13.3.13

Dodro: Concello e grupos políticos mobilízanse contra o peche da sucursal de NovaGalicia Banco en Tallós

Dodro, 13 de marzo de 2013. O Concello de Dodro, segundo expón hoxe en nota de prensa, "quere manifestar a súa disconformidade co peche da oficina de Novagalicia en Tallós. Como medida de presión contra este peche o Concello de Dodro recollerá, nas oficinas municipais do Concello, sinaturas de todos os veciños afectados coa fin de reclamar á entidade o mantemento de dita oficina ou ben a implantación de medidas alternativas que garantan o servizo dos seus clientes".

Hoxe foi distribuído o aviso en todas as aldeas do concello para informar aos veciños desta recollida de sinaturas promovida polo goberno local.


Pola súa banda, os outros grupos políticos da corporación dodrense, presentaron unha moción conxunta (membros non adscritos e PSdeG- PSOE de Dodro) en contra do peche desta oficina de NovaGalicia Banco de Dodro. Asemade, fan unha convocatoria para unha reunión que terá lugar o sábado 16 de marzo de 2013 ás 12:00 no salón de actos da Paxareira para falar sobre o tema e buscar posibles solucións así como medidas a adoptar.

cartelPecheCAIXA (1).doc Download this file

MOCION sobre o PECHE DA CAIXA TALLOS.doc Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Liceo programa "Mañás e Tardes Divertidas" en Semana Santa

  • O prazo para anotarse remata o venres 22

Media_httpfarm9static_kzfkb

Noia, 13 de marzo de 2013. Esta Semana Santa na Sociedade Liceo de Noia voltan repetir unha edición das Mañáns e Tardes Divertidas no Liceo, organizadas por Brétema e dirixidas a rapaces/as de 5 anos en diante.

  • As Mañáns divertidas terán lugar no local social do Liceo de 10:00h a 14:00h, e nelas impartiranse obradoiros de xoguetes, de disfraces, busca do tesouro, animación musical..e están dirixidas a nen@s de idades comprendidas entre os 5 e os 11 anos 
  • As Tardes Divertidas van dirixidas a rapaces de 12 anos en diante, e nas mesmas haberá actividades ao aire libre que terán lugar na área recreativa da Sociedade en Ceilán, como Ghinkana de bicis, tiro con arco, rappel, sendeirismo...en horario de 16:00h a 20:00h
O custe é de 15€ que se aboarán no momento da inscrición na conserxería da Sociedade. O prazo para anotarse remata o venres 22 de marzo de 2013.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: toda a Corporación, contra o peche de NovaGalicia Banco en Tallós

cartelPecheCAIXA.doc Download this file

Dodro, 13 de marzo de 2013. O Concello de Dodro, segundo expón hoxe en nota de prensa, "quere manifestar a súa disconformidade co peche da oficina de Novagalicia en Tallós. Como medida de presión contra este peche o Concello de Dodro recollerá, nas oficinas municipais do Concello, sinaturas de todos os veciños afectados coa fin de reclamar á entidade o mantemento de dita oficina ou ben a implantación de medidas alternativas que garantan o servizo dos seus clientes".

Hoxe foi distribuído o aviso en todas as aldeas do concello para informar aos veciños desta recollida de sinaturas promovida polo goberno local.

INICIATIVA DA OPOSICIÓN


Pola súa banda, os outros grupos políticos da corporación dodrense, presentaron unha moción conxunta (membros non adscritos e PSdeG- PSOE de Dodro) en contra do peche desta oficina de NovaGalicia Banco de Dodro. Asemade, fan unha convocatoria para unha reunión que terá lugar o sábado 16 de marzo de 2013 ás 12:00 no salón de actos da Paxareira para falar sobre o tema e buscar posibles solucións así como medidas a adoptar.

MOCION_sobre_o_PECHE_DA_CAIXA_TALLOS.doc Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical