20 de Febreiro, 2008 A Asociación Cultural Barbantia, a Editorial Espiral Maior, o Proxecto LeñaVerde e mais o Concello de Boiro presentan o poemario Vestíbulo da devastación, obra da poeta e socia de Barbantia Rosa Enríquez. O acto terá lugar este venres día 22, ás 20:30 horas, no local da mocidade, sito no Centro Social de Boiro, e contará coa presenza da autora; de Miguel Anxo Fernán-Vello, director de Espiral Maior; e mais de Alberto Piñeiro, coordinador de Barbantia.
Así mesmo, contaremos coa actuación, ao celo, de Carme Tubío, namentres Damián Eiras realiza unha intervención plástica.
Iso pon a web de Barbantia. Non dan moito tempo a preparar as axendas, pero faremos o que podamos. Collerémolo Metro, ou non...
Haberá que preguntarlle a Fernán-Vello que tal pola Habana...
Blogged with Flock