11.8.10

A Pobra do Caramiñal: programa completo das festas do Carme dos Pincheiros, do 20 ao 23 de agosto

Banda deseñada: ata o domingo 15 de agosto, Viñetas desde o Atlántico, en Coruña

Se che gusta o cómic, ou nunca o experimentastes e queres comprobar o que te estás a perder, tes que ir antes de que peche, o domingo 15 de agosto, a "Viñetas desde o Atlántico", nome do salón de cómic da Coruña, un dos máis punteiros de España.

Nós xa estivemos, e deixamos aquí unhas fotos para que te vaias ambientando:

</object>

Tes toda a información, día a día, en http://www.vinetasdesdeoatlantico.com/

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: a Feira do Marisco vai do xoves 12 de agosto ao domingo 15

Boiro: concedidos 6.700 euros de subvención para a nova curtametraxe "Tabernarios", da cooperativa Fungo


Unha das últimas curtas de Fungo foi a dirixida por Toño Chouza, Retratos de Romería, sobre o San Ramón

Boiro, 11 de agosto de 2010. Un total de 36 proxectos presentados por 31 produtoras independentes galegas recibirán o apoio económico da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) por un importe global de 800.000 euros, adxudicados a través de dúas das seis liñas de subvención ao sector audiovisual convocadas este ano pola entidade da Consellería de Cultura e Turismo.

Entre elas está a cooperativa boirense "Fungo", que vai levar adiante a curtametraxe "Tabernarios".

Desta contía total, 450.000 euros distribúense entre 20 propostas de traballo previo á realización de novas obras audiovisuais en lingua galega, mentres que 350.000 euros destínanse ao desenvolvemento e produción de 16 proxectos de contidos dixitais e interactivos destinados a internet, televisión dixital interactiva, plataformas de videoxogos e dispositivos móbiles. Con estas dúas novas resolucións, a Agadic avanza na publicación dos adxudicatarios e contías outorgadas a través do seu programa de axudas ao sector audiovisual galego 2010, para o que reserva un orzamento superior aos 7 millóns de euros. Un 70,5 por cento deste importe corresponde ás subvencións á produción e coprodución de longametraxes en lingua galega, cuxa adxudicación será publicada proximamente. Ao tempo, continúa aberto o prazo de presentación de solicitudes para as de amortización de custos de produción, de concesión automática ata esgotar os 800.000 euros dispoñibles para esta modalidade.

Entre os comisarios para conceder estas subvencións (neste caso as referidas a contidos interactivos) está o pobrense Manuel Gago Mariño, profesor de Xornalismo na USC pero máis coñecido en Certo como autor de Capítulo 0.

Web de Fungo: http://www.fungo.es

Listaxes totais de beneficiarios destas subvencións aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: Axóuxere Folk ofrece un concerto este sábado 14 de agosto ás dez e media


Rianxo, 11 de agosto de 2010. As Noites Folk voltan á Praza Castelao de Rianxo. Este vindeiro sábado 14 de agosto, ás dez e media da noite, o grupo Axóuxere Folk  (Ordes) ofrecerá un concerto no marco da programación do Verán Cultural 2010 organizada pola Área de Educación e Cultura e ao abeiro da Rede Cultural de Deputación da Coruña.

MySpace de Axóuxere Folk, en http://www.myspace.com/axouxerefolk

Web do grupo: http://79.157.80.151:8080/axouxere/

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: el escritor y cineasta Pablo Portero rompe contrato con Toxosoutos para publicar su libro sobre guión

Rodaje de Despierta en Ribadeo. Julio 2010.
Foto de Rita Gutiérrez.


Noia, 11 de agosto de 2010. El guionista y director ferrolano Pablo Portero rompe en pleno agosto el contrato con la editorial noiesa Toxosoutos para la publicación de su esperado libro acerca del guión y la escritura para audiovisual.
El autor considera imprescindible que su obra sea publicada en las mejores condiciones posibles, y esto le ha llevado al de Canido a rescindir cualquier relación con la editorial de Noia. Portero adelanta que en los próximos meses Story, Guión e Narrativa Audiovisual, saldrá publicado por una plataforma editorial en sintonía con el autor, y con una gran relación calidad-precio. El guionista y director recuerda que hace ya quince años que publicó por primera vez, y que este bagaje como autor le permite hoy tomar decisiones como la tomada recientemente con respecto a la publicación de este libro.

Recién llegado del rodaje de Despierta, su sexto cortometraje como director, grabado en interiores de la localidad de Ribadeo, y en exteriores de la zona llenos de magia, como la playa de As Catedrais, Pablo Portero destaca: "Es sin duda mi mejor trabajo hasta la fecha, y una de las experiencias vitales, y a nivel de equipo, más gratas que he vivido últimamente, gracias al estupendo trabajo de otros ferrolanos que han trabajado codo a codo conmigo, como Rita Gutiérrez, Darío Fernández, Brais Gen, y Cristina Ramírez". Una vez finalizado el montaje definitivo del cortometraje, Portero espera presentarlo en diferentes localidades gallegas después del verano.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: comezaron as obras na igrexa de Argalo, con seguimento arqueolóxico debido a que é zona de interese etnográfico

Noia, 11 de agosto de 2010. Hai uns días comezaron as obras no adro da Iirexa de Argalo, dentro do PEIM (Plan Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural), que están financiadas polo Ministerio de Medio Ambiente Rural e Marino e pola Consellería de Medio Rural.

A obra consiste na instalación de canalizacións de saneamento na zona, e a colocación de lastros de granito e ten un prazo de execución de tres meses. Executa a empresa Tragsa. Dado que se trata dunha zona de interese arqueolóxico e etnográfico o concello realizou un proxecto para o seguimento arqueolóxico redactado pola arqueóloga Manuela Mato. No ano 2009 ,a través do mesmo programa PEIM fixose o acondicionamento do núcleo rural de Balbargos.

</object>
Muíños de Pedrachán restaurados

Segundo comentou o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, "neste mandato estamos facendo un importante esforzo por conservar o patrimonio cultural, arquitéctonico e arqueolóxico dos noieses e noiesas". Entre as actuacións conta a rehabilitación dos Muíños da Pedrachán; reconstrución do Claustro do Concello; rehabilitación da Igrexa de Santa Mariña do Obre (en obras); rehabilitación da Igrexa de Santa Cristina (traballos previos de limpeza antes da obra); empedrado do Camiño Real do Obre desde a "calzada Romana" ata o Pereiro; acondicionamento da Praza da Virxe das Neves en Muíño. Empedrado, e rehabilitación do fito Virxe das Neves e fonte (do canteiro Pepe da Agulla) (en obras); acondicionamento do entorno da cova da Moura (acondicionamento do camiño sacramental e mellora do entorno das antas); acondicionamento da Carreiriña; alumeado novo no Casco Histórico e rehabilitación da Fonte Ferruxinosa, entre outras.

</object>

Claustro reconstruído do Concello de Noia

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este xoves, 12 de agosto, Día Internacional da Xuventude con tres grupos no Tráiler da Música

Tres grupos locais actuarán no escenario móbil da Xunta. Haberá tamén unha carpa inchable que será un punto de información para a mocidade

Ribeira, 11 de agosto de 2010.- A Xunta celebrará o xoves o Día Internacional da Xuventude desprazando ata Ribeira o tráiler da música. No escenario móbil, equipado con luces e son profesionais, actuarán tres grupos da zona da localidade coruñesa.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe as actividades que desenvolverá o departamento autonómico na vila da comarca de Barbanza para conmemorar a xornada dedicada á mocidade. O concerto celebrarase a partir das 22.00 horas no malecón e contará coa actuación de Jabón Blue, que presentará o seu novo disco; Agoraphobia, grupo de rapazas de Boiro e gañador do concurso Xuventude Crea do ano pasado de nivel autonómico, que está incluído no CD promocional que editou a Dirección Xeral de Xuventude; e ‘Entrelíneas’, que elixiu o Concello de Ribeira entre diversos grupos musicais noveis da zona que se presentaron a un concurso que convocou a propia Administración local.

Ademais do escenario, a Dirección Xeral de Xuventude instalará unha carpa de nove por nove metros onde se repartirá material promocional das actividades que está a desenvolver o departamento autonómico. Así, converterase nun punto de información para toda a mocidade que se desprace ata Ribeira.

A carpa inchable percorrerá durante todo o verán varias cidades e vilas galegas co obxectivo de dar a coñecer entre toda a xuventude de Galicia as diferentes actividades que para eles se están a organizar desde a Xunta de Galicia.

O tráiler da música cambiará de emprazamento ao día seguinte. Trasladarase ata Gondomar, onde tamén actuarán outros tres grupos da zona: Chotokoeu, gañador en 2009 do certame galego de creadores organizado pola Dirección Xeral de Xuventude; Jhonander e Amigos de Blas, grupos musicais noveis da zona. O concerto, ao igual que en Ribeira, comezará ás 22.00 horas e terá lugar no Parque das Ánimas do concello pontevedrés.

Rodeiro lembrou que esta iniciativa posta en marcha este verán por Xuventude ten como obxectivo principal dar unha oportunidade aos novos creadores e grupos noveis galegos para que poidan dar a coñecer os seus traballos.

O tráiler da música forma parte do programa “xuventudémúsica”, que se ocupa de canalizar as accións para a promoción da creatividade musical dos mozos mozas galegas. Esta acción naceu do Encontro de Música Xove 2010, que se celebrou en marzo e no que participaron máis dun cento de grupos de toda Galicia. Neste encontro, foron seleccionadas 10 bandas, coas que Xuventude editou 20.000 copias dun CD que está a ser repartido de xeito gratuíto nos principais concertos e festivais de verán.

Ademais da produción deste CD, o Encontro de Música Xove permitiu concluír que era preciso crear novas liñas de promoción da música en directo, un punto que os grupos noveis consideran esencial. Foi por isto que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado decidiu poñer en marcha este verán un programa piloto para levar a música dos novos creadores ás cidades e vilas galegas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: destinan case 24.000 euros para acondicionar o peirao vello


A Pobra do Caramiñal, 11 de agosto de 2010.- O ente Portos de Galicia, da Consellería do Mar, anuncia o comezo inmediato das obras de acondicionamento do tramo final do peirao vello da Pobra do Caramiñal. Este acondicionamento consistirá no pavimentado completo desta zona coa finalidade de dotalo das condicións axeitadas de rodadura e tránsito. A esta obra Portos de Galicia destina un total de 23.899 euros.

Os traballos a realizar consisten no varrido da superficie deste tramo do peirao e na aportación de aglomerado que se estenderá e selaraá en baches e naquelas zonas que estean deterioradas. Ademais as obras tamén inclúen os labores de nivelación para adaptar as tapas dos pozos de rexistro e arquetas ao novo pavimento. Coa realización destes traballos, o ente dependente da Consellería do Mar dotará de máis calidade á contorna das instalacións náutico recreativas da Pobra do Caramiñal.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical