O castro de Taramancos ten substratos de varias épocas, e pode que haxa restos romanos e da cultura castrexa, aínda por valorar
No escrito que se lle enviou ao concelleiro (adxunto na fin desta información), o alcalde en funcións e á súa vez concelleiro de Casco Histórico e Patrimonio, Bieito González, lémbralle ao Conselleiro que “consideramos que a importancia dos restos é unha cuestión que non deberíamos obviar, o que obligaría ao departamento que vostede dirixe a sopesar a posibilidade dunha modificación do proxecto técnico da obra que se está a executar”.
Máis adiante o escrito solicita formalmente a modificación do proxecto técnico no ámbito onde apareceron os achádegos arqueolóxicos a fin de que os mesmos poidan ser visitables. Todo isto tendo en conta que nos últimos anos a relevancia da arqueoloxía como disciplina científica, potenciou a súa consideración social e incrementou a conciencia cidadá polos restos que constitúen a nosa identidade cultural, impoñéndose cada vez máis, a noción de que non son só depósitos do pasado senón auténticos recursos culturais que deben ser preservados en beneficio de toda a comunidade e do futuro.
Antes, en Certo:Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario