8.7.10

Arte: figuras mundiais vectorizadas ao mínimo

Algunha silueta pode levar a erro. Das oito que se poden ver en http://reflectionof.me/simple-public-figures-0 case todas están mortas (agás Maradona e Larry King). A da imaxe é un dos falecidos... ou non?

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: tres concertos da Aula Galega de Saxofón esta fin de semana (9-11 de xullo)

De esquerda a dereita, na primeira das imaxes, José Fungueiriños, Juana Ermitas Crugeiras; Rodrigo Vila e Álvaro López. Detrás parte dos alumnos da Aula.


Ribeira, 8 de xullo de 2010. Tres concertos porán o punto final este venres, sábado e domingo ao curso 2009-2010 da Aula Galega de Saxofón: unha iniciativa pioneira e única na Comunidade Autónoma coa que, dende o Conservatorio Profesional de Ribeira, se pretende que alumnos de toda a xeografía galega acudan ao centro de Santa Uxía para perfeccionarse no manexo deste instrumento a través das ensinanzas dun mestre de recoñecido prestixio tanto no panorama nacional como internacional. 

O mestre é neste caso Rodrigo Pérez Vila, nacido en Vigo e profesor de Saxofón e Música de Cámara no Conservatori Superior de Música de les Illes Baleares, quen cunha frecuencia dunha fin de semana ao mes dende setembro se trasladou a Ribeira para impartir as súas clases a un total de 18 alumnos. Estes rapaces, con idades comprendidas entre os 10 e os 18 anos, procedían xa non só do centro barbanzano, senón tamén doutros lugares como Valga, Ribadumia, Vila de Cruces, Pontevedra, Marín, Sanxenxo, Ferrol ou Ourense. 

Rodrigo Pérez Vila presentou hoxe os concertos que se celebrarán a partir de mañá nun acto no que tamén interviñeron a concelleira de Educación de Ribeira, Juana Ermitas Crugeiras; o director do Conservatorio, Álvaro López; e o secretario do mesmo, José Fungueiriños. 

Estes concertos terán lugar o venres ás 20.30 e o sábado ás 19.30 horas no salón de actos do Conservatorio Profesional (en ambos casos, os alumnos estarán acompañados polo pianista Pablo Diago), e o domingo ás 13.15 horas na Avenida do Malecón de Santa Uxía (xunto ao chamado “edificio da Caixa de Aforros”, lugar onde os rapaces ofrecerán un pequeno concerto de cuartetos e ensemble. 

No acto de presentación a concelleira de Educación de Ribeira, Juana Ermitas Crugeiras Vidal, rememorou os cursiños e eventos que se veñen desenvolvendo nos últimos anos como unha formación complementaria á ensinanza regrada do Conservatorio que veñen sendo impartidos por mestres de gran prestixio no panorama nacional e internacional co propósito de ampliar a oferta educativa dos alumnos e atraer ademais a rapaces doutras escolas e conservatorios. 

Tal é o caso da Aula Galega de Saxofón, pero tamén dos cursos de clarinete celebrados en 2006 e 2007, o curso de piano no 2007 (impartido por Ireneus Jagla, profesor do Conservatorio Superior das Illas Baleares), ou o curso de piano, música de cámara e composición que no presente ano ofreceu o cubano Andrés Alén Rodríguez, profesor da Escola de Música Creativa de Madrid. 

Por outra parte, cómpre salientar tamén que varios dos alumnos que pasaron pola Auga Galega de Saxofón en anos anteriores están a proseguir unha carreira sobresaínte, como Xabier Casal Ares, actualmente estudante no Conservatorio Nacional de Salamanca gañador no 2009 do Certamen Nacional de Interpretación intercentros; Adrián Pais Abuín, estudante do Conservatori Superior de Música de les Illes Baleares; ou de Rocío Hermida Santiago, a primeira saxofonista galega en obter unha praza para continuar estudos no Conservatorio Nacional da Rexión de Burdeos, un dos máis prestixiosos de Europa. 

O acto de presentación rematou cunha pequena actuación por parte de seis dos 18 integrantes da Aula.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: izouse a bandeira azul na praia da Lombiña-Cabío

A Pobra do Caramiñal, 8 de xullo de 2010. Un dos areais máis emblemáticos deste concello, o de Lombiña-Cabío, xa conta coa bandeira azul que lle foi concedida este ano, a primeiros de xuño. Estiveron presentes na cerimonia de izamento, entre outras autoridades, o director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón Millán, xunto co alcalde, Isaac Maceiras e o concelleiro responsable de Praias, Andrés Millán, xunto coa concelleira de Turismo, Encarna González. Acompañáronos o colectivo de socorristas e persoal do concello.


Relacionada:


Bandeiras azuis: Listado das praias con ela nesta provincia 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo e Boiro: Aquele día que recebí carta de Castelao, por J.L. Pico Orjais

Boiro, porque o persoeiro aludido xunto con Castelao (Rianxo) é Ramón Fernández Mato (xornalista nado en Cespón).
O artigo completo en http://ilhadeorjais.blogspot.com/2010/07/n-86-aquele-dia-que-recebi-carta-de....

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical