- O auditorio encheuse para presenciar o Festival de Danza Clásica que puxo punto final a este curso
Ribeira, 18 de xuño de 2012.- O Auditorio encheuse totalmente onte pola noite durante a posta en escena do Festival de Danza Clásica co que a Escola Municipal de Ballet que ofrece o Concello puxo o broche de ouro ao curso 2011-2012.
Baixo a dirección da mestra Cristina Riveiro, un total 48 rapazas e 2 rapaces, divididos en catro grupos segundo os tramos de idade, interpretaron seis coreografías que espertaron o aplauso unánime do público congregado.
A programación iniciouse coa obra “Reloxo” de Mozart para a continuación bailar ao compás de “Giselle” (segundo acto Mirtha – Willis de Adolphe Adam), “Polonaise” (de D. Staaskapelle), “Adagio” da Banda Sonora de “A lista de Schindler” (composto por John Williams) e Danza Macabra (de Saint-Saëns).
Como remate final, a última das pezas da noite foi moito máis animada: “They don’t care about us”, de Michael Jackson.
Diplomas
Unha vez finalizada a actuación, incluída dentro da programación do Xuño da Cultura e as Artes, Cristina Riveiro dou as grazas a todos os alumnos e especialmente ás nais e pais que co seu sacrificio fan posible o desenvolvemento desta escola municipal e, acto seguido, tivo lugar a entrega de diplomas.
O alcalde Manuel Ruiz e a concelleira de Cultura Elvira Pisos foron os encargados de entregar estes documentos acreditativos. O rexedor municipal dirixiuse ao público para loar esta iniciativa, unha máis das que contribúen a “facer pobo” entre a cidadanía de Ribeira.
Ribeira: un Día da Bici moi concorrido post.ly/7qGvE
— Certo (@Certo) June 18, 2012
Ribeira: listas as obras en Alto de Rial e Alto da Fonte, en Castiñeiras post.ly/7qFwb
— Certo (@Certo) June 18, 2012
Boiro: o Concello empufado ao máximo pero hai cartos para pistas de pádel. Non aprendemos nada: youtu.be/ufSWpoRRRfA
— Certo (@Certo) June 18, 2012
El día 6 de Julio estaremos firmando discos en el Bar Plaza de Ribeira a las 21:00h. Allí podréis adquirir... fb.me/11r42HY27
— Jabon Blue (@jabonblue) June 18, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia