- Supón que varias rúas deste barrio sexan de sentido único
- A rúa Estatuto é unha das máis afectadas
Ribeira, 25 de xuño de 2012.- Unha vez rematados os labores de pintado das sinais horizontais na calzada, o Concello de Riveira informa de que onte domingo 24 pola mañá xa se activaron os cambios establecidos na ordenación do tráfico no barrio de Abesadas, co obxectivo de promover unha circulación de vehículos máis fluída ao tempo que dotar de máis seguridade aos peóns.
Entón, algunhas das rúas do barrio convértense dende mañá en vías de sentido único: Xohana Torres e Carlos Casares, ademais de Clara Campoamor que xa o era con antelación.
Rúa Estatuto
Por outra parte, un dos cambios máis significativos é o que afecta á rúa Estatuto, que unicamente conservará o dobre carril no tramo máis próximo á rotonda da serea, mentres que o que está pegado ao colexio Galaxia só admitirá un único sentido, en dirección ao parque de Abesadas.
Manteñen o dobre sentido a rúa Abesadas, a Xosé Ramón Barreiro e a avenida da Constitución: nesta última, a excepción do tramo de entrada dende Miguel Rodríguez Bautista, que xa ten unha única dirección na actualidade.
Ribeira: así foi a "SanXoandeirada" interxeneracional post.ly/7xuhw
— Certo (@Certo) June 25, 2012
Ribeira: "Panos brancos contra a droga" programou rap, grafitti e breakdance para concienciar á mocidade post.ly/7xuZB
— Certo (@Certo) June 25, 2012
Ribeira: Verdegaia alega contra a ordenanza de convivencia por "innecesaria, ilegal e inxusta" post.ly/7xrtJ Imitando Vilagarcía?
— Certo (@Certo) June 25, 2012
Amijas e amijos! Reservade o voso DVD xa en heredeirosdacrus.com! Para o fin de semana xa estará á venda
— Heredeiros da Crus (@HDC20anos) June 25, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario