14.2.11

Ribeira: Novas Xeracións fixo entrega dos libros Infantis que doaron os ribeirenses para "Aldeas Infantiles"

Na imaxe, Manuel Ruiz, Javier Dorado, Asier Casais, Angel Maneiro, Herminia Dios e David Fernández, no Pazo de Congresos de Santiago
      
Ribeira, 14 de febreiro de 2011.Novas Xeracións de Ribeira fixo a entrega dos Libros que os veciños da Centenaria doaron a pasada semana como obxectivo solidario. "Cada vez que unha ONG pide colaboración, Novas Xeracións de Riveira está presente e agradece sinceramente aos numerosos cidadáns que aportaron ledicia para os nenos

máis necesitados. Gústanos saber que un libro vai traer un sorriso dun cativo, e iso é o principal para levar a sociedade a unha colaboración solidaria", explicaron dende esta formación política.

Dende Santiago, na convención do PPdeG da pasada fin de semana, "agradeceuse a Ribeira as súas multiples colaboracións e puxéronnos de exemplo en varias  intervencións: resaltou a do Presidente de Novas Xeracións de Galicia, Javier Dorado,
que animou a todos os municipios  a seguir con iniciativas que se promoven dende
os máis xóvenes da cidade de Riveira", dixeron os de Novas Xeracións, quen tamén salientaron que a organización vai facer varios actos nas próximas datas nesta cidade.

Por parte do equipo local agradecen aos que colaboran coas súas actividades e iniciativas, "querendo reflectir que estamos abertos a todos os mozos de Barbanza, sen ideoloxías pechadas e con obxetivos claros. As ideas fórmanse coa  participación de todos, somos un exemplo de cidade para Galicia, somos un exemplo de xóvenes para os demáis municipios", conclúen.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: o Psoe organiza unha charla sobre medicamentos xenéricos o mércores 16 de febreiro

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical