como lingua propia de Galicia, é a que a representa politicamente. Será oportuno lembrar os artigos que constitúen o espiñazo desta Lei:Será oportuno lembrar os artigos que constitúen o espiñazo desta Lei: Art. 1.- “O galego é a lingua propia de Galicia.”Art. 4.- “O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da Comunidade autónoma, da súa Administración, da Administración Local e das Entidades Públicas dependentes da Comunidade Autónoma.” Art. 10.- “Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.”Art. 12.- “O galego, como lingua propia de Galicia, é tamén lingua oficial en tódolos niveis educativos.” Art. 18.- “O galego será a lingua usual das emisoras de radio e televisión e nos demais medios de comunicación social sometidos a xestión ou competencia das institucións da Comunidade Autónoma.”Art. 20.- “Serán obrigas da Xunta de Galicia: 1. Fomentar a produción, dobraxe, a subtitulación e exhibición de películas e outros medios audiovisuais en lingua galega.
2. Estimular as manifestacións culturais, representacións teatrais e os espectáculos feitos en lingua galega.
3. Contribuír ao fomento do libro en galego, con medidas que potencien a produción editorial e a súa difusión.”
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia