6.4.11

Pesca: o PP solicita no Senado a limitación da entrada de conservas de Papúa-Nova Guinea pola grave repercusión no sector español

Na moción presentada a instancia de Torres Colomer fálase de 18.600 empregos directos e 43.600 indirectos ameazados neste país

Papúa Nova Guinea por jurvetson

Ribeira, 6 de abril de 2011.- O Grupo Popular no Senado presentou no día de hoxe, a instancias do senador José Luis Torres Colomer, unha moción, para o seu debate na Comisión de Medio Ambiente, Agricultura y Pesca, na que se insta ao Goberno a defender ante a Unión Europea á modificación do Acordo cos Estados do Pacífico que permite a entrada de produtos transformados (fundamentalmente conservas de atún) procedentes de Papúa Nova Guinea con arancel cero, ante as súas graves implicacións para o sector conserveiro español, así como que se adopten as medidas correctivas para que terceiros países non saquen proveito da derogación das normas en orixe nos Estados do Pacífico. 

A este respecto, cabe lembrar que o pasado 19 de xaneiro o Parlamento Europeo concedeu a aprobación á celebración do Acordo de Asociación Interino entre a Comunidade Europea e os Estados do Pacífico. Posteriormente, o 5 de marzo de 2011, se publicou no DOUE a decisión do Consello de 15 de febreiro de 2011, relativa á celebración do Acordo de Asociación Interino entre a Comunidade Europea, por unha parte, e os Estados do Pacífico por outra. 

Este Acordo inclúe nun protocolo anexo a derogación das normas en orixe para os produtos de pesca transformados das partidas 1604 e 1605 do Sistema Armonizado que fosen fabricadas en lugares de produción situados no territorio do estado asociado a partir de materias non orixinarias desembarcadas no porto dese estado. Isto significa que as industrias de transformación dos países favorecidos polo acordo, como Papúa Nueva Guinea, poden exportar á UE sen aranceis produtos pesqueiros transformados procedentes de terceiras flotas e países aos que a lexislación comunitaria non outorga beneficios arancelarios. 

Os grandes competidores do sector atuneiro comunitario estanse aproveitando desta excepción ao encontrar na mesma un “coladeiro” para introducir a través de Papúa Nueva Guinea a súa mercancía na Comunidade Europea. Países como China, Filipinas, Tailandia, EEUU, Australia ou Vietnam están convertendo ao país melanesio nunha plataforma de produción e exportación de atún en conserva a gran escala, nas que se desembarcan inxentes cantidades desta especie de todos os orixes para ser transformados en macroplantas construídas a toda presa, co único fin de beneficiarse da exención de aranceis concedidas pola UE: 

Segundo previsións do propio país oceánico, antes de 2013 a capacidade produtiva de Papúa Nueva Guinea será de 400.000 toneladas de atún en conserva ao ano. Só con que o 90% desta produción se exportase á UE estaríase falando de 360.000 toneladas, que é a metade do que os países comunitarios consumen. E todo isto, empregando traballadores nunhas pésimas condicións laborais que na maioría dos casos nin sequera son orixinarios do país papú. 

Esta situación corre o risco de afectar moi gravemente á industria conserveira nacional e ao sector pesqueiro, de tal xeito que un total de 18.600 empregos directos e 43.600 indirectos están ameazados en España, afectando especialmente a CCAA como Galicia, Cantabria e o País Vasco. 

Por último, engadir que nin o sector conserveiro ni a flota pesqueira se opoñen á adopción de acordos que redunden no progreso de países en vías de desenvolvemento, pero en ningún caso poden establecerse facendo perigar estruturas produtivas en Europa e, dende logo, deben realizarse tomando as precaucións oportunas para que non se desvirtúe o espírito do convenio, e terceiros países saquen un proveito en fraude de lei.



Moción Senado 1.pdf Download this file

Moción Senado 2.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical