5.6.12

Cultura: a Deputación paga unha nova edición ampliada de "O patrimonio etnográfico e arqueolóxico de Barbanza e Porto do Son"

  • Nova tirada integramente en cor pois esgotouse nun mes a primeira edición, lanzada hai un ano a iniciativa do Concello de Ribeira

 
Ribeira, 5 de xuño de 2012.- Abarrotouse o salón de actos do Centro Recreativo de Artes para celebrar a presentación, a semana pasada, da segunda edición do libro “O Patrimonio Etnográfico e Arqueolóxico de Barbanza e Porto do Son”, de Ledicia Lustres Viturro. Ademais da autora, déronse cita na mesa presidencial o deputado provincial e alcalde do Concello de Lousame, en proceso de fusión con Noia, Santiago Freire, o alcalde Manuel Ruiz, o presidente do Centro Recreativo de Artes, Manuel Reiriz, e a concelleira de Cultura, Elvira Pisos, quen lembro que este evento inclúese na extensa programación do Xuño da Cultura e as Artes promovido polo Concello.

Esta segunda edición do libro levada a cabo pola Deputación Provincial é, segundo nota do Concello, "unha resposta á unha demanda cidadá despois de que a primeira edición, realizada polo Concello cunha tirada de 1.000 exemplares, se esgotara en menos dun mes dende a súa presentación, en maio de 2011".

Un ano despois, faise público este novo exemplar, ampliado, mellorado e integramente en cor, co obxecto de seguir divulgando os recursos etnográficos e arqueolóxicos dos concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo e Porto do Son.

Ledicia Lustres informou aos asistentes de que na obra se reúnen e explican máis de 200 bens (hórreos, cruceiros, pombais, petos de ánimas...), entre os que se atopan tres que na actualidade contan coa figura de máxima protección e recoñecemento: o dolmen de Axeitos (BIC dende 1978) e os castros de Neixón e Baroña (ambos dende 2010). Ademais, no transcurso do acto, Ledicia Lustres adiantou que está a ultimar, da man do Museo Etnográfico de Artes, un minucioso estudo sobre a historia e vida desta parroquia.

Durante a súa intervención, o alcalde Manuel Ruiz quixo facer fincapé en todo o labor que, a través do Centro Recreativo de Artes e o seu Museo Etnográfico, están a levar a cabo os veciños co obxecto de custodiar e divulgar o seu rico patrimonio, e lembrou que unha das actuacións incluídas dentro do Proxecto Riveira Atlántica 2015 ten precisamente a intención de protexer e poñer en valor os recursos de parroquias como a de Artes, como é a recuperación do entorno do río Arlés, Artés ou Sanchanás.

Pola súa parte, o deputado provincial Santiago Freire incidiu en que grazas aos traballo de investigación e recompilación de datos de estudosos como Ledicia Lustres, faise posible que cada vez exista unha maior concienciación entre os veciños acerca da importancia de protexer o noso legado.

Relacionadas:







https://twitter.com/Certo/status/210001451647381504



 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical