Ás 12 do mediodía, organizada polo Club Xadrez Rianxo
"Viaje al fascinante mundo del ajedrez" abordará a historia deste deporte e os seus pretendidos beneficios para a saúde mental, así como un repaso dos mellores xogadores dos últimos 35 anos, que coñeceu este xornalista deportivo en persoa
Rianxo, 16 de marzo de 2013. O Club Xadrez Rianxo organiza o próximo sábado 23 de marzo as 12:00h no Auditorio de Rianxo a conferencia "Viaje al fascinante mundo del ajedrez" que impartirá o coñecido periodista deportivo Leontxo García. Con "viaje al fascinante mundo del ajedrez" Leontxo García invita os participantes a unha viaxe imaxinaria a través dos séculos e do mundo para deterse nos momentos máis importantes da historia do Xadrez, dende a sua invención na zona da India ata a súa chegada a España cos árabes. Tamen contará este divulgador do deporte máis monárquico as súas vivencias persoais con Fischer, Karpov, Kasparov, Anand, Carlsen, as irmáns Polgar e todos os mellores xogadores dos últimos 35 anos.
A conferencia está pensada para todos os públicos e, sen dúbida, é un acto que vai a sorprender a todos os asistentes pola capacidade do conferenciante de atraer a atención dos participantes cunha charla moi amena e cargada de anécdotas.Pode que tamén lle interese:
A compañía investiu 500.000 euros nunha nova liña de produción na que se aproveitan as serraduras da fabricación de caixas transformándoas en pellets
O produto resultante, que se pode utilizar como combustible -hai estufas xa adaptadas para este material- ou mesmo como chan para mascotas roedoras, multiplica por catro o prezo das serraduras a granel
Maderas Ornanda exporta ao mercado francés o 95% das caixas que fabrica, que se destinan ao envasado de viños
Exemplo de pellets de madeira na Wikipedia
Porto do Son, 16 de marzo de 2013.- Segundo informa hoxe a Xunta, a Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, vén de impulsar investimentos tecnolóxicos na empresa de Porto do Son Maderas Ornanda que permiten mellorar a competitividade desta empresa dedicada á fabricación de caixas para envasar bebidas. A compañía investiu preto de medio millón de euros, dos cales o Igape achega máis do 30%, na posta en marcha dunha nova liña de produción na que se aproveitan as serraduras xeradas na súa actividade principal converténdoas en pellets.
Este produto, que se pode empregar como combustible e mesmo como leito para mascotas tipo hámster, multiplica por catro o prezo das serraduras a granel, o que permite reter na empresa un importante valor engadido. Neste sentido, o director xeral do Igape, Javier Aguilera, subliñou, durante unha visita ás instalacións da compañía a importancia que ten para o Goberno galego o apoio a este tipo de investimentos de carácter tecnolóxico, pola súa incidencia directa no incremento da competitividade e nas posibilidades de internacionalización das empresas que melloran os seus procesos de forma continuada.
A cantidade de serraduras producidas en Maderas Ornanda rolda as 3.000 toneladas por ano, cobrando así unha especial relevancia a nova liña de produción, que complementará o labor tradicional da empresa, cuxas caixas se exportan nun 95% ao mercado francés, onde se utilizan para envasar os principais viños de Burdeos e Borgoña. Trátase de serraduras de alta calidade polo elevado nivel de secado das madeiras empregadas, factor que incrementa o valor do pellet resultante, que ten un importante valor calorífico.
O director do Igape destacou na súa visita a importante experiencia da empresa na actividade de segunda transformación da madeira, así como o seu compromiso coa constante mellora das tecnoloxías produtivas, mediante proxectos para os que ten contando co apoio da Xunta de Galicia.