5.12.12

Boiro: o Centro Arqueolóxico do Barbanza alcanza a categoría de "colección visitable"

  • A Consellería de Cultura e Educación considera que a catalogación deste centro como colección visitable contribuirá á recuperación, investigación e difusión do patrimonio cultural dos Castros de Neixón
  • Inda que a Xunta diga que está todo xenial, ao longo destes anos a xestión deste centro arqueolóxico deixou moito que desexar e a implicación dos políticos, de tódalas cores, tamén

Media_httpfarm4static_gzjwc

Media_httpfarm4static_jgwan


Boiro, 5 de decembro de 2012. O Consello da Xunta acaba de recoñecer, autorizar e cualificar como colección visitable o Centro Arqueolóxico do Barbanza, no concello de Boiro. Este recoñecemento garante, disque, a difusión e posta en valor do patrimonio arqueolóxico dos Castros de Neixón, tanto das ruínas arqueolóxicas como dunha parte representativa dos bens patrimoniais exhumados nas campañas de escavación levadas a cabo nos últimos anos.
 


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria cataloga este centro como colección visitable para recuperar, estudar, investigar e difundir o patrimonio cultural relacionado cos Castros de Neixón. Este centro posibilita que os restos atopados no xacemento se custodien e se expoñan de xeito ordenado para coñecer e reconstruír amplamente o modo de vida da sociedade castrexa. A través deste espazo móstranse os diversos aspectos relacionados coas xentes que habitaron os asentamentos fortificados próximos e coas súas actividades máis salientables.  

O Centro Arqueolóxico do Barbanza vén demostrando -sempre segundo a Xunta- ao longo da última década a súa capacidade para a organización de actividades de difusión, reunións científicas de carácter internacional, publicacións diversas, investigacións, exposicións temporais etc., propias dun centro museístico. Este centro posúe recursos para o tratamento técnico científico dos fondos, conta con fondos bibliográficos de apoio á catalogación, permite o acceso a diferentes investigadores e dispón dunha colección de fondos arqueolóxicos estimada polo momento en 15.000 pezas.


Os Castros de Neixón (San Vicenzo de Cespón, Boiro), en canto conxunto de
asentamentos fortificados pertencentes ao mundo castrexo, están declarados Ben de Interese Cultural.

Media_httpfarm6static_vdmtb

Este cartel está errado, como se explica aquí

Referente da cultura castrexa
O Centro Arqueolóxico do Barbanza comeza a funcionar a finais de 2002 como un centro de titularidade pública dependente do Departamento de Cultura e Patrimonio do Concello de Boiro que asume a súa xestión e financiamento. No plano arqueolóxico o centro está estreitamente vinculado ao complexo arqueolóxico de Neixón. Nestes asentamentos fortificados da Idade do Ferro desenvolvéronse dende comezos do século XX ata a actualidade importantes campañas arqueolóxicas que o converten nun dos referentes para a investigación arqueolóxica da cultura castrexa. Esta institución introduce o visitante nas diversas manifestacións culturais da prehistoria recente da península do Barbanza, como son o megalitismo, a arte rupestre e a cultura
castrexa. Asemade, este centro contribuirá á difusión e posta en valor do patrimonio arqueolóxico dos castros de Neixón, tanto das ruínas arqueolóxicas como dunha parte representativa dos bens patrimoniais exhumados nas campañas de escavación levadas a cabo nos últimos anos. O discurso expositivo deste Centro ofrece, agrupados en oito unidades temáticas, un
achegamento á sociedade que habitou o sitio arqueolóxico entre mediados do primeiro milenio a.C. e os séculos III-IV d.C., salientando aspectos derivados da elaboración artesanal, aproveitamento dos recursos naturais, comercio, organización social, etc. Esta explicación complétase coa exhibición dos obxectos orixinais máis representativos procedentes das escavacións  arqueolóxicas levadas a cabo no xacemento.

Non é ouro todo o que reloce

Para a Xunta de Galicia, segundo a súa nota de prensa, é todo marabilloso. Mais en Certo temos como colaborador a un dos arqueólogos que estivo de director das escavacións de Neixón durante uns cantos anos e a xestión dese centro deixa bastante que desexar.

Só teñen que ler esta serie de artigos:

 


VI Encontros Arqueolóxicos do Barbanza:
Arqueoloxía para darlle de comer á parte: Un círculo de autoenganos

 

Neixón: A nosa torre IV


Neixón: A nosa torre V
(Bienvenido Mr. Marshall)


A todo marrao lle chega o seu San Martiño


Lóxica do bochorno (réplica a unha información sobre escavacións en Neixón)

 

J'Accuse (Eu acuso) (sobre as obras de ampliación do CAB, abril 2010)

 


 Porca miseria (Caciquismo e arqueoloxía)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o municipio vai preparando as vindeiras festas do Nadal coa colocación do belén en Outeiro Goyanes

  • En Aguiño porán outro este venres 7, á unha da tarde
  • O sábado 8 de decembro acenderanse as luces de Nadal na cidade

Media_httpfarm9static_zifyh

Ribeira, 5 de decembro de 2012.- O tradicional belén característico desta época navideña xa loce en Santa Uxía. Como é usual nestes últimos anos, está situado na praza de Outeiro Goyanes, fronte á igrexa parroquial, e consta de máis de 600 pezas, ocupando unha extensión aproximada de 30 metros cadrados. Usuarios da UAD e xardineiros municipais foron os encargados de artellar o nacemento, que permanecerá ata a conclusión das festas.

Nacemento en Aguiño e árbore en Palmeira

Cabe informar tamén de que o vindeiro venres, ás 13 horas, descubrirase un segundo belén na parroquia de Aguiño; e que o sábado pola tarde é a data escollida para acender a árbore e as luces de Nadal da cidade.

Como novidade, hai que salientar igualmente que ese mesmo día se prenderán as luces e outra árbore navideña na parroquia de Palmeira.

Dispositivo de vixilancia

Por último, cómpre dicir que no transcurso das festas Policía Local e Policía Nacional establecerán un dispositivo conxunto de vixilancia que velará pola seguridade dos veciños na cidade, especialmente en rúas peonís e outras zonas comerciais que nestas datas teñen unha grande afluencia.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este xoves, 6 de decembro, equipos de toda a comarca no I Torneo Cáritas Parroquial en Aguiño

  • Trátase dunha xornada benéfica a prol de Cáritas Parroquial de Aguiño
  • No campo municipal da Tasca
  • Entrada: Rifas a 1 euro, que entran nos distintos sorteos a realizar (bolsos, camisetas, sudaderas, conservas, etc. (doados polas entidades colaboradoras), e que se farán durante toda a xornada, cun intervalo de 45-60 minutos

Aguino

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Emprendendedores: catro negocios de Boiro, outros tantos de Rianxo e dous de Ribeira, entre os proxectos que promociona Arousa Norte

  • Nin un só de A Pobra do Caramiñal, o cuarto municipio que forma parte desta mancomunidade turística
  • Estes dez negocios van ser publicitados e explicados nos diversos perfís en redes sociais que mantén Arousa Norte

Media_httpfarm9static_drvua

Barbanza, 5 de decembro de 2012.- As instalacións anexas á biblioteca municipal de Ribeira serviron de escenario para a presentación pública das dez experiencias empresariais seleccionadas no proxecto “Novos emprendedores de Arousa Norte”. Trátase dunha iniciativa posta en marcha pola mancomunidade cunha dobre intención: por unha banda, promocionar o emprendemento e a creación de empresas como alternativa laboral e, por outra, servir de plataforma de lanzamento comercial dos proxectos destes novos emprendedores que puxeron en marcha as súas ideas de negocio dende os municipios de Arousa Norte.

Media_httpfarm9static_jiysr

Este segundo obxectivo materialízase, segundo tivo oportunidade de explicar o presidente de turno da mancomunidade, Manuel Ruiz, na creación dun vídeo no que os dez emprendedores explican a súa idea de negocio, exhiben as súas instalacións e amosan os produtos ou servizos que ofrecen. A mancomunidade encargarase de dar publicidade a este vídeo en redes sociais como facebook, twiter e en medios coma youtube, no blog de emprego da propia mancomunidade, en webs de promoción do emprendemento e nos medios de comunicación.

O acto celebrado hoxe, no que ademais de Manuel Ruiz participou a axente de emprego e desenvolvemento local da mancomunidade, Ana Agrelo, serviu ademais para facer entrega dun certificado de recoñecemento e dun selo acreditativo que os emprendedores poderán usar en todos os seus documentos.

RELACIÓN DE NOVOS EMPRENDEDORES SELECCIONADOS:

  1. RSBIKE S.C (Boiro)
  2. BIOTERMIC COMERCIAL E SERVIZOS S.L (Boiro)
  3. DVENTUM (Boiro)
  4. EL ATELIER DE BENI (Rianxo)
  5. MARA HOSTELERÍA S.C (Rianxo)
  6. ALFORO CONSULTORES PERICIALES (Rianxo)
  7. ITE AROUSA (Riveira)
  8. CASIOPEA CENTRO INTEGRAL DE TERAPIAS (Palmeira, Riveira)
  9. SOLDESINHOS (Rianxo).
  10. LEILÍA (Boiro)

Características de cada negocio:

Dossier_Novos_Emprendedores.doc Download this file
https://twitter.com/Certo/status/276282662992351233



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: o Nadal cultural concentra as actividades o 26 e 27 de decembro e o 2 e 3 de xaneiro

Ribeira: adxudicada a Aldasa o saneamento de Reiriz e Olveira de Arriba

  • O Concello tamén informou dos 77.000 euros que se están a investir na rede de saneamento, auga potable e pluviais na Revolta, na parroquia de Castiñeiras

Media_httpfarm9static_gzlhk

Zona de Reiriz na que se vai actuar

Ribeira, 5 de decembro de 2012.- A xunta de goberno local do Concello adxudicou á empresa C. Aldasa, S.L.U., a actuación consistente na instalación de saneamento e pluviais nos lugares de Olveira de Arriba e Reiriz, ambos situados na parroquia de Olveira. Houbera 68 ofertas presentadas á licitación. A actuación foi adxudicada por un prezo final de 281.747,34 euros e un prazo de execución de 61 naturais. A día de hoxe, os dous núcleos citados carecen de rede de saneamento e pluviais, existindo unicamente algún tramo de cuneta destinado a canalizar as augas superficiais.

Media_httpfarm9static_dedjd

Zona de Olveira de Arriba

Técnicos municipais elaboraron un proxecto co obxectivo de instalar unha rede de saneamento que ofreza servizo aos veciños de ambas zonas, e que consistirá na colocación de dúas tubaxes (unha de 1.119 metros e outra de 164) de PVC compacto, dispoñéndose 43 pozos a 1,70 metros de profundidade e outros 13 a 2,90 metros. A través dos colectores indicados conduciranse as augas fecais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará un bombeo no que se instalarán dúas bombas somerxidas. Dende aí, as augas impulsaranse a través dunha tubaxe de polietileno de alta densidade ata a súa conexión á rede xeral.

Tamén se prevé a instalación dunha rede de pluviais a través de dúas tubaxes de 371 e 177 metros de PVC corrugado. Disporanse 26 pozos a 1,70 metros de profundidade, 17 arquetas sumidouro e unha canaleta con reixa de 37 metros.

Pavimentación

No que se refire á pavimentación, se empregarán diversos materiais en función da zona. Así, no núcleo de Olveira de Arriba e nunha parte do núcleo de Reiriz se colocará adoquín rústico de dimensións 20x10x6 centímetros; mentres que en diversos ramais de Reiriz se pavimentará con formigón armado. A actuación está adscrita ao canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo de augas.

Saneamento na Revolta, en Castiñeiras

Media_httpfarm9static_bouac

O Concello informa da adxudicación dunha nova actuación dirixida á instalación de rede de auga potable, saneamento e pluviais en A Revolta, lugar situado na parroquia de Castiñeiras. A empresa Excavaciones Nima, S.L., será a encargada de executar a obra, que ten un importe de 76.856,92 euros. O prazo de execución de 3 meses.

Actualmente na zona obxecto de actuación non existen servizos de auga potable, saneamento e pluviais.  Co obxecto de subsanar esta carencia, o Concello dispuxo unha actuación que inclúe, no que respecta ao abastecemento de auga potable, a colocación de 300 metros de tubaxe de polietileno de alta densidade, cun diámetro de 75 milímetro. Polo que respecta ao saneamento, instalaranse 226 metros de PVC compacto de 315 milímetros de diámetro e 49 metros de tubaxe de polietileno de alta densidade de 90 milímetros.

En canto a pluviais, empregarase unha tubaxe de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro e 115 metros de lonxitude. Instalaranse 8 arquetas sumidoiro e cinco pozos de rexistro. Todas as canalizacións irán soterradas en gabia. O pavimento afectado será reposto cunha mestura bituminosa tipo D-12.

A actuación adscríbese ao canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo de augas.

Pode que tamén lle interese:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical