26.10.12

Ribeira: este domingo 28, andaina ata o Monte Facho

Foto_na_garita

  • O pasado domingo camiñouse polos montes da Garita


Ribeira, 26 de outubro de 2012. Este domingo 28 de outubro ás 8:30 h. dende a Estación de autobuses de Ribeira, hai programada unha andaina de 14 quilómetros que partirá da parroquia de Hío (Cangas), ata o Monte Facho e o seu castro Galaico-Romano, para logo continuar polos cantís da Costa da Vela ata a Punta dos Tres Faros (Cabo Home, Punta Subrido, e Punta Robaleira), sin deixar de lado nunca as fantásticas vistas das Illas Cíes. O regreso será ata a parroquia de Donón, donde o autobús recollerá aos sendeiristas para achegarse a Cangas a xantar.

O prezo pola participación é de 9 €. Unha vez feita a reserva no apartado de inscricións indicaranse as formas de facer efectivo o pago. No prezo vai incluido o transporte de ida e volta, pero non a comida que queda á libre elección de cada participante (pódese levar dende Ribeira, ou escoller un establecemento hosteleiro alí en Cangas).

Os sendeiristas estarán acompañados en todo momento dun monitor.

Toda a información na web dos organizadores, en http://arousa.com

Pola Garita os de Carreira


Disque foi magnífica a mañá do día das votacións, este pasado domingo 21 de outubro, para desfrutar dos camiños carreirenses. 23 participantes presentáronse  na Capela da Guía para disfrutar dunha nova andaina organizada pola Asociación de Veciños de Carreira. A pesar de que o seu título era "Sendeirismo polos montes da Garita", a verdade é que eran moitos outros os lugares polos que pasaba a ruta. 
Tras atravesar a aldea de Vixán polo antigo camiño da fonte, foron aos muiños de Amendo. Bordeando a aldea do Vilar, achegáronse ó Liboi e dalí, a través da Granxa, alcanzaron a Capela de San Roque. No Parque de San Roque disque se detiveron nos detalles das réplicas arqueolóxicas alí existentes. A baixada do periurbano realizouse polos recunchos menos coñecidos do parque. Desde Fafián afrontaron a suba ao monte da Garita, recorrendo algúns dos sendeiros dos moitos que se poden atopar nesta zona de lecer. O miradoiro da Garita, a aldea de Laxas, o outeiro das Penas, a Filgueira, o outeiro e Carreiriña foron os derradeiros puntos de interese dunha ruta que deixou moi bo sabor de boca entre os asistentes. Prometen que en breves organizarán máis roteiros. 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: sae no DOG a Declaración de Impacto Ambiental da depuradora de Corrubedo

  • Este trámite supón a finalización da última fase de tramitación ambiental da obra e permite o remate da redacción do anteproxecto
  • A nova estación depuradora, que se poderá licitar en 2013, dará servizo aos mais de 38.000 habitantes dos núcleos de Aguiño e Ribeira
  • Un ano despois do remate do plan de saneamento local para o Concello de Ribeira xa se están finalizando as actuacións máis urxentes coa reparación do emisario submarino de Punta Touro e na EDAR de Corrubedo
  • Ao redactar esta noticia non se daba atopado en ningunha das webs da Xunta http://www.cmati.xunta.es/ ou http://augasdegalicia.xunta.es a DIA devandita

Media_httpfarm9static_chnjx

Peirao de Corrubedo


Ribeira, 26 de outubro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Ribeira. Isto supón a finalización da última fase de tramitación ambiental da obra e permite o remate da redacción do anteproxecto.

A tramitación ambiental comezou en marzo co sometemento a información pública, por parte de Augas de Galicia, do estudo de impacto ambiental do anteproxecto de construción e explotación da EDAR. Neste estudo presentouse a alternativa seleccionada consistente na construción da depuradora no lugar de Couso e un emisario submariño que canalizará o vertido da EDAR.

A aprobación da declaración de impacto ambiental é un importante fito na tramitación desta obra. Con este paso dáse o visto bo para a redacción do anteproxecto que desenvolve a alternativa elixida, e que Augas de Galicia espera rematar este ano. Deste modo, a obra da depuradora de Ribeira poderase licitar en 2013.

O documento aprobado establece condicionantes para que a obra produza os menores impactos posibles na atmosfera, augas, solo, fauna, vexetación e hábitats da zona, e no patrimonio cultural, tanto durante a execución dos traballos como na explotación da instalación. Do mesmo xeito, establece medidas para a xestión dos residuos de obra ou a integración paisaxística. Tamén contempla consideracións de obrigado cumprimento ao programa de seguimento ambiental que se define no estudo e impacto ambiental presentado.

Antecedentes
A Xunta de Galicia presentou o ano pasado o Plan de saneamento local da Ría de Arousa para os concellos de Riberia e A Pobra. O estudo do actual sistema de saneamento do concello de Ribeira, no que a Xunta investiu 721.135,39 euros, presenta como conclusións, entre outras, que é necesario realizar varias actuacións en infraestruturas de saneamento e depuración, con carácter prioritario.

Neste senso, preséntase a necesidade da construción antes do 2015 dunha EDAR que dea servizo ás máis de 38.000 persoas que viven nos núcleos Ribeira e Aguiño. Do mesmo xeito, considéranse importantes a corto prazo o remate da EDAR de Corrubedo e a reparación do emisario de Punta Touro. A Administración Hidráulica de Galicia, consciente da importancia destas actuacións, ponse a traballar na liña marcada polo plan de xeito inmediato.

En decembro do 2011 a Xunta licita as obras de reparación do emisario de Punta Touro por un importe de 1.887.790,95 euros, que actualmente se atopan en execución. O remate previsto para esta obra é a principios do 2013 e coincide coas previsión de finalización da obra de rede de saneamento e EDAR en Corrubedo que se licitou a finais de 2009 por 7.360.072,98 euros.

AnuncioO143-231012-0001_gl.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Hidria redactará por 66.000 euros o proxecto para recuperar o río Arlés

  • A devandita redacción terá un período de execución de 30 días naturais.
  • Esta actuación oriéntase en dúas liñas, por un lado o acondicionamento do río Arlés e, por outro, a recuperación da súa riqueza ambiental coa creación dun itinerario turístico fluvial, dun parque biosaudable e da restauración de núcleos tradicionais limítrofes. 
  • A acción enmárcase dentro do Proxecto Riveira Atlántica 2015, cofinanciado nun 80% con Fondos FEDER da Unión Europea,  que ten por obxecto facer do concello riveirense un referente turístico de Galicia en base a criterios de rendibilidade e sustentabilidade.

Ribeira, 26 de outubro de 2012.- O Concello informa da adxudicación en xunta de goberno da redacción do proxecto para a recuperación integral do río Arlés e do seu entorno á compañía Hidria, Ciencia, ambiente y desarrollo, S.L.  Esta empresa presentou unha oferta económica de 54.680 euros máis IVE (o que dá un total de 66.182,8 euros) e un prazo de execución de 30 días naturais.

Recuperación de pezas patrimoniais singulares

Esta actuación, incluída dentro do proxecto Riveira Atlántica 2015, confinanciado nun 80% por fondos FEDER, dentro do eixo 5, de “desenvolvemento sostible local e urbano”, está orientada á recuperación ambiental do río,  a través da rexeneración do leito fluvial, desenvolvendo programas de saneamento das augas, estudo hidrolóxico para resolver inundacións e sistema de colectores, rexeneración do leito fluvial, supervivencia das masas forestais das ribeiras e repoboación da fauna piscícola. A recuperación de pezas patrimoniais singulares: elementos e construcións de singular valor, con especial atención ás relacionadas coa auga como fontes, muíños, lavadoiros, sistemas de regadío, pero tamén outros como hórreos ou pazos, así como os monumentos naturais (árbores simbólicas ou paisaxes) e os bens arqueolóxicos (mámoas, castros, dolmens).

Dentro do entorno do parque patrimonial biosaudable Oleiros-Arlés, considérase necesario actuar nos núcleos de poboación polos que discorrerán os itinerarios verdes, co obxectivo de poñer en valor o sistema de asentamentos e o modo de vida dun val fluvial agrario xenuíno do litoral atlántico. Os núcleos sobre os que se propón actuar son 5: Os Muíños, Oleiros, Axeitos, Bretal e Sirves. Para isto adecuaranse as sendas que levan ao río, rexeneraranse os espazos comúns, realizaranse estudos de boas prácticas para vivendas e sobre o papel da muller no modo de vida dos vales agrarios fluviais da comarca.

Concello de Ribeira, un destino turístico baseado en recursos naturais, patrimoniais e industriais propios

O propósito xeral do proxecto Riveira Atlántica, que está cofinanciado nun 80% con fondos europeos FEDER, é a transformación  do Concello de Ribeira nun destino turístico de primeira orde baseado nos seus propios recursos naturais, patrimoniais e industriais. O desenvolvemento integral do proxecto contribuirá de forma directa ao crecemento do emprego e á diversificación da actividade económica, partindo da rexeneración de dúas unidades paisaxísticas con identidade diferenciada: a dinámica fluvial propia da área litoral interior da contorna rural e a dinámica marítima do espazo urbano.

Os principais obxectivos estratéxicos céntranse na promoción económica, na creación de emprego e oportunidades comerciais a través da diversificación produtiva e mellora das infraestruturas e servizos locais, na calidade ambiental e a protección da contorna natural e o patrimonio cultural, fomentando ao mesmo tempo a Sociedade da Información e universalización do acceso ás TIC, facendo fincapé na conciliación familiar e a cohesión social.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: orde do día do pleno deste venres 26 de outubro

Media_httpfarm5static_ajara

[[posterous-content:pid___0]]https://twitter.com/IGE_Estatistica/status/261739913530187776



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical