22.7.10

Lousame: o vindeiro 1 de agosto, homenaxe aos músicos do municipio, con tres bandas de música

Ribeira: este sábado 24 de xullo, XIII Regata da Dorna

Turismo: Arousa Norte promocionará esta bisbarra con roteiros literarios e material accesible para cegos

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o presidente de turno da Mancomunidade de Municipios Ría de Arousa Zona Norte, Isaac Maceiras Rivas, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a realización das actividades Roteiros literarios en Arousa Norte e Turismo accesible para persoas con discapacidade visual en Arousa Norte. Destinará 110.000 euros e a Mancomunidade 26.000 euros.

Barbanza, 22 de xullo de 2010.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela e o presidente da Mancomunidade de Municipios Ría de Arousa Zona Norte, Isaac Maceiras, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a realización de actividades de promoción turística de Arousa Norte. Este convenio posibilitará a organización dos programas Roteiros literarios en Arousa Norte e Turismo accesible para persoas con discapacidade visual en Arousa Norte, para os que a Consellería de Cultura e Turismo destinará 110.000 euros e a Mancomunidade 26.000 euros. Ao acto de formalización do acordo tamén asistiron o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro; o tenente alcalde de Ribeira, Vicente García; a xerente da Mancomunidade, Fátima Rodríguez; e o coordinador da xerencia da Mancomunidade, Pablo López.

As dúas entidades asinantes coinciden na necesidade de impulsar turísticamente os municipios de Arousa Norte (Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira) a través de iniciativas, programas, proxectos e accións conxuntas. Os catro concellos, coordinados pola Mancomunidade, e a Consellería poñerán en marcha unha serie de accións de promoción, difusión e dinamización dos valores patrimoniais e culturais de Arousa Norte, así como o deseño, adaptación e configuración de paquetes turísticos accesibles para persoas con discapacidade.

Para levar o programa Roteiros literarios en Arousa Norte deseñarase unha temática e uns contidos específicos para cada ruta, así como a promoción das mesmas. Do mesmo xeito, lanzarase a iniciativa Turismo accesible para persoas con discapacidade visual en Arousa Norte contará con actividades e servizos para paquetes adaptados, adecuaranse os contidos as necesidades específicas do colectivo e se captarán empresas para que se adhiran aos paquetes turísticos.

Doutra banda, sensibilizarase aos veciños da zona na importancia de preservar e poñer en valor un patrimonio que, ademais de ter unha clara proxección turística coa correspondente incidencia económica nesta comarca, é importante dende o punto de vista natural e cultural. Estas actuacións divulgarán a realidade e potencialidade grupo de vilas, como receptores dun turismo de calidade e que incidan no seu maior desenvolvemento e coñecemento no exterior.

A Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte, composta polos concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira, é, segundo a Xunta, unha zona única especial en Galicia cunha alta proxección turística baseada no patrimonio marítimo, paisaxe, gastronomía, cultura e profesións tradicionais vinculadas ó mar, cun valor engadido de complementariedade dos oficios tradicionais coa promoción turística. As actuacións insírense nun conxunto de medidas adoptadas dentro dun plano de promoción e mellora turística en áreas que permitan a optimización máxima dos recursos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: preguntan no Parlamento que ocorre co aparcadoiro soterrado que se proxectaba para as inmediacións do parque de Rosalía de Castro


O aparcadoiro soterrado ía estar ubicado nas inmediacións do recén remodelado parque de Rosalía de Castro

Noia, 22 de xullo de 2010. O deputado socialista Lage Tuñas presentou hoxe no Parlamento de Galicia unha pregunta para coñecer as razóns de que a Xunta de Galicia lle negara a cesión dun tramo da C-550 ao seu paso por Noia ao Concello desta localidade. Nese terreo o equipo de goberno tiña previsto construír un aparcadoiro subterráneo para solucionar ou alomenos paliar o problema de atopar praza para os vehículos a motor a diario e, sobre todo, en datas sinaladas como festas ou feiras.

Pola súa banda, o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, ante a negativa da Xunta a esta cesión, xa está traballando xunto ao seu equipo de goberno en novos emprazamentos que non disten moito do centro urbano. Entre as localizacións a analizar figuran Pedra Sartaña, a rúa dos Besteiros e a rúa Xuíz Falcone. Tampouco desbotan negociar con empresas privadas que queiran xestionar o aparcadoiro e coas que se chegue a un convenio beneficioso para o pobo e para os empresarios. O montante da actuación para construir un aparcoiro soterrado para Noia rondaría os dous millóns de euros.

97.000 euros para a Deputación

Por outra banda, o alcalde informou de que nesta anualidade de 2010 o Concello pagou á Deputación da Coruña 97.000 euros pola recadación do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI). Este é o único imposto que Noia delegou nas oficinas da Deputación e hai intención de aprobar en pleno non prorrogar este convenio a partires do próximo ano. Boa parte dos concellos coruñeses (a maioría) teñen delegada a recadación de impostos, taxas e multas na Deputación de A Coruña, motivo polo cal teñen que ceder un 5% do obtido.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Colaboración: Julio César González Pagés aborda la discriminación de las gallegas en Cuba hasta la mitad del siglo XX


Padrón, Galicia, 1925. Foto de Ruth Matilda Anderson. En el trabajo adjunto del historiador cubano González Pagés se revelan las burlas a las campesinas gallegas en los medios culturales cubanos, tanto en películas como en medios de comunicación.


Vendedoras de castañas. 1926. Foto de Ruth Matilda Anderson que se puede ver la exposición itinerante "Unha mirada de antano", en las sedes de la Fundación Caixa Galicia


Quién es Julio César González Pagés? Lo entrevistamos hace poco en Certo:

Julio César González Pagés escribió "Gallegas en Cuba"

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: reciben no Concello aos nenos saharahuis acollidos polo programa "Vacacións en Paz"

Ribeira, 22 de xullo de 2010. José Luis Torres Colomer, alcalde ribeirense, e a concelleira de Acción Social, María Esther Patiño Rey, recibiron hoxe aos dous nenos saharauis que se atopan neste concello na época estival con motivo do programa Vacacións en Paz.

Os nenos, de nome Nayem Mohamed Embarec e Larousi Mohamed Lamhin, procedentes do campamento de Tindouf (Arxelia) están sendo acollidos polas familias de María Jesús Pérez Sampedro (de Carreira) e de Manuela García García (de Ribeira). Este é o terceiro verán que pasan entre os ribeirenses. Nesta ocasión estarán ata comezos de setembro.

O Concello leva máis dunha década colaborando co programa “Vacacións en Paz”, que está impulsado pola Delegación e as Subdelegacións do Goberno en Galicia, a Subdirección do Menor da Vicepresidencia da Xunta, a Consellería de Sanidade e as Deputacións Provinciais e Concellos.  

Preséntase como un marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles aos nenos e nenas saharauis unha estancia agradable e humanamente satisfactoria, ofrecéndolles unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida, de maneira que iso contribúa non só na súa formación senón tamén a mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre as poboacións de España e o pobo saharaui.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: queixas do empresariado sobre o xeito de licitar obras e servizos por parte da alcaldía

As queixas ao BNG municipal adoitan ser polo sistema de licitación e adxudicación de obras sen publicidade do alcalde, Pedro Piñeiro


Rianxo, 22 de xullo de 2010. O grupo municipal do BNG de Rianxo vén de recibir diferentes protestas de empresarios rianxeiros pola falta de transparencia na adxudicación de obras e servizos en Rianxo. "O abuso e case que recurso sistemático ao procedemento negociado sen publicidade fai que o alcalde teña o control exclusivo sobre as empresas ás que solicita orzamentos para obras e suministros e controla discrecionalmente a participación nas obras a executar no municipio", afirman os nacionalistas.

Do mesmo xeito, criticaron a escasa participación de empresas locais, (por outra parte un número reducido e case sempre as mesmas), e o recurso a empresas de fóra para executar obras dos diferentes plans en marcha. "O control absoluto de alcaldía destas adxudicacións fai que apenas se aforre diñeiro para as arcas públicas: o importe do contrato coincide apenas uns euros menos co importe da adxudicación no que semella case que un importe pactado coa empresa e non redunda na escolla das ofertas máis vantaxosas", sosteñen os frentistas.


"A falta de publicidade previa do que se vai licitar impide ás empresas locais actuar en igualdade de condicións perante os proxectos a ofertar: por moi legal que poida ser o sistema escollido non deixa de ser cuestionábel o recurso sistemático a este modelo pechado que impide a libre e pública concorrencia", explican dende o Bng, que é partidario de implantar un sistema máis transparente de licitación e adxudicación das obras e dos suministros, primando ás empresas locais, e entre elas escoitar as mellores ofertas. Tamén cren que é a mellor maneira de garantir dous obxectivos: o primeiro, primar a oferta máis ventaxosa e, segundo, impulsar a contratación de parados de Rianxo nas obras que se realizan no concello. O BNG demandará que se modifique o sistema e o recurso a procedimento negociado se realice só de forma excepcional, cando as circunstancias por razóns de urxencia ou natureza especial da obra así o aconsellen.

 

Pero é unha constante recorrer desde o executivo do PSOE  a un proceso pechado de pedir tres orzamentos, na que eles deciden a que tres empresas se lle piden propostas e deste xeito sempre se manexa directamente a quen se lle concede a actuación. Diriase que así se gaña en eficacia, pero tampouco é así pois as obras tardan igualmente ou quedan anos en stand by, interminábeis ou agardando períodos electorais para acabalas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: blogs de Jontxu Argibay e imaxes da súa última creación


A placa antes de ser colocada

Ribeira, 22 de xullo de 2010. O pasado 16 de xullo, festividade do Carme, tivo lugar a colocación dunha placa en conmemoración do aniversario do salvamento do Debonair. Un barco do que lles contamos a historia aquí. O artista que fixo esta placa é Jontxu Argibay, que actualiza cos seus traballos dúas bitácoras en Blogger:

http://arteleira.blogspot.com  (partíllaa co seu socio, José Gude)

http://pindrions.blogspot.com (o blog das súas creacións persoais)


A placa, no lugar onde se pode ollar agora en Corrubedo

Se quere saber máis de Jontxu Argibay (curriculum completo), aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical