5.6.12

Boiro: o alcalde viaxou a Madrid a recoller os distintivos "Q" para Mañóns, A Retorta e Carragueiros

[[posterous-content:pid___0]]

Boiro, 5 de xuño de 2012. Galicia conta con nove praias certificadas co distintivo "Q" de calidade turística, dúas máis que en 2011, ao sumárense as praias de Os Castros e As Catedrais, ambas no concello de Ribadeo. Boiro volve repetir con tres praias distinguidas: a praia da Retorta, a praia de Mañóns e mais a de Carragueiros.

Ademais da secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, ao acto, que estivo presidido polo ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, e mais pola secretaria de Estado para o Turismo, Isabel Borrego e o presidente do ICTE, Miguel Mirones, asistiron por parte de Galicia os rexedores municipais de Boiro e Foz -ambos do Partido Popular- e mais o concelleiro de Seguridade Cidadá de Viveiro, do Psoe.


Antes, en Certo:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: visita de tinerfeños irmanados de Adeje

Ribeira, 5 de xuño de 2012.- 130 persoas maiores do municipio tinerfeño de Adeje tiveron ocasión esta tarde de compartir unhas horas coa cidadanía de Ribeira e disfrutar dunha serie de actos organizados en homenaxe a súa visita.

 

Así, a primeira hora da tarde, os viaxeiros do concello canario (que está irmandado con Ribeira dende 1991) coñeceron a Sala Museo Municipal da man da responsable da instalación, Pilar Casas. Acto seguido, desprazáronse ata o Auditorio Municipal para asistir a unha actuación a cargo do grupo de cantareiras Aires do Barbanza, da Asociación de Amas de Casa, que espertou o aplauso unánime do colectivo tinerfeño.

 

Para finalizar, a expedición insular foi recibida nese mesmo escenario polo alcalde Manuel Ruiz, quen resaltou que Ribeira e Adeje están, máis que separadas, unidas polo océano Atlántico. “Cuando viene alguien de Adeje es como si nos estuviera visitando un amigo o un familiar y, como es lógico, queremos enseñarle lo mejor que tenemos”, declarou. Ao fío do cal engadiu que entre o mellor que hai en Ribeira figura o colectivo de mulleres da Asociación de Amas de Casa, que sempre está disposta a colaborar en todo o que se lle propón.

 

Pola súa parte, a concelleira tinerfeña de Atención aos Maiores e á Discapacidade, Carmen Rosa González, que se subiu ao escenario do Auditorio xunto con Juan Navarro, presidente da Asociación de Maiores de Adeje, salientou os magníficos vínculos que unen ambos municipios despois de 20 anos de irmanamento.

 

O acto rematou con intercambio de agasallos. Ribeira foi obsequiada cun bordado típico canario tecido por maiores do municipio de Adeje.


Pode que tamén lle interese:




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: nova andaina este sábado 9 de xuño

Noia_andainas-as-fontes1



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cinema: Olloboi 2012 recolleu 87 traballos no seu certame e comezan as votacións

Olloboi_2012

  • O prazo para votar é ata o venres 15 de xuño. O traballo máis valorado por internautas levará 100 euros de premio
  • O resto de premios saberanse na gala de entrega, o venres 22 de xuño na casa de Cultura de Boiro, conducida e amenizada polo inclasificable Tonhito de Poi

Boiro, 5 de xuño de 2012. O colectivo Marearte anuncia o remate do prazo de inscrición do Festival Audiovisual Olloboi 2012 cun total de 87 traballos presentados.

[ Disfruta dos Vídeos participantes ]

Comeza agora o prazo de votación popular aos mellores vídeos. Xa podes votar en liña ao traballo que máis che guste. Tes ata o venres 15 de xuño para acceder ao formulario de votación online. O vídeo máis valorado polos internautas gañará o Premio OlloBoi do Público, valorado en 100€. 

[ Accede ao Formulario de votación ]

Os premios resolveranse na Gala OlloBoi 2012 que terá lugar o venres 22 de xuño ás 21 horas, na Casa da Cultura da Cachada de Boiro. Uns días antes publicarase en olloboi.com a lista de traballos preseleccionados como finalistas. Na gala, que será conducida por Tonhito de Poi e estará amenizada con música en vivo do grupo Anxoblas, daranse a coñecer os traballos gañadores dos cinco trofeos e repartiranse un total de 1200 € en premios, grazas á imprescindible colaboración dos 34 patrocinadores do festival.

  1. Premio OlloBoi ó mellor traballo, dotado con 400 €
  2. Premio OlloBoi Escolar ó mellor traballo realizado por alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato, dotado con 300 €
  3. Premio ó mellor Guión, dotado con 200 €
  4. Premio ó mellor Documental, dotado con 200 €
  5. Premio OlloBoi do Público, de acordo cos votos recollidos en liña, dotado con 100 €

Ademais, haberá moitas sorpresas, prometen os organizadores. Ao remate da mesma, continuará a festa con concerto no Local da Pousada das Ánimas.


olloboi.com
info@olloboi.com


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: coloquio este sábado 9 con Morris, Pico, Avilés e Estévez, director e actores de "Retornos", longametraxe do noiés Luís Avilés

Cartel-longametraxe

Noia, 5 de xuño de 2012. Este sábado 9 de xuño ás 21:00 horas terá lugar a proxección da longametraxe "RETORNOS" do director noiés Luis Avilés Baquero. Ao remate da proxección poderase disfrutar e participar nun coloquio co director do filme e cos actores protagonistas do mesmo:
Xavier Estévez
Xosé Olveira "Pico"
Antonio Durán "Morris"

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: a praia de Queiruga acolle este venres 8 o acto central da limpeza de praias de Adega polo Día dos Océanos


Cfcddijj


8 de xuño, venres: Limpando praias no día dos Océanos

Numerosas entidades de toda Galiza únense para unha Limpeza Simultánea de Praias para concienciar á sociedade ante o problema da contaminación mariña

O lixo mariño é unha das grandes ameazas nos océanos de todo o mundo. Miles de toneladas de plástico rematan cada día nos mares, afectando á flora e fauna mariña. Galiza conta con 1500 km de costa que anualmente reciben toneladas de residuos. Alén do impacto visual do lixo nas praias, este supón un grave perigo para a flora e a fauna mariñas; nomeadamente para algunhas especies ameazadas como cetáceos, tartarugas ou aves, xa que inxiren plásticos confundíndoos con alimento. Tamén poden acabar enredados en bolsas, sacos ou redes que lles provocan graves lesións, dificultades para moverse e, finalmente a morte.

Outro dos problemas é que o plástico acaba desfacéndose en pequenos anacos que son inxeridos por peixes que poden rematar nos nosos pratos. Isto fai que os compoñentes tóxicos e perigosos dos plásticos pasen aos seres humanos, afectando directamente á nosa saúde.

A mellor maneira de actuar ante este problema é reducir o consumo diario de plástico, reutilizar o máximo posible e reciclar. As accións polo medio ambiente teñen máis efecto cando se realizan día a día, e cando conseguen cambiar conciencias.

Pero tamén podemos pasar á acción directa, e mobilizarnos para crear unha masa crítica e facérmonos escoitar. Isto é o que pretendemos no día mundial dos océanos, unha data sinalada na que máis de 20 entidades se mobilizarán en todo o país para limpar as nosas praias.


Queiruga é unha das espectaculares praias de Porto do Son

Baixo o lema Únete e limpa a túa praia! ADEGA vén de convocar a entidades das tres provincias costeiras que farán unha limpeza simultánea este venres 8 de xuño. Centros de ensino público, institutos, universidades, escolas de surf, centros de mergullo, asociacións culturais, colectivos ecoloxistas en máis de 20 concellos dende Nigrán a Ribadeo mobilizarán a grandes e pequenos/as pola defensa dos océanos.

A limpeza de praias debe facerse de xeito manual, respectando os ecosistemas dunares, e tendo especial coidado coa fauna e flora que nelas habita. As limpezas con maquinaria pesada nas praias, limpezas nada selectivas que retiran todo canto atopan, ameazan a supervivencia de moitos organismos. É preciso pois, entender que as praias son ecosistemas vivos, e que o argazo non é lixo, senón alimento para moitas especies que viven nas praias e das que outros se alimentan.

ADEGA edita para esta actividade un protocolo de actuación para unha limpeza de praias “ecolóxica”, que se repartirá entre os participantes da actividade.

Máis info: Lucía Parente (669 806 908): lucia@adega.info

Mapa das ubicacións: http://adega.info/info/090121joomla/novas-de-ea/769-limpeza-simultanea-de-praias-no-dia-mundial-dos-oceanos-2012

Concello


Concello


Praia

s
Colectivo

A Coruña

Canide

Oficina de Medio Ambiente-UDC

A Coruña

Praia das Lapas

ADEGA -Coruña

Arteixo

Praia de Alba

Asoc. Cult. Monte da Estrela e ADEGA Coruña

Barreiros

Praia Area Longa

ADEGA - A Mariña
Colectivo Cultural Ollomao

Burela

O Perdouro

Colectivo Cultural Buril

Burela

O Perdouro

IES Perdouro

Camelle

Praia de Camelle

CEIP de Camelle

Carnota

Porto de Quilmas

Cooperativa Raínha Lupa
Plataforma pola defensa do Patrimonio de Quilmas
ADEGA-Costa da Morte

Ferrol

Caranza

ADEGA-Ferrolterra

Fisterra

Fisterra

IES Fin do Camiño

Foz

Praia os Alemáns

Mariña Patrimonio, Pomba do Arco e Karrikanta.

Muxía

Praia dos Muíños

Programa de voluntariado do concello de Muxía
CEIP Os Muíños

Nigrán

Praia América

CEMMA

Nigrán

Praia de Patos

Prado Surf Escola

Ortigueira

Praia S. Antón de Espasante

Asoc. cultural Bangalúas

Poio

Praia de Lourido

ADEGA-Pontevedra

Porto do Son

Praia de Queiruga

ADEGA-Nacional (acto central)

Ribadeo

Areal de Rinlo

Asociación Rinlo Bai

San Xenxo

Area de Agra

C.E.I.P. Magaláns-Dorrón

Valdoviño

Praia de Pantín

Pantin Surf Camp

Vigo

Marina Dávila

Buceo Balea

Vilanova de Arousa

O Terrón

IES A Basella

Viveiro

Praia de covas

A Estruga
IES María Sarmiento

Laxe

Praia de Traba

IES Maximino Romero de Lema


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: a Deputación paga unha nova edición ampliada de "O patrimonio etnográfico e arqueolóxico de Barbanza e Porto do Son"

  • Nova tirada integramente en cor pois esgotouse nun mes a primeira edición, lanzada hai un ano a iniciativa do Concello de Ribeira

 
Ribeira, 5 de xuño de 2012.- Abarrotouse o salón de actos do Centro Recreativo de Artes para celebrar a presentación, a semana pasada, da segunda edición do libro “O Patrimonio Etnográfico e Arqueolóxico de Barbanza e Porto do Son”, de Ledicia Lustres Viturro. Ademais da autora, déronse cita na mesa presidencial o deputado provincial e alcalde do Concello de Lousame, en proceso de fusión con Noia, Santiago Freire, o alcalde Manuel Ruiz, o presidente do Centro Recreativo de Artes, Manuel Reiriz, e a concelleira de Cultura, Elvira Pisos, quen lembro que este evento inclúese na extensa programación do Xuño da Cultura e as Artes promovido polo Concello.

Esta segunda edición do libro levada a cabo pola Deputación Provincial é, segundo nota do Concello, "unha resposta á unha demanda cidadá despois de que a primeira edición, realizada polo Concello cunha tirada de 1.000 exemplares, se esgotara en menos dun mes dende a súa presentación, en maio de 2011".

Un ano despois, faise público este novo exemplar, ampliado, mellorado e integramente en cor, co obxecto de seguir divulgando os recursos etnográficos e arqueolóxicos dos concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo e Porto do Son.

Ledicia Lustres informou aos asistentes de que na obra se reúnen e explican máis de 200 bens (hórreos, cruceiros, pombais, petos de ánimas...), entre os que se atopan tres que na actualidade contan coa figura de máxima protección e recoñecemento: o dolmen de Axeitos (BIC dende 1978) e os castros de Neixón e Baroña (ambos dende 2010). Ademais, no transcurso do acto, Ledicia Lustres adiantou que está a ultimar, da man do Museo Etnográfico de Artes, un minucioso estudo sobre a historia e vida desta parroquia.

Durante a súa intervención, o alcalde Manuel Ruiz quixo facer fincapé en todo o labor que, a través do Centro Recreativo de Artes e o seu Museo Etnográfico, están a levar a cabo os veciños co obxecto de custodiar e divulgar o seu rico patrimonio, e lembrou que unha das actuacións incluídas dentro do Proxecto Riveira Atlántica 2015 ten precisamente a intención de protexer e poñer en valor os recursos de parroquias como a de Artes, como é a recuperación do entorno do río Arlés, Artés ou Sanchanás.

Pola súa parte, o deputado provincial Santiago Freire incidiu en que grazas aos traballo de investigación e recompilación de datos de estudosos como Ledicia Lustres, faise posible que cada vez exista unha maior concienciación entre os veciños acerca da importancia de protexer o noso legado.

Relacionadas:







https://twitter.com/Certo/status/210001451647381504



 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: "Criando bebés felices" amosa cada mércores de xuño distintas facetas da crianza

Tn

  • Organiza Achuchar, asociación para o fomento da lactancia materna de Barbanza

Ribeira, 5 de xuño de 2012.  A Asociación Achuchar invita a todas as nais e pais interesados a que asistan nas tardes dos mércores de xuño ás 18 horas ás seguintes charlas:
 
- 6 de xuño. 18:00
  O bebé xa ten seis meses... E agora que vai comer? Respostas ás dúbidas máis habituais na alimentación complementaria.
  Nathalie Carreira Sande. Pediatra do Hospital de Monforte.
 
- 13 de xuño. 18:00
  Dormir co teu bebé e o uso da chupeta: dous temas polémicos.
  J. Manuel Martín Morales. Pediatra do Hospital do Barbanza.
 
- 20 de xuño. 18:00
  Nacer Con-Tacto
  Marián Rodriguez Blanco. Pediatra do Hospital do Barbanza.
 
  Entrada gratuíta e aberta a todo o público. Serán benvidos os nenos e nenas.
 
  As charlas serán na Aula Multimedia de Ribeira. Avda. o Malecón, s/n "Casa del Pescador"

 
Xurdeu un imprevisto e hai un cambio de última hora:
 

- 6 de xuño. 18:00 Dormir co teu bebé e o uso da chupeta: dous temas polémicos (J. Manuel Martín Morales)
 
- 13 de xuño. 18:00 O bebé xa ten seis meses... E agora que vai comer? Respostas ás dúbidas máis habituais na alimentación complementaria. (Nathalie Carreira Sande)
 
A charla do día 20 de xuño queda igual.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: conectada a avenida da Constitución co parque de Abesadas cunha vía peonil

  • Antes era un camiño de pedras e terra, sendeiro entre o colexio Galaxia e a casa da Xuventude. A renovación do vieiro costou case 50.000 euros

Ribeira, 5 de xuño de 2012.- Os veciños que viven ou adoitan transitar polo barrio de Abesadas xa poden disfrutar dunha renovada vía que pon en contacto a avenida da Constitución co parque.

En virtude do proxecto executado, o camiño de terra e pedras que existía no lugar, descorrendo entre o Colexio Galaxia e a Casa da Xuventude, foi ancheado nalgún tramo e substituído na súa totalidade por un moderno pavimento que, aínda que de formigón impreso, simula a madeira e, amén da melloría estética, facilita substancialmente o tránsito peonil. Ademais, procedeuse a instalar unha nova rede de pluviais e ao reforzamento da rede de auga potable xa existente.

A obra foi realizada por Obras y Viales de Galicia, S.L. (Oviga) por un prezo de 46.604 euros. Adscribiuse ao canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo municipal de auga.








Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: a Escola de Música organiza unha Master Class co arxentino Jorge Retamoza este sábado 9 de xuño



Rianxo, 5 de xuño de 2012. Dentro das actividades do X Aniversario, a Escola de Música de Rianxo vai organizar, coa colaboración do Concello de Rianxo, unha Master Class con Jorge Retamoza. 

  • MASTER CLASS CON JORGE RETAMOZA sobre Improvisación e Tango Contemporáneo
  • DÍA: sábado 9 de XUÑO
  • HORA: de 16:00 a 19:00
  • LUGAR: Auditorio de Rianxo

Máis información sobre este autor e compositor arxentino en:
http://retamoza.com.ar/inicio.htm


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: relación de premiados no VIII Día da Bicicleta

Prensa

Dodro, 5 de xuño de 2012. O pasado sábado, 2 de xuño, celebrouse o VIII Día da Bicicleta no Concello de Dodro. A partir das 10:00 da mañá comezaron a chegar os participantes para inscribirse e equiparse cunha camiseta conmemorativado evento. Os máis pequenos puideron facer prácticas e divertirse nunha xincana situada no aparcamento do pavillón. Tamén se fixeron algúns xogos coas bicicletas.

Antes da saída chegou un dos momentos máis agardados, o sorteo dunha  bicicleta, que nesta ocasión foi a parar a mans de Rubén García Cerqueiras. O grupo iniciou o percorrido ás 11:00 horas, e cubreu os 12 kilómetros sen ningún percance.

Unha vez rrematado e feito o avituallamento, realizouse a entrega de trofeos por parte do alcalde, Valentín Alfonsín, da tenente de alcalde Marisol Boga e do concelleiro de deportes José Núñez. Os premios repartíronse da seguinte forma:

- Participante de máis idade: Ángel Vázquez Sereijo
- Participante máis novo: Eloy Lampón Romero
- Bicicleta máis orixinal: Juan José Boga Méndez e Aroa Boga Morales

  Ao remate, o alcalde agradeceu a todos a súa participación e colaboración para que esta xornada fose posible.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Ámbar xa conta cun piso tutelado cedido polo Concello

  •  No residencial Miradoiro de Padín, consta de 88 metros cadrados e a intención é favorecer a autonomía dos usuarios de Ámbar
  • Amicos recibirá unha vivenda semellante no mesmo edificio

 



 

Ribeira, 5 de xuño de 2012.- O alcalde, Manuel Ruiz Rivas, procedeu esta mañá á entrega de chaves do piso tutelado que o Concello pon a disposición da Asociación Ámbar, co fin de favorecer que os usuarios desta entidade poida favorecer a súa autonomía persoal.

 

Situado na praza 8 de Marzo, no edificio Miradoiro de Padín, o inmoble conta cunha superficie de 88 metros cadrados útiles e dispoñen de cociña, salón comedor, vestíbulo, corredor, baño e tres dormitorios con dous camas cada un.

 

Segundo lembrou o rexedor municipal, unha das primeiras conversas que mantivo cando fora designado candidato a alcalde, foi precisamente coa presidenta de Ambar, Milagros Rey, quen lle fixo traslado da necesidade de poder acceder a unha vivenda que fomentase a autonomía e a independencia de membros do seu colectivo. Ruiz Rivas recalcou que naquel momento se comprometera a estudar a proposta e que, tras un ano de xestións, o Concello está por fin está en disposición de dar cumprimento a esta solicitude tan importante para elevar a calidade de vida e a autoestima das persoas con diversidade funcional.

 

Así mesmo, salientou que esta posibilidade puido frutificar grazas en boa medida ás facilidades outorgadas polo Grupo Puentes (responsable da construción do edificio residencial Mirador de Padín) á hora de cambiar algunhas das disposicións incluídas no acordo inicial co municipio.

 

Pola súa parte, Milagros Rey agradeceu ao Concello poder recibir esta vivenda que a súa asociación “levaba tantos anos tentando poñer a funcionar” pois advertían a necesidade de que as persoas con diversidade funcional aprendan a vivir soas. A presidenta de Ambar informou de que a idea inicial do seu colectivo é que a vivenda poida ser utilizada por ata un máximo de catro usuarios ao mesmo tempo, tendo en conta que tamén se reservará espazo para as persoas de apoio.

 

A Asociación Amicos tamén vai recibir no Mirador de Padín outro piso tutelado cunhas características semellantes ao entregado hoxe e con idénticos obxectivos sociais.







 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o claustro do Concello acubilla unha mostra fotográfica sobre a restauración do balandro Joaquín Vieta

  • O barco estase a empregar para facer turismo mariñeiro e pódese alugar entre xuño e outubro

Media_httpfarm8static_dfxyd

Noia, 5 de xuño de 2012. Xa se pode contemplar no claustro do Concello de Noia unha mostra composta por corenta imaxes na que se observa o proceso de restauración do vello balandro Joaquín Vieta, construído en 1916 e restaurado hai apenas uns anos pola asociación do mesmo nome que a embarcación.Os interesados poden achegarse a ver as fotos, realizadas por Xan Creo e Lino Pazos, ata o sábado 30 de xuño. A intención desta exposición é poñer de relevo a necesidade de recuperar o patrimonio marítimo, sobre todo nun lugar con tanta tradición mariñeira e porteña como Noia.


O balandro Joaquín Vieta está a empregarse agora mesmo como embarcación de recreo para facer turismo mariñeiro e pode alugarse. Toda a información nesta ligazón.

Media_httpfarm9static_qraas

Media_httpfarm9static_arbuq


 

Buceando pola rede atopamos esta letra adicada a este histórico barco:

O Vieta? Aquí está.
(Pandeirada).
_____________________
La lalá, lalala lalá
La lalá, lalala lalá
La lalá, lalala lalá…
O Vieta, O Vieta aquí está.
O Vieta, O Vieta aquí está.
…………….
Subamos a bordo,
embarquemos todo,
arriemos amarras,
imos a zarpar.

Icemos os foques,
halemos as vergas,
cacemos escotas,
imos velear.
……………
Anda Xan ,ponte ao timón,
veña, dalle todo a estribor,
agora un pouquiño a babor…
O Bieta xa está a foular.
O Bieta xa está a foular…
……………
Empanada de millo,
un chopo de viño,
un pouco chourizo,
imos merendar.

Cun pouco de caña,
fagamos queimada.
Arriba esas cuncas,
imos a brindar.
………………
Xa o ventiño está a soprar,
as velas están a portar,
o balandro está a escorar…
O Vieta navega a rabiar.
O Vieta navega a rabiar.
……………………
A fil de roda,
a orellas de burro,
imos de aleta
e tamén do través.

A toda empopada
damos virada,
bebemos un grolo
e a cantar outra vez.
……………….
La lalá, lalala lalá
La lalá, lalala lalá
La lalá, lalala lalá…
O Vieta, O Vieta aquí vai.
O Vieta, O Vieta aquí vai.
____________
Harry White ( A drunken sailor).





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o claustro do Concello acubilla unha mostra fotográfica sobre a restauración do balandro Joaquín Vieta

  • O barco estase a empregar para facer turismo mariñeiro e pódese alugar entre xuño e outubro

Noia, 5 de xuño de 2012. Xa se pode contemplar no claustro do Concello de Noia unha mostra composta por corenta imaxes na que se observa o proceso de restauración do vello balandro Joaquín Vieta, construído en 1916 e restaurado hai apenas uns anos pola asociación do mesmo nome que a embarcación.Os interesados poden achegarse a ver as fotos, realizadas por Xan Creo e Lino Pazos, ata o sábado 30 de xuño. A intención desta exposición é poñer de relevo a necesidade de recuperar o patrimonio marítimo, sobre todo nun lugar con tanta tradición mariñeira e porteña como Noia.


O balandro Joaquín Vieta está a empregarse agora mesmo como embarcación de recreo para facer turismo mariñeiro e pode alugarse. Toda a información nesta ligazón.




 

Buceando pola rede atopamos esta letra adicada a este histórico barco:

O Vieta? Aquí está.
(Pandeirada).
_____________________
La lalá, lalala lalá
La lalá, lalala lalá
La lalá, lalala lalá…
O Vieta, O Vieta aquí está.
O Vieta, O Vieta aquí está.
…………….
Subamos a bordo,
embarquemos todo,
arriemos amarras,
imos a zarpar.

Icemos os foques,
halemos as vergas,
cacemos escotas,
imos velear.
……………
Anda Xan ,ponte ao timón,
veña, dalle todo a estribor,
agora un pouquiño a babor…
O Bieta xa está a foular.
O Bieta xa está a foular…
……………
Empanada de millo,
un chopo de viño,
un pouco chourizo,
imos merendar.

Cun pouco de caña,
fagamos queimada.
Arriba esas cuncas,
imos a brindar.
………………
Xa o ventiño está a soprar,
as velas están a portar,
o balandro está a escorar…
O Vieta navega a rabiar.
O Vieta navega a rabiar.
……………………
A fil de roda,
a orellas de burro,
imos de aleta
e tamén do través.

A toda empopada
damos virada,
bebemos un grolo
e a cantar outra vez.
……………….
La lalá, lalala lalá
La lalá, lalala lalá
La lalá, lalala lalá…
O Vieta, O Vieta aquí vai.
O Vieta, O Vieta aquí vai.
____________
Harry White ( A drunken sailor).





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical