15.3.11

Porto do Son, Noia e Lousame: o préstamo de bicicletas do Inega comeza o 1 de abril, se non hai contratempos

Noia: a película "Retornos", de Luís Avilés, consegue quince nominacións aos premios Mestre Mateo do cinema galego

Finalistas_PMM10.pdf Download this file


"Retornos" contén esceas rodadas en PonteNafonso

Noia, 15 de marzo de 2011. Nada menos que 15 nominacións para a súa ópera prima no mundo da largometraxe. Luís Avilés Baquero, cineasta noiés que levou adiante a dirección de "Retornos", rodada en parte nas inmediacións de Noia, só foi superado por "18 comidas", do cineasta Jorge Coira, con 16 candidaturas aos Mestre Mateo.

"Retornos" é candidata á mellor longametraxe, mellor dirección de producción, mellor dirección de fotografía, mellor maquillaxe e perruquería, mellor deseño de vestiario, mellor dirección artística, mellor montaxe, mellor son, mellor guión, mellor dirección, mellor interpretación masculina protagonista (Xabier Estévez), mellor interpretación feminina protagonista (Manuela Vellés), mellor interpretación masculina de reparto (Xosé Manuel Olveira, "Pico") e mellor intérprete feminina de reparto (María Bouzas)

A continuación, xa con 12 candidaturas aos premios, está a comedia "Crebinsky", de Enrique Otero, cunha ducia de nominacións.

Sálvora tamén é protagonista

A illa de Sálvora, de Ribeira, tamén vai ser protagonista nos Mestre Mateo deste ano, xa que a película para televisión ambientada en parte alí, "Mar Libre", que dirixiu Dani de la Torre, obtivo dez nominacións.

A gala dos Mestre Mateo é este ano en Ourense, o domingo 17 de abril, no auditorio municipal.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o alcaldable do Psoe reuniuse co comité de empresa do Hospital da Barbanza

Media_httpfarm5static_mmefh

Ribeira, 15 de marzo de 2011. O alcaldable do PSdeG por Ribeira, Andrés Fariña, xunto coa número 2 da súa lista,  Encarna Romero, tiveron unha xuntanza co comité de empresa do Hospital da Barbanza, o cal alertou dende hai dous anos da falta de persoal neste centro sanitario.

Fariña e Romero, acompañados por un representante da Plataforma pola Sanidade Pública, atenderon as demandas dps traballadores, que reclaman  maior dotación e recursos para persoal co obxectivo de atender mellor as necesidades dos pacientes.


O candidato á alcaldía polo Psoe comprometeuse a trasladar estas demandas á Xunta e a converter "nunha prioridade a mellora do Hospital se os cidadáns me dan a súa confianza nas eleccións do 22 de maio", explicou Fariña.


Con Amicos


Fariña e Romero reunironse tamén con representantes da asociación Amicos, a cal xestiona un centro de día para persoas con discapacidade síquica. Segundo os socialistas, "a agrupación traballa desde fai anos para mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional e nós queremos proxectar un modelo de cidade en Ribeira onde a política social facilite o traballo a organizacións como Amicos".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o Psoe presenta unha moción para que arranxen un paseo peonil entre rúa Venecia e ponte de Santo Antonio

Ribeira: a Copa Sálvora celébrase en xuño. Aberto hoxe, 15 de marzo, o prazo de inscrición

Copa Salvora pdf.pdf Download this file

Ribeira, 15 de marzo de 2011. Hoxe, 15 de marzo, ábrese o prazo de inscrición para a Edición 2011 da Copa Sálvora que se disputará os vindeiros 4 e 5 deXuño no Campo Municipal de A Fieiteira . As categorías elexidas pola organización son Prebenxamín, Benxamín e Alevín.


Cada clube poderá inscribir na copa 3 equipos como máximo en cada unha das categorías. Un de esos equipos pasará a Fase Final e os outros dous irán á Fase Previa do 29 de maio.

A cota de inscripción será de 30€ por equipo e categoría quedando exento do pagamento a categoría Prebenxamín que será gratuita.

A data límite de inscrición será o 20 de maio ou remate de vacantes.

Web de referencia:
www.copasalvora.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: este venres 18, presentación do libro "Toponimia de Dodro e Laíño", de Manuel Lorenzo Baleirón, con licenza libre de distribución

Cartel_presentacion_libro_microtoponimia.pdf Download this file

Dodro, 15 de marzo de 2011. O vindeiro día 18, ás 20.00 horas, preséntase no Auditorio da Casa do Regadío o libro elaborado polo veciño Manuel Lorenzo Baleirón que recolle a maior parte do tesouro lingüístico que constitúe a toponimia do municipio.

O Concello "quere mostrar o orgullo de ter patrocinado a súa publicación para que todas as persoas interesadas do noso Concello, e tamén de todo o país, teñan coñecemento e acceso doado a este recurso cultural. A toponimía de Dodro constitúe unha parte valiosa do patrimonio inmaterial do idioma galego que queremos poñer en valor, aprofundando no seu coñecemento e explicación para recuperar a través del a experiencia vital de centos de xeracións anteriores á nosa, recoñecéndoa e respectándoa para a nosa propia dignificación como comunidade, para comprender a súa singularidade, para compartir o pasado e o futuro", explica o equipo de goberno.

Este libro, de case 400 páxinas, prologado por Anxo Angueira, ten como colaboradores a numerosos veciños e veciñas que o autor fixo partícipes, e recolle todos (ou case) os nomes de lugares do término municipal dodrense, nas súas tres parroquias.

A presentación do libro forma parte do conxunto de investigacións e actividades que o Concello vén animando para a posta en valor do noso patrimonio material e inmaterial que nos enriquece como país. "A Toponimia resulta un fito transcendental na historia dos traballos sobre o Concello e acompañarase de actividades complementarias ao longo deste ano para divulgalo e ilustralo, especialmente entre as novas xeracións", explica o Concello na súa web oficial.

Licenza de distribución libre

Ademais, como obra cultural e grazas á xenerosidade do autor, o libro conta cunha licenza de distribución libre, os seus contidos, tanto textuais como gráficos serán reutilizables, transformables e distribuíbles por calquera medio e formato para calquera que queira contribuír coa súa achega neste sentido. O propio Concello elaborará unha versión que estará dispoñible para descarga a través da páxina municipal en soporte electrónico.

Manuel Lorenzo Baleirón, "veciño ilustre de Dodro e xenerosísimo autor deste traballo que tantas horas e días de esforzo lle dedicou por puro amor á súa Terra", din dende o Concello, naceu en Tarrío, Laíño en 1957; é licenciado en Filosofía e Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e exerce como mestre no IES Macías o Namorado do veciño Padrón.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: este venres 18 de marzo, clase de improvisación co jazzista neoiorquino Logan Richardson

Logan_boiro

Boiro, 15 de marzo de 2011. Este venres, 18 de marzo, a Escola de Música de Boiro organiza un work shop de improvisación que se desenvolverá de 17:00 a 20:00h.


Correrá a cargo de Logan Richardson, un dos músicos máis sobresaíntes do jazz neoinorquino.

O prezo é de 20 € para o público en xeral e de 10 € para os alumnos da Escola.

Máis información nos teléfonos 655 700 620 e 655 700 104 ou en info(at)sonaxe.com

Vía

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: este domingo 20, campaña de sensibilización a prol do veganismo

Pobra_veganos


Proxectarán este documental (pódense atopar o resto de partes en YouTube)

A Pobra, 15 de marzo de 2011. Este domingo, 20 de marzo, entre as seis e as nove da noite, no salón de actos do ISM (enriba da biblioteca municipal), na rúa Castelao, 25 -3º, proxectarase a película "Reino Apacible" e haberá unha degustación gratuita de comida vegana. Organiza a protectora Moura e Colectivo antiespecista Galego.

Se non podes acudir á Pobra, pero vives preto de Santiago de Compostela, podes acudir á proxección e degustación que se realizará alí:

http://www.facebook.com/event.php?eid=147510528646039

Que é o veganismo? Na Wikipedia hai un bo artigo sobre o asunto.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical