O director xeral de Sostibilidade e Paisaxe amosou a súa satisfacción polo resultado da xuntanza e invitou aos demais concellos a imitar esta iniciativa tan positiva para o desenvolvemento sostible do territorio. Ademais, Manuel Borobio indicou que coa aplicación do Plan de Ordenación do Litoral non se tiran construcións. “Este Plan non altera o réxime urbanístico do solo, senón que establece cómo se pode ocupar”, explicou, ao tempo que engadiu que “ningunha construción queda fóra de ordenación e Plan non expropia vivendas nin entra nas vivendas construídas”. Deste xeito, ningunha vivenda queda “afectada” pola aplicación deste plan territorial. O Plan de Ordenación do Litoral identifica neste concello 23 praias, así como tres Bens de Interese Paisaxística, 97 elementos de patrimonio etnográfico, e 22 de patrimonio arqueolóxico, entre outros. O Plan de Ordenación do Litoral atópase nun momento chave de cara á súa aprobación definitiva, que se prevé para finais deste ano 2010. Así, logo da aprobación inicial publicada do DOG o 30 de xullo é o momento da información pública para que todos os cidadáns que o consideren necesario poidan estudar polo miúdo o plan e facer as súas alegacións ata o vindeiro día 1 de outubro. Este documento, que supón a primeira ordenación integral da costa galega, é froito dun estudo exhaustivo do territorio, que na Pobra, igual que no resto dos concello litorais, supón poñer de relevo os valores da costa e poder estudar polo miúdo os posibles crecementos urbanísticos, que a partir de agora deberán ser acordes co modelo do Plan. Toda a información sobre o Plan de Ordenación do Litoral pódese consultar a través da web www.xunta.es/litoral, así como na Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, na Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, e tamén nos Departamentos Territoriais da Consellería. Antes publicamos:
Política: o PSOE replícalle ao alcalde pola lea do POL
Política: o alcalde arremete contra a oposición polo POL
Plan de Ordenación do Litoral: versión socialista
POL: os socialistas din que o alcalde está "desaparecido e agochado"
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia