16.3.10

Lousame: Medio Ambiente somete a información pública o acceso dende a vía de alta capacidade Brión-Noia

Esta fase de información pública prolongarase por un período de trinta días hábiles, a partir de mañá

O departamento que dirixe Agustín Hernández inviste máis dun millóns de euros e segundo as previsións o inicio destas obras fixase para o cuarto trimestre de 2010
 

A conexión farase en Sampaio

    Lousame, 16 de marzo de 2009.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se somete a información pública o proxecto de trazado da obra do novo vial de conexión da Vía de altas prestacións Brión-Noia coa estrada Santiago-Noia (AC-543), en Sampaio. Este período de información publica prolongarase por un período de trinta días hábiles, a partir do seguinte á súa publicación DOG.

   Esta actuación viaria consiste en construír a primeira fase do novo acceso a Lousame dende o Corredor Brión-Noia. Este vial proposto arranca na glorieta pertencente ao enlace de Sampaio deste corredor e dende alí ao longo de 550 metros descende en dirección sureste cada a estrada AC-543, cuxo entroque se resolverá cunha glorieta. Este modificado no proxecto plantexouse ante a necesidade de diminuír a afección sobre o núcleo de Sampaio e as súas terras de labor. Ademais, representa unha mellora na conectividade da zona de Lousame.

O departamento que dirixe Agustín Hernández inviste máis dun millóns de euros e segundo as previsións o inicio destas obras fixase para o cuarto trimestre de 2010.

Convenio de decembro

Fendas na paisaxe montañosa ao paso desta infraestrutura por Sampaio

    Cómpre recordar que a finais de novembro de 2009 o conselleiro de Medio Ambiente asinou un convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o municipio de Lousame, para a execución de varias obras de sinalización e aglomerado en varias estradas locais. Coa sinatura desta colaboración, a Xunta de Galicia inviste un importe total de 1,3 millóns de euros, achega económica distribuída en tres anualidades: no presente ano, achegaranse 1.000 euros; no 2010, 300.000 euros; e no 2011, os restantes 999.000 euros.

    Este investimento está ligado á construción da variante de Noia e responde ao compromiso do Goberno galego de complementar esta actuación a través da mellora das estradas municipais de Lousame para conectalas dun xeito rápido e seguro coa vía de altas prestacións Brión-Noia e a variante de Noia, así como coa vía da Deputación

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra: "Na oposición", nova sección no boletín da Secretaría de Política Municipal socialista

Estréanse cos concelleiros socialistas da Pobra. Pódese descargar enteiro aquí

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Internet: un pianista que improvisa en ChatRoulette convírtese nun fenómeno mediático

Lady Gaga e Beyoncé acadaron millóns de visitas nun só día polo seu último videoclip amosando sexo e violencia. Pero eran famosas xa. Este pianista é anónimo e leva xa medio millón de visitas con este experimento de improvisación que fixo nun dos servizos que está a medrar exponencialmente: ChatRoulette.
Paga a pena velo. E se entenden inglés, rirán a cachón!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arte: a Fiestra do Plaza, por Gonzalo Sarasquete


Gonzalo Sarasquete foi entrevistado en Certo polo seu proxecto (efímero) "Homes de cal", aquí

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Banda deseñada: tes entre 12 e 18? debuxas? Tes de prazo ata o 8 de maio para presentarte

Administración Local

Provincial

Deputación Provincial da Coruña

Servizo de Fomento e Servizos Provinciais. Sección de Servizos Sociais

Bases I Concurso Viñetas Cómic “A Medias”, en conmemoración do 8 de marzo de 2010, Día das Mulleres Traballadoras

I CONCURSO DE VIÑETAS COMIC “A MEDIAS”

BASES DA I EDICIÓN, ANO 2010

PREÁMBULO:

A sensibilización da sociedade ante a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes é unha responsabilidade de todas/os, e por isto considérase necesario o apoio institucional para alcanzar a igualdade real na nosa sociedade. Co obxecto de xerar unha conciencia reflexiva e fomentar a participación social dos/as adolescentes, a Deputación da Coruña, no marco das actuacións para a conmemoración do 8 de marzo “Día Internacional das Mulleres Traballadoras”, convoca o I Concurso de viñetas baixo o título “A medias” para fomentar a implicación dun xeito activo do público xuvenil na importancia da igualdade de xénero, a conciliación da vida familiar, persoal e laboral e o reparto equilibrado das responsabilidades familiares e tarefas domésticas con visos a avanzar na consecución dunha sociedade máis equitativa e conseguir que todos os días sexan 8 de marzo.

BASES

PRIMEIRA.- Obxecto

O obxecto do certame é empregar a viñeta cómic ou tira de viñeta (máximo 4 viñetas) para resaltar actitudes positivas en materia de igualdade de xénero, conciliación e corresponsabilidade.

SEGUNDA.- Participantes

Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo.

Cada participante/s só poderá presentar unha única obra orixinal e inédita escrita en galego e non premiada con anterioridade.

TERCEIRA.- Temática

O premio concederase á viñeta que no marco da conmemoración do 8 de marzo como o Día Internacional das Mulleres Traballadoras pretenda sensibilizar e resaltar actitudes positivas sobre:

- Importancia de participar no reparto das responsabilidades familiares e das tarefas domésticas

- Conciliación da vida familiar, persoal e laboral

- Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na inserción laboral e no desempeño de profesións tradicionalmente masculinizadas.

Os textos empregados deberán respectar os principios da lexislación vixente en Políticas de Igualdade de Xénero e Prevención da Violencia de Xénero.

CUARTA.- Formato

Medidas: A viñeta poderá presentarse en formato como mínimo DIN A 5 e como máximo en DIN A 4.Os traballos faranse en cartolina.

Técnica: poderá empregarse técnica libre.

A obra poderá estar composta por unha viñeta ou por un máximo de 4 viñetas cun fío condutor.

A obra non poderá ir asinada co nome.

O idioma empregado será o galego

QUINTA.- Premio

Outorgarase primeiro, segundo e terceiro premio.

- O primeiro premio consistirá nun ordenador portátil e unha colección de cómics.

- O segundo e terceiro premio consistirá nunha colección de cómics.

Os premiados recibirán na entrega un recordo da súa participación no concurso.

A Deputación resérvase o dereito a facer uso da obra premiada, cedéndolle o autor os dereitos para que a Deputación poida empregala para calquera campaña de sensibilización e información das actividades da Deputación da Coruña relacionadas co fomento da igualdade de xénero.

SEXTA.- Prazo e forma de presentación dos traballos

Prazo: o prazo de admisión de obras ábrese o 8 de marzo de 2010 e péchase o 8 de maio de 2010 ás 23.55 h.

Forma de presentación: os traballos entregaranse nun sobre cerrado no seu exterior (1) indicarase “I Concurso de Viñetas Cómic: A medias” e un pseudónimo como identificador do traballo. Dentro deste sobre métese o traballo e un sobre pechado (2) co pseudónimo no exterior, e no seu interior a folla de aceptación dos compromisos coa convocatoria cos datos requiridos.

As candidaturas presentarase no Rexistro Xeral da Deputación Provincial da Coruña, Avda. Alférez Provisional 2, 15006 A Coruña, ou no indicado no art.. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 novembro, RXPAC, indicando no exterior do sobre: “I Concurso de Viñetas Cómic: A medias” Deputación da Coruña.

SÉTIMA.- Composición e actuación do xurado

O xurado estará presidido polo Sr. presidente da Deputación e formarán parte del a deputada delegada na área de Políticas de Igualdade de Xénero, a técnica de Igualdade e Políticas Públicas da Deputación, unha técnica da área de Servizos Sociais, e un profesional de recoñecido prestixio no eido das artes ou do deseño gráfico.

Actuará como secretario/a da corporación a persoa funcionaria en quen se delegue. Esta será a persoa encargada de abrir o sobre (2) da obra que resulte finalista.

O xurado actuará en pleno, sendo necesaria a asistencia de dous terzos dos seus membros. As súas deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente. O réxime xurídico e de funcionamento do xurado será o disposto nos artigos 22 a 27 da Lei 30/92 do 26 de novembro.

A deputación resérvase o dereito de modificar as condicións en calquera momento, incluso podendo chegar a anulalo ou deixalo sen efecto sempre que concorra causa xustificada, en todo caso comprométese a comunicalo pola mesma vía.

Así mesmo, o xurado poderá declarar deserto o premio, e a súa proposta será obxecto de resolución da Presidencia desta Deputación, que é o órgano competente para resolver o premio.

OITAVA.- Prazos de concesión e entrega dos premios

A concesión do premio decidirase antes do 8 de xuño do 2010, e darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación.

A entrega de premios celebrarase nas dependencias da Deputación e avisaranse as persoas gañadoras cunha semana de antelación.

NOVENA.-

Non se devolverán os traballos presentados e non premiados. A partir do día seguinte á concesión do xurado dos traballos premiados os outros serán destruídos.

DÉCIMA.-

A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.

I CONCURSO DE VIÑETAS CÓMIC

“A MEDIAS” , ANO 2010

FOLLA DE ACEPTACIÓN DOS COMPROMISOS DA CONVOCATORIA

DATOS DA PERSOA PARTICIPANTE

Nome e apelidos

Data de nacemento

Enderezo

Localidade

Concello

Código Postal

Teléfono

NIF

Pseudónimo empregado

Outros datos:

 Achégase fotocopia do DNI

 A participación nesta convocatoria supón a total aceptación das bases, cedéndolle os dereitos para que a Deputación poida empregar o traballo para calquera campaña de sensibilización e información das actividades da Deputación da Coruña relacionadas co fomento da igualdade de xénero.

Lugar e data__________________________

(sinatura da persoa participante)

* Este documento engadirase no sobre pechado (2) depositado no interior do sobre (1) que contén o traballo.

A Coruña, 25 de febreiro de 2010

O presidente O secretario

Salvador Fernández Moreda José Luís Almau Supervía

2010/2897

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: expón Óscar Lot, antes Óscar Torres, ata o 9 de abril na casa da cultura

Download now or preview on posterous
Anacos de memoria.pdf (566 KB)

Hai pouco máis dun ano, había unha exposición súa no Centro Social de Boiro. Aínda era Óscar Torres:

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: bases do terceiro certame literario "Ramón Martínez López"

O Concelleiro de Educación de Boiro, Mariano Muñiz Blanco, presentou estas bases do III Certame Literario “Ramón Martínez López” o 16 de marzo. Organizan as Concellerías de Educación e Cultura e a Biblioteca Municipal de Boiro

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra: o Psoe eleva ao Parlamento de Galicia a necesidade de mellorar a seguridade viaria

O Viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, José Manuel Lage, anunciou hoxe que “imos a propoñer no Parlamento a aprobación dunha mellora da seguridade viaria en Pobra do Caramiñal facéndonos eco das demandas de moitos veciños deste concello”.

 
 

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: 35 imaxes do porto deportivo de Cabo de Cruz

Noia: o Clube de Atletismo subiu as fotos do Campionato Galego de pista cuberta en A Coruña

Noia: o grupo provincial do Bng reúnese no "Virxe do Mar" para abordar asuntos comarcais


IES Virxe do Mar de Noia

    Noia, 16 de marzo de 2010. Cargos institucionais do Bloque Nacionalista Galego de varias comarcas vanse reunir este mércores 17 de marzo co Grupo Provincial do BNG, con motivo de tratar, entre outros asuntos, o Plano piloto da Deputación sobre o comercio nas comarcas de Muros-Noia, Barbanza e Sar.

    A reunión será este mércores 17 de marzo ás seis da tarde no Salón de Actos do IES Virxe do Mar de Noia (Rúa Rosalía de Castro Nº1 - Noia). Entre outros, estarán o Vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar Díaz, e a voceira do Grupo do BNG na Deputación da Coruña e Deputada-Delegada da Área de Turismo nas comarcas da Barbanza e Muros-Noia, Rosana Pérez Fernández.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arqueoloxía: un dos últimos vídeos en YouTube sobre o dolmen de Axeitos ou Pedra do Mouro

Historia: Manuel Domínguez lembra o asasinato do Xeneral sen medo portugués no seu aniversario

http://certo.es/index.php?page=humberto_delgado_general_sin_miedo

"Un pequeño puesto vende libros usados: para mí son mejores que los libros vírgenes. Éstos, los usados, tienen el karma de los lectores anteriores, son libros con historia, algunos imposibles de conseguir"

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical