Esta semella velenosa e aínda por enriba... a ver quen a arranca!Ribeira, 14 de setembro de 2010. A partir do luns 4 de outubro a Asociación Micolóxica Refungando porase a disposición de quen queira achegarse xunta eles para botarlle unha man na identificación de cogomelos. Cada luns, ata o día 29 de novembro, de 20:30 ata as 22:00 no Bar Plaza, estará instalada a "base de operacións micolóxicas, para tentar que vos intoxiquedes o mínimo posible, axudarvos na identificación das especies máis controvertidas e aclararvos esas dúbidas que non vos deixan durmir", explican no seu blog."Estes últimos anos fomos testemuñas do imprudentes que poden ser algúns afeccionados, curiosamente máis frecuentemente aqueles que están comezando, que deberían ser os que máis respeto lle tiveran ó asunto: dende xente que ía para a casa disposta a incarlle o dente a todo canto tiña na cesta (a pesar de non coñecer ningún dos cogomelos) ata xente que levaba anos consumindo un cogomelo pensando que era outro (aquí Macrolepiota procera leva a palma... "o meu visiño me dixo que..."). Por cousas como estas, e para os que queirades aprender un pouco máis do apaixoante Reino Fungui Refungando ponse ao servicio de todos", conclúen.
Pero non é todo, tes que seguir estes consellos para achegarte:
- Os exemplares que leves procura arrancalos con coidado e traer o cogomelo enteiro, que non se perda a base do pé ou unha posible volva ou anel.
- Levade sempre que poidades, un exemplar novo e outro maduro (non podre e cheo de vermes) da especie a identificar, procurando que estean no mellor estado posible.
- Non levedes os cogomelos nunha bolsa: o plástico acelera a fermentación e descomposición dos cogomelos.
- Conservalos no frigorífico ata que vos acheguedes ao Plaza ese luns, non ao aire, pois secan e poden cambiar a súa cor e morfoloxía bastante.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario