25.6.12

Ribeira: no Ateneo, este venres 29, "Os nomes de aquí e de acolá" e o sábado 30, charla sobre Howard Carter

Toponimia_ateneo
Howard_carter_ateneo

Luis González é un experto no Antigo Exipto que colabora en varias radios

Tamén en Ribeira:


Venres 29 de xuño: preséntase libro madridista de Manuel Jabois

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Barbanza: "Stop Desahucios" apoia aos afectados pola estafa das preferentes

Media_httpfarm9static_nssgj

Varios integrantes deste colectivo o día da súa constitución en Barbanza

Barbanza, 25 de xuño de 2012. Os membros da Plataforma de STOP DESAHUCIOS da comarca do Barbanza manifesta, publicamente, "a nosa total solidaridade e apoio ás xustas reivindicacións dos tres millóns de pequenos aforradores, en España, aos máis de 100.000 en todo Galicia e centos deles nesta bisbarra de Barbanza, afectados polos enganos da banca como consecuencia das participacións preferentes e outros produtos tóxicos comercializados polas entidades financieiras durante os últimos anos".

 

A desproteción dos afectados, polo silencio dos principais partidos políticos,  preocupados por non poder recuperar o seu diñeiro por culpa do “corralito” das participacións preferentes está levando a moitos miles de familias humildes á desesperación e a unhas situacións de ansiedade permanentes, explican os integrantes desta plataforma, constituída recentemente na nosa comarca como mediadora para evitar máis desaloxos indignos de familias debidos á crise financieira.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este venres 29 de xuño preséntase "Compromiso X Galicia"

Barbanza: o macropolígono empresarial leva unha parálise de tres anos, denuncia o Psoe

  • O deputado socialista José Manuel Lage rexistrou hoxe unha proposición non de lei no parlamento de Galicia
  • Propón que se desbloquee o proxecto e se favoreza "o investimento nesta comarca, pois recordo que o goberno galego ten paralizado este parque dende hai máis de tres anos"
  • Lage Tuñas insta ao goberno galego “a retomar, de forma urxente, a tramitación do proxecto do Parque Empresarial do Baranza (sito nos concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal), procedendo á finalización da tramitación administrativa nun prazo inferior a tres meses, posibilitando deste xeito o comezo dos traballos de execución durante o ano 2012.”


Ribeira, 25 de xuño de 2012.O deputado e portavoz da área institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage afirmou hoxe en Ribeira que “fai máis de tres anos que o Sr. Núñez Feijóo tomou posesión como Presidente da Xunta de Galicia e dende ese momento ata o día de hoxe, os cidadáns da bisbarra do Barbanza poden comprobar como en todo este tempo o goberno galego non executou o proxecto do macropolígono comarcal”.

O deputado socialista José Manuel Lage rexistrou hoxe unha proposición non de lei no parlamento de Galicia co obxecto de impulsar este parque empresarial.

O parlamentario socialista recordou que “este proxecto contemplaba un investimento total que estaba previsto nesta actuación por parte do anterior goberno galego era de 32.062.224 euros, dos que máis de 27 millóns se adicarian á urbanización e 4,1 millóns empregararianse na adquisición de terreos.”

“Lembremos que o proxecto do Parque Empresarial da Barbanza ía desenvolverse sobre unha superficie total de 1.008.928 metros cadrados. Da superficie total, 541.520 metros cadrados serian de uso empresarial e industrial, 311.824 metros cadrados para espazos libres, 124.198 metros cadrados para a rede viaria e 31.386 metros cadrados para equipamentos.

Lage Tuñas explicou que “o citado proxecto incluía tamén a dotación de naves modulares para os pequenos empresarios que quixeran instalarse co obxectivo de dar resposta ás súas necesidades de solo produtivo, podendo optar a través dun prezo e unhas condicións óptimas.”

O deputado do PSdeG instou hoxe ao goberno galego “a retomar, de forma urxente, a tramitación do proxecto do Parque Empresarial do Baranza (sito nos concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal), procedendo á finalización da tramitación administrativa nun prazo inferior a tres meses, posibilitando deste xeito o comezo dos traballos de execución durante o ano 2012.”

Cabe recordar que a Xunta de Galicia adxudicara en outubro do 2008, por 59.392 €, a redacción do proxecto de expropiación dos terreos necesarios para o desenvolvemento do Parque Empresarial do Barbanza.”

O deputado do PSdeG-PSOE tira de hemeroteca para apuntar que “o Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio, Agustín Hernández aseguraba o pasado 28 de marzo de 2011 que no prazo dun mes o consello da Xunta aprobaría a execución do proxecto do macropolígono comarcal do Barbanza. Pasou máis dun ano dende aquel anuncio en pre-campañas (eleccións municipais 2011) e non moveren un só papel”.

Tamén, en Ribeira:


Venres 29 de xuño: preséntase libro madridista de Manuel Jabois


Traslatio: sae o 7 de xullo do peirao de Ribeira


Sensibilización: "Panos brancos contra a droga" implicou á mocidade


Denuncia: verteduras na praia da Ameixida


Abesadas: xa hai novo trazado viario. Ollo!




Lage_tuas-pleno_do_parlamento-

84794-PNP Execución urxente parque empresarial do Barbanza.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a rúa Galicia foi de novo tomada por pandeiretas, desta volta da man da sociedade "Hijos de Palmeira"

Ribeira, 25 de xuño de 2012. Os viandantes que este mediodía circulaban pola rúa peonil de Galicia no centro de Santa Uxía atopáronse con algo máis de animación do que é habitual os luns pola mañá, grazas ao grupo de pandereteiras O Rueiro, pertencente á Sociedad Hijos de Palmeira da referida parroquia.

A decena de persoas que compoñen esta formación, que está dirixida por Conchita Blanco, fixeron as delicias de todos os transeúntes cunha actuación musical que constitúe unha aportación da Sociedad ao programa do Xuño da Cultura e as Artes.

Esta institución que preside Manuel Emilio Pérez Outeiral pretende seguir potenciando e incentivando a aprendizaxe musical entre os seus socios, ofertando outros novos cursos formativos nas disciplinas de gaitas e percusión.

O pasado sábado, na mesma rúa:


Sanxoandeirada interxeneracional: así foi

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: resultados das finais da Copa do Concello de Ribeira en cadete e xuvenil

 

S. D. XUVENTU AGUIÑO “B”: SANTY, JORGE, DAVID, PABLO, GUDE (M. 53 MARIO), JUANJO (M. 41 FRAN), MANUEL, ALEX, JOSE, FERNANDO  y CARLOS.

S. D. XUVENTU AGUIÑO “A”: BORJA, JOSE ANTONIO, FRANCISCO, GUSTAVO, AITOR, DANI, ALEX, MARCOS, CRISTIAN, LALO y ADRI.

ARBITROS: VICENTE FIEL. SEN PROBLEMAS. EXPULSOU A FRANCISCO NO M.64.

GOLES:

Min. 07: 0-1 – LALO

Min. 21: 1-1 – JOSE

Min. 37: 1-2 – ALEX DE CORNER DIRECTO (GOL OLIMPICO)

Min. 52: 1-3 – ADRI AL TRANSFORMAR UN PENALTY

Min. 68: 2-3 – SANTY

Min. 71: 2-4 - CRISTIAN

 

O S. D. XUVENTU AGUIÑO “B” XOGOU MELLOR QUE O CAMPIÓN, COMBINOU MELLOR, TIVO MÁIS POSESION E CREOU VARIAS OCASIÓNS DE GOL, PERO A FORTUNA LLES FOI ESQUIVA E COMETERON TRES GRAVES ERRORES DEFENSIVOS QUE LLES COSTARON OUTROS TANTOS GOLES ANTE UN AGUIÑO “A” QUE TIROU DE OFICIO E DISCIPLINA E FIXO VALER A SÍA PEGADA E PODERIO FISICO.

 

 

FINAL DA  COPA DO CONCELLO XUVENIL

 

S. D. XUVENTU AGUIÑO “A”: MIGUEL, BRAIS, MARTIN, DIEGO,  MANUEL, VIDAL, JOSE ANGEL, POZAS (M. 76 SERGIO), AGUADO (M. 76 TAIBO), JOSE (M. 61 DANIEL) y CARLOS. 

ATLETICO OLEIROS: JUAN, SANTY, RUBEN (M. 55 FRANCISCO), BRION, SERA, SERAFIN, BRAIS, BAAMONDE (M. 65 JOSE MANUEL), ERIC, NACHO  y  ROBERTO.

ARBITROS: PIÑEIRO PROL con BLANCO DIOS E FIGUEIRA LAGO. SEN PROBLEMAS.

GOLES:

Min. 11: 1-0 – CARLOS

O PARTIDO FOI MOU IGUALADO CON DOMINIO ALTERNO E UNHA GRAN BATALLA NO MEDIO CAMPO, CON POUCAS PERO CLARAS OCASIÓNS DE GOL PARA AMBOS BANDOS E MARCADA POLO MADRUGADOR GOL DE CARLOS QUE IMPIDEDIU AOS OLEIRENSES TOMARSE A REVANCHA DA FINAL DO CURSO PASADO.

 

O CONCELLEIRO DE DEPORTES JUAN LUIS MARTINEZ QUEIRUGA PRESIDIU AMBAS FINAIS E FIXO A ENTREGA DE TROFEOS EN COMPAÑÍA DOS PRESIDENTES DOS CLUBS FINALISTAS.

 

RESUMO POR CATEGORÍAS

 

CATEGORIA

Nº EQUIP. PART.

PART. JUG.

CAMPION

SUB-CAMPION

AFICIONADOS

           8

       7

ATLETICO DE RIVEIRA

SALVORA C. F.

XUVENÍS

           8

       7

S. D. XUVENTU AGUIÑO “A”

ATLETICO OLEIROS

CADETES              CADETES

           8

       7

S. D. XUVENTU AGUIÑO “A”

S. D. XUVENTU AGUIÑO “B”

INFANTÍS

           8

       7

S. D. XUVENTU AGUIÑO “A”

SALVORA C. F.

ALEVIN F/7

           8

     15

S. D. XUVENTU AGUIÑO “B”

CROCHA BALOMPE C. F.

BENXAMIN F/7

           8

     15

SALVORA C. F. “A”

ATLETICO DE RIVEIRA

PRE-BENXAMIN F/8

           8

     15

CARREIRA C. F.

S. D. XUVENTU AGUIÑO

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Psoe denuncia verteduras na praia da Ameixida

Ribeira, 25 de xuño de 2012. O Psoe de Ribeira denunciou esta fin de semana unhas verteduras na praia da Ameixida. Tiveron coñecemento delas a través dunha denuncia dos veciños deste areal. As verteduras, aparentemente de augas residuais, van directamente á praia, coas lóxicas molestias dos bañistas que fan uso deste espazo de lecer.

O PS-de-G de Ribeira sinala que nos últimos días "observamos satisfacción no alcalde, o señor Ruiz Rivas, que no nome do Concello de Ribeira recibiu o maior número de bandeiras azuis da bisbarra do Barbanza, pero desgrazadamente, feitos como o denunciado nesta praia veñen escurecer tal merecemento, pois amosa unha clara deixadez no mantemento das nosas praias en pleno inicio da tempada estival".
Os socialistas instan ao alcalde a que arranxe "coa maior dilixencia e brevidade posible" estas verteduras incontroladas que se observan con nitidez nas imaxes adxuntas que fixeron os da agrupación local socialista ribeirense.






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: xa está en vigor o novo trazado circulatorio de Abesadas

  •  Supón que varias rúas deste barrio sexan de sentido único
  • A rúa Estatuto é unha das máis afectadas

 


 

Ribeira, 25 de xuño de 2012.- Unha vez rematados os labores de pintado das sinais horizontais na calzada, o Concello de Riveira informa de que onte domingo 24 pola mañá xa se activaron os cambios establecidos na ordenación do tráfico no barrio de Abesadas, co obxectivo de promover unha circulación de vehículos máis fluída ao tempo que dotar de máis seguridade aos peóns.

 

Entón, algunhas das rúas do barrio convértense dende mañá en vías de sentido único: Xohana Torres e Carlos Casares, ademais de Clara Campoamor que xa o era con antelación.

 

Rúa Estatuto

Por outra parte, un dos cambios máis significativos é o que afecta á rúa Estatuto, que unicamente conserva o dobre carril no tramo máis próximo á rotonda da serea, mentres que o que está pegado ao colexio Galaxia só admitirá un único sentido, en dirección ao parque de Abesadas.

 

Manteñen o dobre sentido a rúa Abesadas, a Xosé Ramón Barreiro e a avenida da Constitución: nesta última, a excepción do tramo de entrada dende Miguel Rodríguez Bautista, que xa ten unha única dirección na actualidade.






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: así foi a "SanXoandeirada" interxeneracional

Ribeira, 25 de xuño de 2012.- A rúa peonil de Galicia encheuse o sábado pasado de música e animación coa pandeiretada interxeneracional que, baixo nome de Sanxoandeirada, fixo as delicias dos numerosos participantes e transeúntes que se deixaron levar pola diversión en vésperas da noite máis curta do ano.

Enmarcada no Xuño da Cultura e as Artes, a actividade estivo promovida polo Concello de Ribeira a través do Departamento de Servizos Sociais e polo Obradoiro de Pandeireta do Colexio Bayón, coa colaboración das asociacións Alfaia e Amas de Casa.

Multitude de pandeireteiros e pandeireiteras de distintas idades implicáronse na celebración, que se iniciou coa súa concentración arredor dun maio, “Aras das herbas”. Alí interpretaranse distintas pezas para logo ir en pasa rúas ata o cruceiro da Virxe da Saúde e facer uns bailes ao agarrado con pezas de música tradicional.

Acto seguido achegáronse ata a chamada Fonte do Rueiro para coller auga da sétima fonte co obxecto de incorporalo ao rito de elaboración do cacho (auga de San Xoán), que se fixo de seguido na rúa peonil xunto á “Ara das Herbas”. No rito incluíuse as “Palabras de San Xoán retorneadas” para ceibarse do demo, explicación dos poderes máxicos de cada unha das herbas que conforman o cacho e distribuíronse distintos motivos de escorrenta bruxas e escorrenta demos, así como bolsas de herbas para os participantes.
 
Todo na compaña de música tradicional, da participación dos pandereiteiros e pandereiteiras e de veciños e veciñas en festa que se involucraron nunha celebración que durou ata máis aló da unha da tarde, con cantigas e bailes populares de modo informal e participativo.

Durante a actividade distribuíuse tamén o “grimorio” “Sanxoandeirada” coa apartación de veciñas participantes no Obradoiro da Memoria coas súas lembranzas de ritos e ditos do San Xoán, así como outros textos relativos as tradicións e maxias e feitizos ao redor de tan sinalada data.
 

As asociacións e entidades que  participaron foron:

 

      Grupo de pandeireteiras do obradoiro da 3ª idade do Concello de Ribeira.

      Alumnos/as das clases de pandeireta do Colexio Bayón.

      Alumnos/as dos obradoiros de pandeireta da Asociación de Amas de Casa.

      Artistas ornamentais da Asociación Alfaia.

      Integrantes do Programa de Voluntariado Social.

      Equipo Técnico do Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Ribeira.

O Grupo de gaitas tradicional Os Jalochos  acompañou e interpretou tamén distintas pezas.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: nova excursión de "Amodiño" e clausura do curso de informática para maiores de 50

Dodro, 25 de xuño de 2012. Os dependentes de Dodro e os seus coidadores disfrutaron dunha nova excursión dentro do programa "Amodiño Dodro". Nesta ocasión visitaron a cidade de Vigo onde na praia de Samil realizaron exercicios dirixidos polo monitor deportivo do Concello, visitaron a cidade cun recorrido turístico no autobús e disfrutaron das vistas dende O Castro.

Despois realizaron un paseo en catamarán ata Cangas onde xantaron, para logo realizar unha visita guiada ao Museo Massó en Bueu. De regreso a Dodro deron un paseo por Marín.

Na excursión estiveron acompañados por 6 persoas-monitores que lles axudaron en todo momento para que se sentiran máis cómodos e lles resultaran máis fáciles os accesos.

A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade  de Dodro valora moi positivamente este programa pioneiro que se puxo en marcha en setembro de 2011 para persoas dependentes, con EVO,  problemas de mobilidade e os seus acompañantes, e que está tendo unha alta participación e acollemento entre os usuarios dende que se puxo en marcha.

Clausurado curso de informática

Por outra banda, o alcalde Valentin Alfonsín clausurou esta semana pasada o segundo dos cursos de Informática para maiores de 50 anos organizados pola Concellería de Servizos Sociais e Igualdade.

Aos 12 alumnos que remataron satisfactoriamente o curso recibiron cadanseu diploma acreditativo.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: "O tendedeiro", de Serafín Marcos, dará vida ao Cantón na mañá do domingo 1 de xullo


Noia, 25 de xuño de 2012. A obra “O Tendedeiro”, unha instalación de Serafín Marcos que se levará a cabo mediante un happening, no que poden participar todas as persoas que o desexen, terá lugar o domingo 1 de xullo na Praza do Cantón de Noia de 9:00  a 15:00 h.


“ o tendedeiro”

A praza convértese nun tendedeiro público. Rúas vivas coas tarefas cotiáns, nas que participan os veciños activa  e pasivamente. Traen a roupa para colgala a secar e gozan da estética dun feito cotián desterrado das rúas. As tarefas de cotío como elemento de socialización. unha obra social feita polos veciños cos elementos persoais máis íntimos e con aqueles cos que se presentan á sociedade e que falan da súa personalidade.

Esta obra fala de franqueza, sinceridade, acollemento, confianza. Fala de compartir, de recibir coa porta aberta.

argumento

“Unha atarefada comunidade de veciños engalana as rúas para recibirnos. Sen tempo para o ocio, faino coa labor diaria de tender a roupa a secar. Nun acto de franqueza e sinceridade, coas súas propias roupas móstranse tal e como son exterior e internamente, expoñendo a súa cara máis visible coa roupa externa, e o seu interior coa roupa máis íntima.

Converten en ledicia o tedio da tarefa diaria e apenas chegamos, e sen vernos, xa nos coñecemos.

Unha obra de xente cercana disposta a compartir.”


Pode que tamén lle interese:






Cartel_de_o_tendedeiro

sobre a obra.docx Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o sábado 30, "Galego de cine" e concerto a prol dos refuxiados saharauis

Cartel_concerto_axuda_ao_sahar

  • GALEGO DE CINE: obradoiro e visionado de curtas de animación en galego. Inscrición no obradoiro (nenos e nenas de 6 a 12 anos) ata o 29 de xuño no Auditorio e visionado de curtas aberto a todo o público a partir das 18.00 h aproximadamente.
  • DÍA: bado 30 de xuño
  • HORA: 17.00-20.00 h
  • LUGAR:  Praza Castelao

  • BAIXO O MESMO CEO - CONCERTO PRO REFUXIADOS SAHARAUIS: coas actuacións dos grupos Verdegaio e Orquestra Os Modernos enmarcado no Programa de acollida temporal de nenos e nenas saharauis. Vacacións en Paz
    • DÍA: bado 30 de xuño
    • HORA: 21.00 h
    • LUGAR:  Campo de Arriba-Rianxo
    Pode que tamén lle interese:



    Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

    Boiro: "Caixón Desastre", de Candiño, no Centro Social de Cabo de Cruz dende o sábado 30 de xuño

    • Trátase dunha colección fotográfica do artista Miguel A Triñanes Fernández, alias "Candiño"
    • Inaugúrase o sábado 30 de xuño ás 19:30 no centro social de Cabo de Cruz
    • Estará exposta todo o mes de xullo deste verán de 2012
                       

    Programa de man Candiño de Caixón Desastre-A.pdf Download this file

    Carteleira Candiño de Caixón Desastre 12 Inauguración - A.pdf Download this file

    1.- Invit. inauguración Candiño 27 06 12.doc Download this file

    Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

    Twitter

    Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical