- Segundo o Psoe, hai "centos" de inmobles públicos sen uso namentres se gastan 9,2 millóns de euros en alugueres en Galicia
- Lage Tuñas pide o peche de embaixadas concertadas coa Confederación de Empresarios de Galicia, ás que tacha de "auténtico despilfarro" -4,5 millóns de euros ao ano-
Santiago, 3 de maio de 2012.
A iniciativa de Lage Tuñas esixe tamén revisar os contratos de aluguer de locais que ten a Xunta asinados e que están destinados a situar departamentos e servizos da Administración autonómica, priorizando a reubicación de servizos en inmobles propiedade do Goberno autonómico ou doutras administracións públicas.
A Proposición non de Lei socialista insta tamén a abordar o peche das novas embaixadas da Xunta no exterior e buscar novas solucións para manter a presenza galega no exterior a partires da colaboración co Ministerio de Asuntos exteriores de España.
O deputado socialista xustifica a súa iniciativa no coñecemento de que a Xunta, en 2011 dispoñía unha contía superior aos 9,2 millóns de euros para sufragar os gastos derivados do aluguer de oficinas e inmobles dedicados a situar diferentes servizos da Administración autonómica. Este gasto elévase ata os 10 millóns de euros se lle engadimos os contratos derivados do que se coñece como “administración paralela”.
A maiores, engade o deputado socialista, o goberno de Feijóo gasta 6,4 millóns de euros nas súas oficinas no exterior, sen ter adoptado ningún acordo para o seu peche, a pesares dos criterios anunciados polo Goberno do Estado de reubicar estas “embaixadas” autonómicas para evitar gastos aos gobernos autonómicos.
Entre os inmobles alugados dentro da Comunidade Autónoma, salienta Lage Tuñas, que se están a pagar cantidades que non se corresponden coa realidade económica actual do país. Citou, como exemplo, os máis 4.100 €/mes de Galicia Calidade, ou os máis de 15.000€/mes de Portos de Galicia, ou o Instituto Galego de Consumo, que gasta máis de 14.000€/mes.
As embaixadas de Feijóo no exterior
O parlamentario socialista desglosou os case seis millóns e medio de euros en presenza exterior dividindo dous millóns en inmobles institucionais, dos que o Palacete da Casa de Galicia en Madrid supera os 700.000 euros de gasto, e os outro 4,5 millóns de euros corresponden ao acordo que a Xunta ten coa Confederación de Empresarios de Galicia, para ter “embaixadas abertas”.
“O país non se pode permitir redes de embaixadas gastando 4.000 €/mes en Xapón, outra sede do IGAPE en Polonia, que costa máis de 3.200€/mes da que non sabemos as xestións ou o que se fixo alí, ou unha oficina en Miami cun custe de 11.000 €/mes”. Tres espazos económicos diferentes, postos de exemplo polo deputado socialista, onde “a Xunta gasta cartos públicos todos os meses” sen que saibamos “o proveito para Galicia”.
Asistimos a unha serie de decisións "graves” que afectan aos servizos públicos, que se deterioran por mor dunha política de recortes que, desde logo, insiste Lage, “esqueceu facer un chequeo xeral do Patrimonio da Administración Autonómica”. “Óptase por recortar aos empregados públicos e alí onde máis se precisa, a Sanidade e a Educación, nos Servizos Sociais”, pero o Goberno Galego segue mantendo determinadas políticas que Galicia “non se pode permitir”, a xuízo dos socialistas.
“Non é posible que sigamos mantendo centos de locais en aluguer pagando contías que en algún caso son moi onerosas”, entende Lage que “hai que facer unha revisión”. Para o deputado “cando hai que apertarse o cinto, non se lle pode pedir sempre o esforzo aos mesmos”. Son 15 millóns de euros en alugueres, das sedes dentro da Comunidade, como na rede exterior. Lage esixe un “cambio de rumbo” na política de patrimonio para “evitar o gasto improdutivo e se mellore a eficiencia económica dentro da Administración galega”.
Porque nos han robado por encima de nuestras posibilidades. Porque No vamos a vivir por debajo de nuestros derechos #razones12m15m
— Democracia real YA! (@democraciareal) May 3, 2012
Ribeira: o pleno rexeita eliminar a demarcación xudicial e que se leven os asuntos xudiciais en Corcubión post.ly/77aE4 Actualizado!
— Certo (@Certo) May 3, 2012
Un documento co que non sabe un se rir ou chorar: pt.scribd.com/doc/19005008/P… Programa do PP nas eleccións autonómicas de 2009. Comezamos? :P
— Certo (@Certo) May 3, 2012
O Museo Nacional de Galicia coas pinturas que nunca teremos pero que estiveron aquí: culturagalega.org/noticia.php?id… #desleixo #vergoñadexestores
— Certo (@Certo) May 3, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia