Noticias relacionadas:

- Arqueoloxía: o castro de Taramancos pode deparar sorpresas
- Arqueoloxía: o Concello pide á Xunta que modifique a variante para conservar o castro de Taramancos
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noticias relacionadas:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No escrito que se lle enviou ao concelleiro (adxunto na fin desta información), o alcalde en funcións e á súa vez concelleiro de Casco Histórico e Patrimonio, Bieito González, lémbralle ao Conselleiro que “consideramos que a importancia dos restos é unha cuestión que non deberíamos obviar, o que obligaría ao departamento que vostede dirixe a sopesar a posibilidade dunha modificación do proxecto técnico da obra que se está a executar”.
Máis adiante o escrito solicita formalmente a modificación do proxecto técnico no ámbito onde apareceron os achádegos arqueolóxicos a fin de que os mesmos poidan ser visitables. Todo isto tendo en conta que nos últimos anos a relevancia da arqueoloxía como disciplina científica, potenciou a súa consideración social e incrementou a conciencia cidadá polos restos que constitúen a nosa identidade cultural, impoñéndose cada vez máis, a noción de que non son só depósitos do pasado senón auténticos recursos culturais que deben ser preservados en beneficio de toda a comunidade e do futuro.
Antes, en Certo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 11 de agosto de 2011. A Praza de España de Santa Uxía vai dar cabida este sábado á Mostra de Danza de Ribeira: unha actividade enmarcada na programación da Fiestra da Cultura organizada dende a Concellería de Cultura, que reunirá a seis grupos do municipio para exhibir o seu talento e bo facer.
Esta actuación terá lugar ás 20.30 horas e os elencos participantes son Aires da Dorna, o Grupo Tahume de Olveira, a Asociación de Amas de Casa; a Asociación Haveira, a Escola El Tomasón e a Asociación Alfaia.
Ondacinema
Por outra parte, a Concellería de Cultura desexa lembrar que hoxe ás 20.30 horas na Aula Multimedia terá lugar outra sesión do ciclo audiovisual Ondacinema, integrado dentro da programación do Verán Cultural. O filme proxectado será “O Soño dunha Noite de San Xoán”, de Ángel de la Cruz e Manolo Gómez.
É unha película para todos os públicos e a entrada será libre e de balde ata encher o aforo de 50 prazas.
Colabora na iniciativa a Axencia Audiovisual Galega.
Pode que lle interese:

Programación "Fiestra da Cultura": Amancio Prada e moito máis

Feira das oportunidades: do 13 ao 15 de agosto no Malecón
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 10 de agosto de 2011.- A plantilla do Servizo Municipal de Axuda no Fogar, entidade dependente da Consellería de Servizos Sociais e Promoción Social, ven de ser ampliada tras a contratación de seis novas traballadoras familiares con cualificación específica nesta área. Deste xeito, o equipo integrante do Programa de Axuda no Fogar pasa a estar integrado por 11 persoas, coordinadas pola traballadora social María Jesús López Domínguez, que reciben ademais apoio externo a través dunha empresa especializada.
O incremento de plantilla foi posible tras a recepción dunha subvención da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia para a contratación de traballadores desempregados en colaboración coas entidades locais.
O servizo de axuda no fogar ten como obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar.
Existen dúas modalidades de atención: a aquelas persoas que teñen recoñecido o dereito o servizo de axuda no fogar polo sistema de atención a dependencia (SAF Dependencia) e o servizo de atención a persoas maiores, unidades familiares, persoas con diversidade funcional ou enfermos crónicos, sen recoñecemento do grao e nivel de dependencia ou en tramite de telo, que carezan de apoios no seu domicilio e que na súa situación persoal presenten disfuncións que lles limite a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social, precisando apoios para evitar deterioros irreversibles e procurar o seu mantemento no contorno natural mentres isto sexa posible e conveniente. (SAF Libre Concorrencia)
En Ribeira hai 57 casos de axuda no fogar por libre concorrencia, con intensidades que oscilan entre as 3 horas semanais ata as 10 horas. Polo sistema de dependencia, hai 28 usuarios, con grado de atención que oscila entre as 15 horas e as 90 horas á semana.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro, 11 de agosto de 2011. A quinta Xuntanza Literaria do Barbanza terá lugar o 24 de agosto as 20:00 horas. Primeiro farán a lectura de textos no Local do Centro Social de Boiro e a continuación os participantes trasladaranse ao local de O Faiado 2 para inaugurar a exposición de primeiras edicións de autores barbantinos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 11 de agosto de 2011. – O Centro de Información á Muller (CIM) de Riveira vai a impulsar a partir de hoxe, xoves, unha novidosa iniciativa consistente no desenvolvemento dun ciclo de conferencias titulado “A Sexualidade nas Persoas Maiores”. É unha actividade do Servizo de Atención Sociolóxico dependente do CIM.
Con estas charlas, o que pretende a Concellería Igualdade é propiciar entre a cidadanía e en especial entre as persoas maiores unha aproximación ás diferenzas que poden ir aparecendo ao longo dos anos na sexualidade das persoas, de xeito que cada home e cada muller poida vivir a súa sexualidade de xeito positivo e agradable con independencia da súa idade.
A primeira charla será impartida este xoves 11 de agosto, ás 20 horas, na sede da Sociedade Hijos de Palmeira. O 17 de agosto terá lugar no Centro Social Santa Uxía, tamén ás 20 horas; mentres que o 18 de agosto celebrarase á mesma hora na Casa da Cultura de Castiñeiras.
As previsións do CIM son seguir dando estas charlas en outras parroquias do municipio a partir da metade do mes de setembro. O acceso é gratuíto.
As conferencias correrán á cargo de Penélope Alonso, psicóloga especialista en sexoloxía pertencente á Asociación Española de Sexoloxía.
O Servizo de Atención Sexolóxico no que se incardina este ciclo é unha acción de carácter gratuíto que está dirixido tanto a persoas xóvenes como adultas e da terceira idade.
Máis información no teléfono 981 874 131 ou 981 873 409.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia