11.6.12

Andainas: o ciclo "Ponte a Andar" 2012 puxo o seu broche de ouro coa viaxe ás Illas Cíes

Ribeira, 11 de xuño de 2012. Onte domingo tivo lugar a derradeira andaina do ciclo Ponte a Andar que pecha a temporada 2011-2012.O éxito de participación foi rotundo en tódalas andainas organizadas pola Cofradía da Dorna, acadando unha media de andaríns de 60 persoas nas 5 convocatorias anteriores, pese á dureza de -por exemplo- a andaina dos Forcados.

60 que se botaron atrás e se perderon un baño na praia máis bonita do mundo

Nesta derradeira andaina había inscritas 200 persoas que saíron do porto deportivo de Ribeira rumbo ás Illas Cíes, ainda que por mor do mal tempo unhas 60 persoas declinaron viaxar no último intre. Craso erro, pois a mala climatoloxía respetou ós excursionistas facendo unha lixeira presencia durante escasos minutos, e tan benevolente foi que incluso lles permitiu pegarse un baño na que contan é a praia máis bonita do mundo: a praia de Rodas.

Os andaríns disfrutaron da Lagoa dos Nenos, da subida ó Faro, e da Pedra da Campá na que os monitores en xornada de mañá leváronnos a coñecer eses enclaves do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Pola tarde e xa sen a tutela dos monitores, os andaríns que non optaron por desfrutar da praia de Rodas pudéronse achegar ata a praia de Figueiras, o Alto do Príncipe ou o Faro do Peito.

A xeira polas rías de Arousa, San Vicente, Mar de Ons, e Costa do Vento (coas impresionantes vistas de Cabo Home) foi algo máis movida do que se podería esperar para un mes de xuño, pero pouca cousa para os aventureiros dorneiros acostumados a marearse noutras augas máis bravas.




https://twitter.com/Tutotutorino/status/212096500019363840

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Solidaridade: Ámbar celebrou o seu 30 aniversario cun festival de apoios

  • Recadáronse 3.000 euros que serán adicados a actividades de inclusión

Ribeira, 11 de xuño de 2012. Os barbanzáns mostraron a súa cara máis solidaria apoiando a labor de AMBAR. Preto de trescentas persoas asistiron ao Festival Solidarios, promovido pola entidade no auditorio municipal de Ribeira. Durante máis de dúas horas, os artistas conducidos por un xenial Quico Cadaval, subiron ao escenario para animar unha velada inesquecible. Os mozos do grupo de teatro de AMBAR abriron o espectáculo “facendo aparecer” a Quico, quen deu paso ás actuacións da agrupación folclórica Vai de Roda, Sonia Levedynski e Gabriel Vidal coa súa guitarra, Roi Casal acompañado da voz de Silvia Ferre; o grupo municipal de teatro de Ribeira, Xosema Esperante e Teté García, e Tonhito de Poi e Ana de Poi, pechando o cartel con música, bo humor e tenrura. Pero Cadaval aínda quixo despedir o festival cunha homenaxe solidaria facendo subir ao escenario aos artistas, quen aplaudiron ao público mentres a charanga de Vai de Roda musicaba a quen ían deixando a sala.

 

Intervencións da “xente de AMBAR”

En distintos momentos do espectáculo, Cadaval deu voz a tres persoas vinculadas a AMBAR para que expresasen o seu sentir dende distintas perspectivas: Silvia Rodrigues, voluntaria colaboradora da entidade; Luisa Crujeiras, socia e usuaria dos servizos de AMBAR; e Milagros Rey, Presidenta da asociación, quen agradeceu o empeño das persoas que durante tres décadas fixeron posible a labor de AMBAR.

 

3000 euros para actividades de inclusión

A recadación do Festival Solidarios ascendeu a 3000 euros, derivados das vendas do caderno que levaba a invitación ao evento e das achegas á fila cero aberta para este fin. Dende AMBAR desexamos expresar unha inmensa gratitude a quen fixeron posible que este evento fose unha gran demostración de solidariedade e un gran espectáculo: a todos os artistas, intérpretes e grupos xa mencionados, quen fixeron gozar da súa arte e talento a un público entregado, ao equipo técnico de Bandín Audio, quen se empregaron a fondo cun excelente soporte fundamental para lograr a calidade da función e a outros colaboradores que preferiron quedar no anonimato. Agradecemos, tamén, o apoio á difusión dos medios de comunicación da comarca e a resposta do público. Este diñeiro destinarase aos programas de atención directa ás persoas con diversidade funcional que acoden a AMBAR.

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: queixas sobre deficiencias na limpeza viaria

Media_httpfarm8static_qlazm

Ribeira, 11 de xuño de 2012. Veciños de Ribeira están molestas con certas anomalías na limpeza viaria, pois non parece empregarse coa asuidade necesaria o camión para lavar contedores nin se retira con dilixencia o cartón para reciclaxe na zona do mercado.

Un destes veciños insatisfeitos enviou un escrito ao Concello no que pide que se arranxen estes problemas. Reproducimos íntegro o seu escrito:

"Por medio de la presente coincido, con esa máxima autoridad municipal, en que es necesario mantener limpia la ciudad y que las vecinos tenemos que ser más respetuosos con nuestro medio ambiente, pero tampoco es menos cierto que la empresa de limpieza viaria tiene que cumplir con sus obligaciones contractuales y es responsabilidad de ese Concello el ejercer el control necesario para ello y así mantener una ciudad, principalmente el casco urbano y las calles peatonales, más limpia, sostenible y habitable.

  Deseo trasladarle una serie de consideraciones importantes para que pueda comprobar y si quiere darme la oportuna contestación que como vecino, me consta que también a otros muchos, nos preocupa al destinar dinero público para pagar a una empresa por la limpieza pública de nuestras calles. Al parecer puede que se produzcan una serie de  irregularidades o deficiencias por eso le pregunto que si se utiliza mucho el camión de “lavacontenedores” y con que regularidad.  ¿Es cierto que el camión de la empresa de limpieza coge agua de la toma de agua pública, utilizada para casos de emergencia (protección civil, bomberos,…). ¿Cuantas veces se ve por las calles, principalmente las peatonales, el uso de la “hidrolavadora”?, personalmente siempre veo unos camiones que realizan un pequeño lavado de cara de las calles, con chorros de agua natural, sin utilizar detergentes ni otro tipo de productos que limpian perfectamente las calles.
 

    Por otra parte  también me preocupa el motivo por el cual, en las últimas semanas, no se recoge el cartón del mercadillo de los sábados para reciclar y se tira todo en los contenedores de los residuos orgánicos. Estos trabajos de recogida y limpieza de la zona del mercadillo lo realiza el propio personal de la empresa de limpieza viaria y me imagino que cumplen con el mandato de sus empleadores".

 

Antes, en Certo:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o escritor Xosé Neira Vilas visita este martes 12 de xuño o colexio de Frións e inaugura no auditorio "Querido Balbino"


Neira Vilas, á esquerda, con Mero, de Fuxan os Ventos
 
Ribeira, 11 de xuño de 2012.- No marco do Xuño da Cultura e as Artes, mañá martes terá lugar en Ribeira unha dobre cita en torno á figura do gran escritor galego Xosé Neira Vilas: unha exposición no Auditorio e un encontro co propio autor no CEIP de Frións.

Así, e baixo a presidencia do alcalde, Manuel Ruiz Rivas, ás 12 do mediodía terá lugar no Auditorio a inauguración da mostra “Querido Balbino. 1961-2011. Cincuenta anos de Memorias dun neno labrego”. Este acto contará coa presenza de Neira Vilas, do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; da Concelleira de Educación, Maricarmen Vizcaya e da Concelleira de Cultura, Elvira Pisos Arnoso, entre outros.


Parte da mostra "Querido Balbino". Neira Vilas coñeceu ao Che Guevara

O acto está aberto ao público en xeral e máis aos centros de ensino que desexen asistir. Logo da inauguración, Neira Vilas asinará os exemplares da súa obra que os asistentes acheguen ata o Auditorio.

Acto seguido, ás 13 horas, o escritor nacido en Vila de Cruces visitará o CEIP de Frións, para participar na actividade “Encontros con Neira Vilas”, á que están convidados os estudantes de todos os centros de ensino de Riveira que queiran coñecelo e ter a oportunidade de falar con el.

Xogos populares

Outra das novidades do día é a celebración de 17 a 19 horas na praza de España dunha Xornada Interxeneracional de Xogos  Populares por iniciativa da Asociación Xuvenil Arrecó e do Club de Pensionistas e Xubilados do Mar de Riveira. Esta acción comprende o desenvolvemento de diferentes xogos tradicionais, como a ra, a chave de pé e a chave de pas, os bolos, aros, zancos, cordas e moitísimos máis.

Por outra parte, no Centro de Interpretación Arqueolóxica do parque periurbano de San Roque terá lugar a segunda xornada de “Os artistas en San Roque”, na que escolares de 5º e 6º de Primaria do municipio toman parte activa nun conxunto de xogos, obradoiros e outras actividades lúdicas e de divertimento, co fin de aprenderlles coñecementos sobre o megalitismo, a idade de bronce e a idade de ferro. Organizada pola Concellería de Turismo, a iniciativa terá lugar entre as 9 e as 13.30 horas.

Teatro infantil

Tamén mañá desenvolverase a segunda xornada da XV Mostra de Teatro Infantil de Ribeira. A partir das 20 horas, actuarán os grupos do Colexio Bayón e o Colexio Galaxia. A primeira das formacións porá en escena a obra “O Dinosaurio Belisario”, con adaptación e dirección de Domingo Armental. Belisario é un feroz dinosauro verde, brando,  enorme e que viste cun uniforme de militar, provocando o terror en todo o arredor... Vintecinco actores e actrices forman parte do reparto.

A continuación, o Colexio Galaxia interpretará “O Heroe tolo”, cun guión escrito e dirixido por Cipriano Fernández Fernández. Xelasio, o ser máis estraño da aldea, é o único que se atreverá a enfrontarse a Firmín o Facineroso e á súa banda, logrando que a violencia acabe na comarca definitivamente.... Actúan dezasete nenos e nenas.

 

Como sempre, as dúas funcións de mañá son libres e gratuítas ata encher aforo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a Confederación Intersindical Galega alega contra a ordenanza de seguridade

ALEGACIONS CIG.pdf Download this file

  • O sindicato nacionalista cre que dita ordenanza non respeta dereitos básicos humanos e constitucionais como o de reunión ou manifestación, e critica que sexan as forzas de seguridade as únicas que "xulguen" ou avalíen certas condutas
  • Adxuntamos o documento completo coas alegacións ao texto da Ordenanza Municipal de Seguridade Cidadá e Convivencia, redactado polo Concello de Ribeira.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: programación do Xuño Musical 2012

Ribeira: o peirao da cidade acollerá o remonte da Traslatio o 7 de xullo

 

  • É unha tradición relixiosa para conmemorar o traslado dos restos do Apóstolo Santiago por mar a Galicia dende Palestina

 http://farm8.staticflickr.com/7221/7361639274_c8c7999764_z.jpg

Ribeira, 11 de xuño de 2012.- Ribeira vai ser o vindeiro 7 de xullo o punto de partida do tradicional remonte anual da ría de Arousa e o río Ulla promovido pola Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla para conmemorar a traslatio dos restos do Apóstolo Santiago no século I. Para falar deste acontecemento, que cumpre a súa XXVIII edición, déronse cita na Casa Consistorial o pasado venres o presidente desta entidade, Javier Sánchez-Agustino Mariño, o tesoureiro Masito Beiro, e o alcalde Manuel Ruiz Rivas.

Sánchez-Agustino recordou que a institución que preside ten como obxectivos a posta en valor dos eidos turístico, económico e cultural no ámbito da ría de Arousa e o río Ulla e, moi en especial, a promoción do camiño que lle da nome e que está recoñecido pola Lei de Protección dos Camiños de Santiago de 1996. Precisamente foi Sánchez-Agustino o que puxo en 2010 en marcha o proxecto "Portos Xacobeos" e meteu a Ribeira e A Pobra, que nada teñen que ver con esta tradición, e esquecéuselle introducir Noia, porto de Compostela e paso de peregrinos dende o século XI.

Guía de cruceiros

Sánchez-Agustino tamén explicou que o padroado da Fundación, formado por 22 Concellos, propuxo que este ano a saída do remonte fose Ribeira e avanzou que as persoas que tomen parte na singladura e por extensión todas as que fagan a ruta poderán acceder a unha nova publicación: a “Guía de cruceiros xacobeos no camiño do mar de Arousa e Ulla “. A este respecto, o presidente da fundación indicou que aquí está enclavado o único vía crucis marítimo-fluvial, con 17 cruceiros instalados en 1965 e ampliados con outros 4 en 2004 por obra da Mancomunidade Arousa Norte. Ademais, o Mancomunidade do Salnés colocará outros 4 ou 5 máis proximamente.

Manuel Ruiz quixo agradecer a designación de Ribeira como punto e eloxiou á familia Sánchez-Agustino por todo o que leva traballado para poñer en valor o que significa esta ruta xacobea, á que considerou “algo máis que un camiño”: “se por aquí non pasara o cadaleito e a nave que levaba ao Apóstolo, todo o fenómeno xacobeo non existiría”, sentenciou.

O rexedor local salientou a importancia da ruta non só na vertente turística senón tamén pola cantidade de crentes que, chegados de todas as partes de Europa e do mundo, “ven os camiños xacobeos como puntos nos que un encontra moitas respostas que na vida cotiá non son capaces de ver”.

Así mesmo, informou de que ademais do catamarán da Fundación (de 125 prazas) haberá un segundo catamarán con capacidade para 90 persoas posto a disposición polo Concello para entidades e colectivos. Ademais, Ruiz Rivas animou a todos os que así o desexen a despedir a singradura que partirá do Club Náutico ou a acompañar coas súas embarcacións o remonte ata alí onde poidan.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: as 40 mellores imaxes do VI Circuíto Galego de Fotografia están en San Roque

  • Boa parte delas son do fondo do mar

Ribeira, 11 de xuño de 2012.- O centro de interpretación do Parque Periurbano de San Roque acolle ata finais deste mes unha exposición promovida pola Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS).

A mostra está composta polas 40 mellores imaxes logradas polos fotógrafos submariños galegos durante as competicións que integran o VI Circuíto Galego de Fotografía Submariña Dixital, que se celebrou nas rías galegas  no ano 2011 e que estivo composto polos seguintes certames:

      XXIV Campionato galego Cabo Fisterra Illas Lobeiras (Fisterra)

      IV Trofeo da Deputación de Pontevedra Illa de Ons (ría de Pontevedra)

      I Trofeo Arousa-Norte Concello A Pobra – Faro do Guidoiro (ría de Arousa)

      IV Trofeo Vila de Portonovo Baixo de Helmo (ría de Pontevedra)

      XV Trofeo Cidade de Ferrol Punta Coitelada (Ría de Ferrol)

      XV Trofeo Cidade da Coruña Grelle – Praia de San Amaro (A Coruña)

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: resultados da proba de "Agility" puntuable para Campionato de España

  • Participaron arredor de trinta cans

Ribeira, 11 de xuño de 2012.- O pasado sábado 9 de xuño tivo lugar en Ribeira unha proba de agility puntuable para o Campionato de España. A acción, que forma parte da programación de Encanínate e do Xuño da Cultura e as Artes, celebrouse no campo de herba natural da Fieiteira, baixo a presenza de numerosos espectadores (entre eles o concelleiro de Deportes Juan Luis Martínez) que quixeron contemplar o desenrolo deste atractivo deporte, no que os cans participantes, baixo a condución dos seus guías, deben superar unha serie de obstáculos co fin de poñer en evidencia a súa intelixencia, obediencia, concentración, sociabilidade e axilidade.

De entre a trintena de cans que tomaron parte na proba, os gañadores por categorías foron os seguintes:


Grado 1-S

1º - Dagga co guía Iago Sánchez

 

Grado 1-L

1º -  Daxa co guía Jorge Ramos Salinas

 

Grado 2-S-M

1º - Tris coa guía Rocío Hermelo Martínez

 

Grado 2-L

1º - Becho co guía Alejandro Piñeiro.

 

Grado 3-S

1º  - Cleo coa guía Mª Carmen Antequera

 

Grado 3-L

1º - Astra co guía Alejandro Piñeiro.

 

(S - Pequenos       M - Medianos     L – Grandes)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical