Ribeira, 14 de marzo de 2012.- Representantes da Concellería de Servizos Sociais e da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) de Ribeira expresaron a súa satisfacción polo bo resultado da representación teatral celebrada na tarde de onte no Auditorio Municipal, e que viu supoñer o punto e final ao Obradoiro de Teatro Social que, desenvolvido dende o pasado outubro, estivo dirixido a persoas en risco de exclusión e con problemas de dependencias.
Unha quincena de actores tomaron parte na escenificación teatral coordinados por Alejandro Sarmiento. O programa estivo formada por unha peza dramática titulada “Trotamundo y el Rey”, tres sketch de Roll-Playing e unha danza-teatro sobre as drogas.
Aplauso unánime
Asistiron medio cento de persoas que quixeron despedir entre aplausos e postos en pé o desenvolvemento da función. Entre eles, figuraban o edil de Servizos Sociais e Promoción Social, Vicente Mariño; o xefe de servizo da UAD, Jesús Cartelle; e a presidente de Renacer, María González.
Dado o éxito da iniciativa, dende a UAD xa se está pensando en darlle continuidade a través da posta en marcha de novos obradoiros que axuden á reinserción social deste segmento de poboación.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia