais de carácter interno pero que irían moito máis alá do brinde ao sol dunha suposta austeridade que non se vé por ningures", rematan.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: o venres 14 de maio chega o afiador á Cachada co seu barallete e outros artesáns

Feira de Artesanía na Cachada

Nas Letras Galegas deste ano aproveitamos a excusa que Novoneyra nos dá para revisar os oficios da terra, aludindo á importancia que el daba á vivencia desta na tradición cultural galaica.

Cesteiros, zoqueiros, oleiros, ferreiros, canteiros conforman entre outros o panorama artesanal actual, e de entre eles atopamos a uns cantos que accederon a vir facer unha pequena mostra do seu traballo ó insti, o vindeiro venres 14 de maio, de 12:35 a 14:15. Organizados en pequenos postos, a modo dun mercado tradicional, amosarán a súa arte para que alumnado e profesorado nos acheguemos a ese interesante mundo.

Tralo recreo, cada grupo de alumnos acudirá ao patio acompañado do seu profesor, onde terá lugar unha exhibición de afiador-paragüeiro, o oficio ambulante por excelencia, moi característico de Ourense; os afiadores ían polos lugares máis afastados da súa aldea ofrecendo os seus servicios. Coma noutros oficios, crearon unha linguaxe peculiar e propia, o chamado barallete. Levaban un asubío xeralmente feito de madeira de buxo que facían soar co seu tan coñecido pregón: “¡Afiador e paraugueiro…!! “ A partires dun número que triunfou nos teatros galegos, o actor Pepe Penabade achegaranos o singular mundo dos oficios e as xergas dos mesmos.

Logo do espectáculo do afiador, poderemos achegarnos pequenos postos onde cada artesán amosará os pormenores do seu oficio: un vidrieiro, un ceramista (Unzueta), unha orfebre (Elena), un carpinteiro de ribeira (de Asteleiros Losada), un traballador do coiro (Fer)  e un luthier tradicional (Nebra), serán os encargados de nos amosar como se traballaba nos seus oficios antigamente.

Para ambientar a mostra, no valado que rodea as pistas estarán pendurados murais sobre os oficios artesanais que elaborarou o alumnado de 2º da ESO.

Moreiras.blogaliza.org é "O Cachatronic", blog de Tecnoloxía do IES A Cachada.
Non se pode estar en todo (que nolo digan a nós), pero botamos en falta un cesteiro. En Boiro ata hai topónimos que aluden a este oficio (Vimieiro, lugar de vimes ou bimbios, as pólas do arbusto co que se fan os cestos, pólas coas que aínda se atan hoxe as viñas por toda a contorna).

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: orde do día do pleno ordinario do xoves 13 de maio

Porto do Son: a auga traballa e socava esta ponte sobre o río de Cans

Avisa Paco do Martelo no seu Flickr: "Esta ponte sobre o río de Cans que nos leva dende Resúa cara a Queiro, leva así varios anos sen visos de que alguén evite males maiores".
Non confundan este Cans coa aldea do Festival (O Porriño, Pontevedra), que comeza o 19 de maio, por certo.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: curso sobre "Coidados paliativos en enfermidade neurodexenerativa avanzada", do 24 ao 28 de maio

Enlace para ver o tríptico se non se abre na pantalla (para os que empreguen gmail), aquí

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Barbanza: Portos de Galicia colabora coa fundación "Ruta Xacobea do Mar de Arousa", que inclúe entre outros concellos a Rianxo, A Pobra e Ribeira

Portos de Galicia incluirá a esta fundación nas actividades dos Portos Xacobeos. Entre outras iniciativas, editarán unha revista

Ribeira, 13 de maio de 2010.- Portos de Galicia incluirá á Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e río Ulla dentro das actividades dos Portos Xacobeos programados para este ano, segundo manifestou o presidente do ente público nunha reunión de traballo mantida onte co presidente da Fundación Ruta Xacobea, Javier Sanchez-Agustino.

O obxectivo é o de participar nas conferencias que se levarán a cabo nos portos pertencentes á Ría de Arousa incluídos dentro das devanditas actividades como son, Rianxo, Vilanova de Arousa, Cambados, A Pobra do Caramiñal e Ribeira, así como a participación nunha revista editada pola Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e río Ulla.

Esta aportación da Consellería do Mar ao fenómeno Xacobeo supón, segundo Portos, "unha gran oportunidade para dar a coñecer por primeira vez a vinculación dos portos cos diferentes Camiños, nunha aposta por favorecer o coñecemento das nosas instalacións portuarias. Tamén se aproveita a oportunidade que nos ofrece este ano Santo para achegar a realidade sociocultural dos municipios galegos tanto aos seus habitantes coma aos seus visitantes".
 
En total, 15 portos forman parte deste programa que engloba cinco Camiños de Santiago: o do Norte, Fisterra-Muxía, Camiño Inglés, Portugués e ruta Marítima de Arousa. Os portos distinguidos como Portos Xacobeos son os de Ribadeo, Betanzos, Pontedeume, Corcubión, Cee, Muxía, Fisterra, Tui, Pontevedra, Pontecesures, Vilanova de Arousa, Cambados, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Fundación Ruta Xacobea

A Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, que conmemora a traslación dos restos do Apóstolo Santiago desde Jaffa (Palestina) ata Galicia, fundouse a instancia de José Luis Sánchez-Agustino López na Asemblea provincial de Turismo no ano 1963. En 1965 ten lugar o  primeiro remonte do río Ulla.
Entre os obxectivos da devandita asociación figuran os de manter viva a tradición xacobea na Ría de Arousa, xa que logo, por esa ría, segundo conta a tradición, produciuse a denominada “traslatio” do corpo do Apóstolo Santiago ata Galicia no século I.
A fundación leva a cabo una intensa labor de promoción cultural, económica e turística dos 22 concellos que forman o Patronato, entre elas, convocatorias de premios xornalísticos, fotográficos, de debuxo infantil, a guía turística mancomunada denominada AROUSA, que recolle as excelencias históricas, culturais, turísticas e gastronómicas destas bisbarras.

Na pasada etapa (en papel) de Certo falámoslles da Traslatio, á que se adicou un libro, que por certo, deixou sen pagar en gran parte o goberno bipartito anterior -o Xacobeo levábao Cultura, consellería do Bng-, segundo nos contaron os editores. Vexan a ligazón (con entrevista a Juan Manuel de Prada incluída) aquí

Relacionadas:

Noia: o 21 de maio, marcha nocturna reivindicando o Portus Apostoli

Música: en xullo, concertos xacobeos en Barbanza

Disque Noia non é "porto xacobeo"

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Porto do Son: critican nun blog o deseño deste cartel

"En este cartel donde solo prima el negro y el azul, Maio lleva bien visible curiosamente una estrella bien roja sobre la i (*), que a muy pocos se les escapa que es la misma que usa el BNG en "su" bandera y que en un principio llevó a compañeros a pensar que era ese partido el que lo organizaba. ¿Cómo es posible que con tanto descaro, el concejal que ocupa dicha Consejería incluya un símbolo de su partido, en un cartel oficial de nuestro Ayuntamiento?"

Toda a entrada en http://fonforron.blogspot.com/2010/05/festival-con-cebo-politico.html

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical