Noia, 21 de decembro de 2012. Nove días de retraso. O Concello agardaba ter a piscina, tralo secuestro da concesión o mes pasado, aberta o pasado 12 de decembro pero cambiáronse os números da data e hoxe xa houbo unha xornada de portas abertas. Sanidade autorizou a reapertura da piscina municipal noiesa trala visita xirada pola técnica da Conselleria de Sanidade, a cal autorizou a apertura das instalacións ao cumplirse todos os parámetros. Hai unhas semanas fora a mesma Consellería de Sanidade a que ordeara o peche das instalacións, razón principal, segundo fontes municipais, para adoptar unha medida extrema como foi o secuestro da concesión, aprobado por unanimidade do último pleno do Concello de Noia. Hoxe, ás oito da tarde, procedeuse á reapertura desta instalación tan demandada cunha xornada de portas abertas.
A partir de mañá, sábado 22, as instalacións abriranse con normalidade e, segundo o Concello "quedan só pequenos detalles que se ultimarán nos vindeiros días".
O Concello de Noia que dirixe a piscina a través da intervención da concesión acometeu as actuacións imprescindibles para a reapertura, que garanten o correcto funcionamento da concesión. Durante o periodo de secuestro a intervención técnica non poderá ordear melloras, algo que advirten para que as usuarias e usuarios da mesma non se fagan demasiadas ilusións.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia