9.1.12

Deportes: a Deputación coruñesa colabora economicamente na Vuelta Ciclista a España pero non dá cifras

  • Namentres valora, segundo os organizadores, a repercusión económica nestas bisbarras de Barbanza e Noia en máis de medio millón de euros, non ofrece na súa nota de prensa a cantidade que adica dos nosos impostos a financiar unha actividade totalmente privada dunha única empresa, Unipublic
  • Unipublic é do grupo mediático de Antena 3 e dende 2008 está participada por outro grupo francés, o que organiza o Tour de Francia
  • A última vez que pasou por esta provincia da Coruña a Vuelta foi en 2007. Desta vez percorrerá 330 quilómetros
  • Dende a xornada 12 percorrerá a costa de Barbanza, a ría de Muros e Noia e a zona sur da Costa da Morte

Media_httpfarm8static_xcwzj

  • A etapa que remata no mirador do Ézaro, cunhas pendentes impresionantes dun 25% de desnivel, será a máis espectacular
  • A etapa 13 comenzará en Santiago de Compostela e rematará en Ferrol, pasando por máis de 27 puntos da provincia 

Repercusión mediática


  • Segundo a Deputación, os presuntos beneficios do paso de La Vuelta ciclista a España "no deja de crecer cada año. Primero por el eco mediático que supone, ya que es retransmitida en 143 países del mundo y cada sede (tanto de llegada  como de salida) tiene una presencia media en televisión superior a los 10 minutos.Durante La Vuelta 2011, la etapa más vista fue seguida por el 18,9% de la gente que estaba viendo la televisión en esos momentos, es decir, por 2.277.000 espectadores. La media de espectadores de La Vuelta fue más vista que la semifinal de la Copa Davis o la liga Eurobasket, por ejemplo. Además, más de 6.000 noticias en radio, prensa y televisión hicieron seguimiento de cada jornada durante el 2011, lo que supuso un incremento del 6,24% de seguimiento con respecto al año anterior".
  • Cifran en 1.765.000 persoas as que asistiron o año pasado como público á Vuelta, en máis de 6 millóns que visitaron a páxina oficial e os seguidores que acumulan nas redes sociais e as 227.500 visualizaciones de La Vuelta que se realizaron na canle oficial de Youtube, o que suporía unha presenza en medios por enriba dos 300.000 euros -ignoramos como se calcula isto, nun mercado publicitario á baixa cada ano que pasa-
  • Aseguran que a activación da economía na zona pola que pasa La Vuelta "aumenta además al ocurrir el evento en las mismas calles de la ciudad. La organización calcula que el incremento de gasto en consumo de una jornada con el paso de los ciclistas con respecto a una ordinaria es de 60.000 euros para la ciudad". 


En total, o retorno medio calculado polos organizadores desta marcha ciclista, cada ano máis polémica polos escándalos de dopaxe dos atletas, din que supera os 560.000 euros.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Outes: Clara Caamaño, de sexto de Primaria, gañou o certame de deseño do logotipo do Ano de Añón

Gaadora

  • Francisco Añón Paz naceu hai 200 anos en Boel, Outes, un 9 de outubro
  • A alumna gañadora é escolar do colexio da Serra de Outes. Houbo un accésit, que recaeu en Nerea Cambeiro

Outes, 9 de xaneiro de 2012. O pasado sábado, 7 de xaneiro, no transcurso do festival musical que, organizado polo Concello de Outes, se celebrou na Casa da cultura da Serra, tivo lugar a entrega do premios á gañadora do certame convocado polo propio Concello para o deseño dun logotipo destinado a ser a imaxe representativa do Ano de Añón, con motivo da conmemoración neste ano 2012 do 200 aniversario do nacemento do poeta outense Francisco Añón.

O concurso, que estaba dirixido á poboación escolar de Outes, foi gañado por Clara Caamaño, alumna de 6º de Primaria do Colexio da Serra de Outes, a cal recibiu da man do Concelleiro de Cultura, Manuel García, o vale de 200 € canxeables por material escolar ou deportivo, con que estaba galardoado o premio.

No mesmo acto, tamén foi agasallada cun premio de 50 € a alumna do Colexio do Cruceiro de Roo Nerea Cambeiro, gañadora do único accesit concedido polo xurado, formado éste por representantes de todas as asociacións culturais, veciñais e musicais que van participar na celebración de charlas, recitais, concertos e outras actividades que van ter lugar ao longo do presente ano e culminarán no mes de outubro nun acto solemne coa presencia de autoridades municipais, da Xunta de Galicia e da Real Academia Galega.

 

Informou desta actividade Xoán X. Mariño, presidente da asociación cultural "Terra de Outes" e comisario designado polo Concello de Outes para a organización do Ano Añón.


Quen era e que fixo? Francisco Añón Paz?



Consulte na Galipedia, aquí


Antes, en Certo:



Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Política: o Psoe propón á Xunta un plan de emprego para reactivar a economía da Barbanza

Lage_tuas-ano_2011-tribuna_do_


  • Os socialistas desta bisbarra valoran como "moi grave" a situación de desemprego nesta zona ao superarse os dez mil desempregados
  • Piden dinamizar os polígonos industriais da comarca (Rianxo, Pobra, Ribeira, Noia e Muros) con naves modulares en aluguer para emprendedores e bonificacións e estímulos económicos aos pequenos e medianos empresarios
  • Denuncian que o macropolígono comarcal do Barbanza está paralizado dende a chegada de Feijóo

Media_httpfarm4static_edyhf

Boiro, 9 de xaneiro de 2012.-O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage, reuniuse o pasado sábado cos portavoces municipais e secretarios locais do PSdeG-PSOE da comarca barbanzana para abordar a “grave situación de desemprego que están sufrindo os concellos do Barbanza, ao superar a cifra de 10.000 desempregados”.

Os socialistas do Barbanza ven a cifra de 10.000 desempregados no conxunto do Barbanza "como unha proba da magnitude da crise económica”.

Lage Tuñas apunta “son datos moi negativos. Precísanse respostas e o goberno galego terá tamén que explicar que fixo nestos tres anos de lexislatura, dado que teñen competencias en materia de emprego, con dúas consellerías,na que unha ten fondos para adicar ás políticas activas de emprego e outra, a de industria, conta con instrumentos poderosos como o IGAPE que é preciso saber que fixeron neste tempo”.

”Os socialistas do Barbanza propoñemos que a Xunta de Galicia aprobe un plan de emprego para a reactivación económica da comarca do Barbanza para os anos 2012 e 2013”, explicou Lage Tuñas.

Os dirixentes socialistas advirten que “ata o de agora Feijóo fuxía das súas responsabilidades pero debe respostar das súas competencias para dinamizar a economía”.  Os socialistas do Barbanza ven que ”o IGAPE está paralizado e non atende as demandas dos emprendedores da comarca do Barbanza. Imos pedirlle contas ao goberno galego, teñen competencias en materia de emprego e non sabemos que fixeron nestos tres anos que levan gobernando”.

Lage Tuñas entende que “a Xunta debe explicar a política de incentivos e estímulos económicos” dirixida a fomentar o dinamismo económico e interesarase novamente “polas axudas concedidas a emprendedores e pequenas e medianas empresas do Barbanza para a xeración de riqueza e emprego na bisbarra”.

”Non podemos quedar de brazos cruzados, nin resignarnos a ver como a actividade económica se sigue ralentizando e cada vez hai máis desempregados. A Xunta ten competencias en materia de emprego e cabe pedir un esforzo, máis imaxinación e menos resignación”, argumentou.

Macropolígono paralizado

O deputado socialista destacou que “os socialistas barbanzanos estamos fondamente preocupados porque o Macropolígono Empresarial do Barbanza está paralizado, dende o ano 2009 a Xunta non fixo ningunha xestión, na práctica o proxecto está conxelado”.

“O Partido Popular ten que explicar a razón pola cal o goberno galego non fixo nada nestes 3 anos. Existe demanda de solo industrial en Ribeira e Pobra e a Xunta non dá respostas, non acelera a tramitación e execución do macropolígono empresarial do Barbanza”.

Naves modulares en aluguer nos polígonos

Os socialistas do Barbanza “piden dinamizar os polígonos industriais de Rianxo, Pobra, Ribeira, Noia e Muros, con naves modulares en aluguer para emprendedores e bonificacións e estímulos económicos aos pequenos e medianos empresarios”.

“Non só se trata de ter solo industrial senón tamén que precisamos unha liña clara de axudas aos emprendedores para que poidan instalarse nos polígonos e iso é o que propoñemos e esperamos que se acolla ben a nosa proposta”, explicou Lage Tuñas.

Posición constructiva no Parlamento

"Non é unha crítica demagóxica, é un exercicio de responsabilidade dende a oposición parlamentaria, de querer saber, de preguntarlle a quen ten competencias que foi o que fixo ata o de agora, e de saber como se gastaron os recursos públicos en materia de industria, emprego, incentivos económicos, etc. A situación do desemprego do Barbanza é grave e precisamos respostas”, sinala Lage, quen vai interesarse novamente no Parlamento polas políticas que leva aplicado o goberno Feijóo para dinamizar a economía na comarca do Barbanza.

Os socialistas barbanzanos demandan do goberno galego “unha clara politica de incentivos e estímulos económicos” dirixida a fomentar o dinamismo económico e emprego na bisbarra”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: o municipio viviu a súa primeira cabalgata de Reis este ano

  • Tamén tivo lugar o I Concurso de Pasteis

Dodro, 9 de xaneiro de 2012. O Concello de Dodro celebrou o pasado xoves 5 de xaneiro por primeira vez o desfile da Cabalgata de Reis.

As súas maxestades, antes de iniciaren o percorrido, visitaron aos maiores do Centro de Día de Dodro acompañados pola concelleira de Servizos Sociais e Igualdade. Os maiores recibiron con aplausos e algúns con bágoas moi emocionados aos Reis Magos, que lles regalaron chocolatinas, caramelos e moitos bicos.

Ás 5 da tarde a comitiva partiu do polideportivo municipal recorrendo distintas aldeas do concello para finalizar na Praza do Concello onde os Reis Magos foron recibidos con aplausos e moita ilusión dos nenos e maiores que agardaban a súa chegada.

Foron recibidos polo alcalde e realizaron a ofrenda ó Neno Xesús para continuar coa recepción de todos os rapaces que agardaban impacientes ós que lles deron agasallos e escoitaron as súas peticións. Mentres, nenos e maiores disfrutaron dun chocolate quente e churros.   

Concurso de pasteis e doces

Ao mesmo tempo, durante a recepción dos nenos celebrouse o I concurso de pasteis do concello con gran expectación dos asistentes. Despois da deliberación o xurado xunto coa  concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Marisol Boga, entregaron os tres primeiros premios. Ao finalizar todos os asistentes puideron degustar os doces e pasteis presentados ao concurso. 

O equipo de goberno asegurou sentirse "satisfeito da acollida que o acto tivo entre os veciños e de que por fin os nenos e nenas do concello non teñan que desprazarse a outros lugares para disfrutar e emocionarse cos Reis Magos".

Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: esta semana inician as obras na rúa Cervantes, en Bandourrío

Media_httpfarm8static_cvuvi

A semana pasada estreouse a nova iluminación no barrio do Monumento

Ribeira, 9 de xaneiro de 2012. O Concello informa de que esta semana comeza a actuación dirixida á pavimentación e renovación de servizos de abastecemento de auga potable, saneamento e pluviais na rúa Cervantes e o seu entorno, no antigo barrio de Bandourrío. Está previsto que os primeiros traballos preparativos dean inicio esta mesma tarde de luns. 

A empresa Construcciones Jenaro Cadaval, S.L,. será a encargada de realizar a obra, que ten un orzamento de 168.120,16 euros e un prazo de execución de 3 meses. 

En canto aos detalles da actuación, no que se refire ao abastecemento de auga, se suplantarán as tubaxes existentes por outras de polietileno de alta densidade tanto na rúa Cervantes como nunha vía adxacente. 

Polo que respecta ao saneamento de residuos fecais, se colocará un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro nas rúas adxacentes á Cervantes e nesta última  instalarase un tubaxe tamén de PVC pero de 400 milímetros. 

En canto ao saneamento de pluviais, se disporá un colector de PVC de 400 milímetros de diámetro que conducirá o auga ata a rede existente na rúa Manzanares. Nas rúas adxacentes instalarase un colector de 315 milímetros. 

Pavimentación

Ademais, a zona de actuación será obxecto dunha nova pavimentación combinando adoquín de granito con lousas de granito abuxardado cunhas dimensións de 60 x 40 x 8 centímetros, proporcionando un acabado de pedra acorde cunha vía que está situada nun dos barrios orixinais de Ribeira.

Pode que tamén lle interese:




 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: abren prazo de inscrición para cursos de galego Celga 2012

Media_httpfarm3static_evmfj

Ribeira, 9 de xaneiro de 2012. A participación de Ribeira na Rede de Dinamización Lingüística desde o ano 2011, implica a mellora e intercambio de experiencias dinamizadoras e de formación en lingua galega. Neste marco iníciase o período de inscrición nos cursos gratuítos de formación para a obtención da titulación CELGA dos niveis 1, 2, 3 e 4 que se impartirán no concello de Ribeira neste ano 2012. 

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira informa de que o prazo de inscrición para asistir aos cursos gratuítos preparatorios dos exames CELGA dos niveis 1, 2, 3 e 4, convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, permanecerá aberto ata o día 30 de xaneiro de 2012, tal e como reflicte a publicación do DOG do 09/01/12 a Orde do 4 de xaneiro de 2012, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncian cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis CELGA 1, 2, 3, 4. 

A reserva de prazas realizarase por estrita orde de inscrición, ata completar o límite de 30 persoas inscritas por curso. A formación é gratuíta e está  dirixida a persoas de máis de 16 anos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Liceo programa un concerto de Leilía para o sábado 14 de xaneiro

LEILÍA.pdf Download this file

  • Trátase da presentación do último traballo deste grupo, titulado "ConSentimento".
  • Comeza ás 21:30 no salón de actos do Liceo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical