11.12.12

Boiro: Pedro Campos gañou o torneo poético Slam Arousa na súa vila

Pedro_campos


Boiro, 11 de decembro de 2012. A Pousada das Ánimas acolleu a fría e chuviosa noite do 6 de decembro o certame Slam.Arousa, ao que se presentaron 7 recitadores, entre os cales destacou Pedro Campos, un mozo boirense que é xa unha promesa da literatura barbanzana. Como finalistas, quedaron de novo Ramona Golías e Mauricia Ces Quintáns. Todos os recitadores recibiron unha botella de viño por Cortesía da Pousada das ánimas, e o gañador, obtivo ademáis dúas entradas para ver a Siniestro Total ao día seguinte, na mesma Pousada das Ánimas

Pedro Campos, a pesar da súa curta idade, xa tivo tempo de gañar nos anos 2011 e 2012 o certame literario da súa vila, o Ramón Martínez López, e quedou tamén en segunda posición no certame Xela Arias (A Guarda). Polo de agora, publicou o poemario Hipóteses, teoremas, drogas, estados de ánimo e outros remedios naturais para combater a tose" polo IES Praia Barraña, e en La Voz de Galicia o relato "Cando les un destes libros" (http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/12/16/0003_201112B16C9993.htm), co que fixo tamén a curta ()

Tampouco era a primeira vez que Pedro se enfrontaba á tarea de recitar os seus propios versos, xa que comeza a ser un "clásico" do recitado no Barbanza. Así, participou no recital de poesía da "Noite aberta", en Boiro, xunto co performer noiés Serafín Marcos; o recital "Poesía salvaxe", que se celebrou tamén na Pousada das Ánimas, nalgún dos ciclos de poesía que se celebraron no Brétema, en Ribeira, e en dous dos tres slam.arousa que se celebraron até o momento.

Por outra banda, Pedro Campos compaxina a súa creación literaria coa musical, sendo guitarrista do grupo do barbanza "The Feeling Band". Con esta agrupación percorrerá toda a comarca este mesmo Nadal.

Vindeira parada: Vilagarcía en xaneiro

Slam.Arousa continuará o seu percorrido o vindeiro 11 de xaneiro cruzando a ría de Arousa, para instalarse en Vilagarcía por un día, no Gaël. Alí decidirase o cuarto dos finalistas que se unirá a Celia Parra, Ramón Blanco e Pedro Campos para competir na Illa de Arousa no mes de marzo. O gañador desta finalísima viaxará subvencionado a Madrid para participar no Poetry Slam estatal no que recitan versos todos os gañadores dos slams espallados por toda a xeografía española. Esta final estatal, será, seguramente, no mes de abril.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical