1.12.09

Ribeira: os clubes de fútbol quéixanse polo estado do campo de A Fieiteira

Clubes de fútbol de Ribeira lamentan que as deficiencias no campo de herba sintética da A Fieiteira deixen sen xogar a un cento de rapaces

 

 

Os clubes de fútbol do Concello de Ribeira abaixo asinantes queremos denunciar a través deste escrito que as numerosas deficiencias existentes no campo de herba artificial da Fieiteira deixasen sen poder xogar o pasado sábado a un cento de rapaces do municipio, nunha situación previsible da que xa viñamos avisando dende hai meses.

 

O pasado sábado, 27 de novembro, estaban previstos catro partidos no campo de céspede artificial da Fieiteira, dous de alevísn e dous de benxamíns, que non se puideron disputar porque o campo non estaba pintado, o que obrigou ao árbitro a suspender os encontros e a case 100 nenos a ter que volver ás súas casas sen poder practicar deporte.

 

Os responsables dos clubes levamos meses avisando de que o campo, que apenas ten dous anos, presenta numerosas deficiencias, algunhas delas incomprensibles, como o feito de que non conte coas liñas de fútbol sete pintadas de forma permanente, como sucede no resto de campos de herba artificial, o que obriga a pintalas antes de cada xornada.

 

Hai xa dous meses que técnicos do Concello comprometéronse a arranxar a situación e darlle unha solución definitiva, sendo neste tempo os membros dos equipos ou personal do Concello os que pintaron o campo de xeito transitorio e sen ter obriga de facelo –e co deterioro que este sistema implica nas instalacións-, ata que o pasado sábado deuse a situación de que ninguén o pintou e non se puideron celebrar os partidos.

 

A última resposta que se ofreceu dende a Concellaría de Deportes e que se nos  deixa as instalacións aos equipos pero que son estes quenes teñen que pintar as liñas do campo, xa que senón serán  sancionados pola Federación Galega de Fútbol, a pregunta que nos formulamos os equipos é a seguinte,¿ para qué se nos desconta un 30% da subvención que se nós concede dende o Concello?, a cada equipo que utiliza as instalacións municipais se lle desconta unha porcentaxe da subvención en concepto de utilización das instalacións municipais para competición oficial e entrenamento.

 

Os clubes abaixo asinantes reclamamos unha vez máis, nesta ocasión por escrito, que se lle dea unha solución a este problema e a outras deficiencias das instalacións da Fieiteira, algunhas delas moi graves e que poden provocar consecuencias dramáticas que todos queremos evitar.

 

Así, as porterías non contan con rodas para o seu traslado, non existen redes para evitar que os balóns vaian fóra, non hai banquillos para os rapaces, cando chove prodúcense anegamentos, a iluminación e os accesos son deficientes, na zona de vestiarios hai ratos e, o que é máis grave de todo, o muro do recinto caese a pedazos, o que nalgunha ocasión ten chegado a poñer en perigo a integridade dos pequenos.

 

Ante a falla de solucións a esta situación denunciada en reiteradas ocasións, os clubes reclamamos mediante este escrito que se actúe de xeito inmediato e unínomos á recollida de firmas que os pais dos rapaces teñen iniciado para esixir que se poña fin a esta problemática de forma urxente.

 

 

 

Asdo.:

 

ATL.RIBEIRA                                                   SALVORA C.F

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía: o Tratado de Lisboa, listo para pisar

Se queren saber en que consiste este tratado que poden pisar enfronte do mosteiro dos Jerónimos en Lisboa (si, si, poden pisar a pedra onde figuran Zapatero, Sarkozy, Sócrates, Topolánek, Prodi e demais políticos no poleiro) teñen a web en http://europa.eu/lisbon_treaty/index_es.htm

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arqueoloxía: Stonehenge no Street View de Google

En breve o castro de Baroña, os de Neixón, o dolmen de Axeitos... non?
Ben, se dan amañado a desfeita do Camiño de Santiago loguiño xa nos conformamos polo de agora. Ao final é verdade o que nos comentou un lector, de que Barbanza foi gravada para Google Street View con ese triciclo. E ben chula que quedou!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía: atopamos a Alfredo Urdaci no Flickr

Nun grupo no que nós tamén estamos (Relogios). Casualidades da vida...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arte: comprometidos contra a Sida

http://artaids.com
Un proxecto solidario entre España (Cataluña) e Holanda. Artistas contra a Sida.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Obituario: Con Paul Naschy foise o mellor lobishome do cinema español

Morreu onte á noite en Burgos, aos 75 anos. D.E.P.
Chamábase Jacinto Álvarez Molina. Toda unha vida crendo no cine fantástico e dándolle, mesmo con moi poucos medios, vida aos mitos que hoxe en día segue a explotar con grande éxito a industria cultural (vampiros e homes lobos).

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía: o descoñecido Bob Dylan

Vaia prezos para este libro! Para coleccionistas e mitómanos, imaxinamos. Podes velo en liña en http://danadanadana.com/gatewood/gallery.htm

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Gastronomía: Torta de Bob Esponxa

Unha receita de Lili Fabeiro que agradará aos nenos e non tanto... Quedoulle perfecta, alomenos na foto! Da gañas de chantarlle o dente!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical