1.7.11

A Pobra: presentada a programación cultural do verán

A Pobra do Caramiñal, 1 de xullo de 2011. Esta mañá tivo lugar a presentación das actividades culturais deste verán, que están detalladas no cartel adxunto.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: organizan unha quincena lúdica infantil para infantes de 3 a 8 anos

Ribeira: a Policía Local incorpora dous novos axentes

Ribeira, 1 de xullo de 2011. O Salón de Plenos da Casa Consistorial acubillou hoxe do nomeamento de dous novos oficiais na Policía Local. Trátase de José Manuel Bretal Laranga e José Luis Martínez Chouza, aos que se lles colocaron os galóns propios dos seus novos cargos. 

O acto de nomeamento estivo presidido polo alcalde Manuel Ruiz Rivas e contou coa presenza do intendente da Policía Local, José Antonio Brandariz Castelo; co comisario xefe da Policía Nacional de Ribeira, José García García; e co xefe da Patrulla Fiscal da Garda Civil de Ribeira, José Carlos Matilla; así como co concelleiro de Seguridade e Mobilidade Cidadá, Víctor Reiriz.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: cinco millóns de euros da UE no peto do Concello para o proxecto "Ribeira Atlántica 2015"

  • O plan recolle 11 actuacións presupostadas en 7 millóns de euros
  • O alcalde expresou a súa confianza "en que este ambicioso programa poida ser unha realidade no seu conxunto nestes próximos catro anos"
Media_httpfarm3static_tcgjm

Entre as ideas a financiar está unha rede de miradores e vías paisaxísticas

Ribeira, 1 de xullo de 2011.- O alcalde Manuel Ruiz Rivas fixo público esta mañá que, tal e como se recolle no Boletín Oficial do Estado de hoxe 1 de xullo, o Concello vai recibir 5.041.117,92 euros de Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) para cofinanciar o proxecto Ribeira Atlántica 2015. 

Cabe recordar que este ambicioso plan está orzamentado en 7.208.597,03 euros e ten como principal obxectivo a dinamización turística do municipio baseándose na posta en valor dos seus recursos naturais, patrimoniais e industriais, contribuíndo deste xeito ao crecemento do emprego e a diversificación da actividade económica. O proxecto abrangue un total de once actuacións en distintos espazos da cidade e das parroquias.

Ruiz Rivas cualificou a obtención destes fondos de “logro de todos” e proclamou a súa certeza de que a recepción desta importante cuantía económica permitirá que o proxecto no seu conxunto poida ser unha realidade nestes catro anos.

As once actuacións contempladas no marco deste proxecto Ribeira Atlántica 2015 son:

   1. Creación dun centro social e de ocio saúdable de Oleiros
   2. Construción dun paseo marítimo-terrestre polo borde litoral de Ribeira
   3. Creación dun parque biosaúdable e itinerarios verdes en Oleiros-Artes.

Media_httpfarm6static_ibiud

   4. Recuperación ambiental e patrimonial do río Artés ou Arlés
   5. Plan de mobilidade e accesibilidade da área portuaria
Media_httpfarm3static_keese

   6. Recuperación da antiga aldea mariñeira na illa de Sálvora e promoción de visitas á illa
   7. Construción dun novo mercado municipal
   8. Creación dunha web turístico-patrimonial
   9. Creación dunha rede de miradoiros e vías paisaxísticas de Ribeira
  10. Plan de recuperación de núcleos tradicionais
  11. Recuperación e interpretación do complexo mar-industrial de Área Secada

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: presentaron a regata Rías Baixas, que se disputará do 12 ao 16 de agosto

A Pobra, 1 de xullo de 2011. No Concello da Pobra presentouse hoxe a edición 48 da regata Rías Baixas "Martín Códax", que se vai disputar este ano entre o 12 e o 16 de agosto. Toda a información no pdf (en castelán) adxunto ou na web dos organizadores, o Náutico de Vigo. A Pobra é un dos peiraos nos que recala.

regata rias baixas.pdf Download this file

Regata_rias_baixas_48

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: ceibaron cinco mil alevíns de troita autóctona na parte alta do río Arlés, en Oleiros

Ribeira, 1 de xullo de 2011. O río Arlés (tamén coñecido como Artés ou Sanchanás) foi obxecto no día de hoxe dunha ceiba de 5.000 alevíns de troita común. Esta iniciativa, promovida polo Concello, forma parte, segundo indicou o alcalde Manuel Ruiz Rivas, do plan de rexeneración ambiental dos ríos e o seu entorno que ten previsto acometer o Executivo Local nestes próximos catro anos. 

Precisamente, o río Arlés é o cauce fluvial máis importante de cantos descorren polo termo municipal e que atravesa as parroquias de Oleiros, Artes e Olveira. A ceiba de hoxe tivo lugar en distintos puntos do mesmo, comezando polo situado no lugar de Lobeiras, na parte máis alta do río. 

Os encargados de realizar a solta foron unha vintena de membros das asociacións de persoas con diversidade funcional Amicos e Ámbar pois, tal e como indicou o xefe de servizo provincial de Conservación de Natureza da Xunta de Galicia, Carlos Muñoz, esta acción ten como obxectivo non só contribuír á repoboación do entorno con especies autóctonas senón tamén como erixirse nun instrumento de educación ambiental. 

Carlos Muñoz informou de que os alevíns de troita común que se soltaron son de carácter autóctono e foron producidos en piscifactorías propiedade da Xunta de Galicia. 

Na acción tamén estiveron presentes representantes de Comunidades de Montes de Oleiros e Artes e da comunidade de augas de Corrubedo, así como a concelleira municipal de Medio Ambiente, Elvira Pereira. 

Manuel Ruiz Rivas adiantou que no futuro vanse acometer outras accións de índole semellante para proseguir coa rexeneración ambiental dos cauces fluviais do municipio e o seu entorno.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: Berta Escurís participou no Campionato Nacional de Salto Hípico en Ferrol

Berta

Boiro, 1 de xullo de 2011. A moza amazona boirense Berta Escurís (Boiro, 1994) participou na pasada fin de semana -25 e 26 de xuño- no Campionato Nacional de Salto unha estrela (CSN*) que se levou a cabo no club hípico A Camposa, en Ferrol. Deste xeito comezou a tempada galega de saltos, no que un ano máis participa Berta Escurís, da man de Distribunosa. A seguinte proba será na fin de semana do 15 ao 17 de xullo, no club hípico Os Porches de Arteixo e, do 22 ao 24 de xullo, no club hípico de Mondariz.

Cambio de montura

Berta Escurís montaba antes unha egua chamada Zúnica. Agora está cun cabalo novo, que se chama Daaim Star. A boirense comezou a montar con tan só 6 anos de idade.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o domingo 10 de xullo, vodas de ouro do párroco de San Martiño, José Luis Fuentes

Vodas_de_ouro

Noia, 1 de xullo de 2010. Medio século, nada menos, leva predicando as verbas de Deus o cura párroco de San Martiño de Noia, José Luis Fuentes. Co gallo destas vodas de ouro, haberá unha serie de actos o vindeiro domingo 10 de xullo:


Ás 13:00 horas, eucaristía na Igrexa parroquial na que participarán as seccións e confrarías que forman parte da parroquia.
Media_httpfarm3static_bfzpe

Ás 14:30 horas, xantar no restaurante San Marcos. Os interesados en participar no mesmo deben de anotarse na sancristía antes do vindeiro 7 de xullo. O prezo do xantar é de 25 €

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Literatura: publicado xa o relato gañador do certame "Antón Avilés de Taramancos", do ribeirense Antonio Piñeiro

Sdc14768

Noia, 1 de xullo de 2011. Xa está nas librarías o relato gañador do último certame de relato de aventuras "Antón Avilés de Taramancos", que gañou o editor independente Antonio Piñeiro coa súa obra "A dama fulxente".


Anne Geneviève, alta dama francesa, fai o Camiño de Santiago como ofrenda  pola súa curación. Aqueixada dunha mortal enfermidade da época, e acurralada polas intrigas da Corte de Luís XIV, emprende a viaxe desde Bordeaux nunha mañá do mes de xullo, cun pequeno séquito e a compaña do seu médico, que atopará tamén ao final do Camiño, na Igrexa de San Martiño de Noia, a solución que, como científico, buscaba a esa enfermidade, xunto aos insospeitados signos que, dese saber, lle son transmitidos a través da arquitectura dos séculos.

     O Camiño de Santiago no século XVII. Turbulentos tempos de cambio. A decadencia dun modo de vida. As vicisitudes dunha viaxe plena de acontecementos, tensións, aventura, paisaxes. As inquietantes, delgadas liñas que separan ou unen a fe e a razón.

     A dama fulxente trae a colación, ademais, un dos motivos históricos e menos coñecidos polos que o Camiño acadou o seu carácter de xigante das peregrinacións.
 
Tanto o da capa como as ilustracións interiores son de Pío Costa. Uns motivos que, xunto coa súa calidade, dan magníficamente ben co tema e co sentido da novela. Custa 10 euros e mesmo se pode mercar por Internet, na páxina da editorial noiesa Toxosoutos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical