- Nin un só de A Pobra do Caramiñal, o cuarto municipio que forma parte desta mancomunidade turística
- Estes dez negocios van ser publicitados e explicados nos diversos perfís en redes sociais que mantén Arousa Norte
Barbanza, 5 de decembro de 2012.- As instalacións anexas á biblioteca municipal de Ribeira serviron de escenario para a presentación pública das dez experiencias empresariais seleccionadas no proxecto “Novos emprendedores de Arousa Norte”. Trátase dunha iniciativa posta en marcha pola mancomunidade cunha dobre intención: por unha banda, promocionar o emprendemento e a creación de empresas como alternativa laboral e, por outra, servir de plataforma de lanzamento comercial dos proxectos destes novos emprendedores que puxeron en marcha as súas ideas de negocio dende os municipios de Arousa Norte.
Este segundo obxectivo materialízase, segundo tivo oportunidade de explicar o presidente de turno da mancomunidade, Manuel Ruiz, na creación dun vídeo no que os dez emprendedores explican a súa idea de negocio, exhiben as súas instalacións e amosan os produtos ou servizos que ofrecen. A mancomunidade encargarase de dar publicidade a este vídeo en redes sociais como facebook, twiter e en medios coma youtube, no blog de emprego da propia mancomunidade, en webs de promoción do emprendemento e nos medios de comunicación.
O acto celebrado hoxe, no que ademais de Manuel Ruiz participou a axente de emprego e desenvolvemento local da mancomunidade, Ana Agrelo, serviu ademais para facer entrega dun certificado de recoñecemento e dun selo acreditativo que os emprendedores poderán usar en todos os seus documentos.
RELACIÓN DE NOVOS EMPRENDEDORES SELECCIONADOS:
- RSBIKE S.C (Boiro)
- BIOTERMIC COMERCIAL E SERVIZOS S.L (Boiro)
- DVENTUM (Boiro)
- EL ATELIER DE BENI (Rianxo)
- MARA HOSTELERÍA S.C (Rianxo)
- ALFORO CONSULTORES PERICIALES (Rianxo)
- ITE AROUSA (Riveira)
- CASIOPEA CENTRO INTEGRAL DE TERAPIAS (Palmeira, Riveira)
- SOLDESINHOS (Rianxo).
- LEILÍA (Boiro)
Características de cada negocio:
https://twitter.com/Certo/status/276282662992351233Natureza: Congreso do Lobo Ibérico. Como minten sen descanso os políticos que dirixen a cousa ambiental blogueiros.axena.org/2012/12/05/ase… @bloggersaxena
— Certo (@Certo) December 5, 2012
Ribeira: adxudicada a Aldasa o saneamento de Reiriz e Olveira de Arriba post.ly/9vT5C
— Certo (@Certo) December 5, 2012
Sociedade: a web antidesafiuzamentos DoaFund, escollida para a lanzadeira tecnolóxica social UEIA. codigocero.com/A-web-antidesa… vía @codigocero
— Certo (@Certo) December 5, 2012
Modelo Gallardon de Sociedad: pagas por nacer, pagas por educarte, por casarte, por divorciarte, por tener hijos y por morirte. #alamierda
— Dario Dieguez (@dariodieguez) December 5, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario