3.5.12

Ribeira: este sábado comeza o Circuito de Carreiras Populares, coa proba do Corgo

  • Anotáronse 177 deportistas na proba deste sábado pola tarde
  • A seguinte será o Día das Letras Galegas (a da Guía), a do Demo (6.666 metros o 26 de agosto) e a de Santa Uxía (16 de setembro)
  • O concelleiro de Deportes presentou este circuito, que xa vai pola quinta edición, xunto co presidente da Cofradía da Dorna, Jacob Moraña, e o directivo da mesma, Eduardo Iglesias

Ribeira, 3 de maio de 2012.- Hoxe tivo lugar a presentación da quinta edición do Circuíto de Carreiras Populares Concello de Ribeira, que dará comezo este sábado día 5 de maio coa primeira das catro probas que integran o calendario: a carreira de campo a través do Corgo, caracterizada polas súas espectaculares vistas, grazas a que aínda a ningún político se lle ocorreu asfaltar, formigonar ou encher con piscifactorías este litoral.

Para explicar tanto as características desta primeira competición como para anunciar as datas das outras tres, déronse cita no Consistorio o concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez, e dous representantes da Cofradía da Dorna: o seu presidente Jacob Moraña e Eduardo Iglesias.

Juan Luis Martínez agradeceu a colaboración recibida por parte das distintas entidades que promoven cada unha das citas: O Corgo (organizada pola Cofradía da Dorna), a carreira da Guía (que terá lugar o 17 de maio e está organizada pola Asociación de Veciños de Carreira); a carreira do Demo (prevista para o 26 de agosto baixo a organización do Centro Recreativo de Artes) e Santa Uxía (celebrarase o 16 de setembro e está organizada polo Concello coa colaboración da asociación As Miñoteiras).

O edil e tenente de alcalde tamén destacou a colaboración doutros entes locais privados e de servizos públicos como Protección Civil, Policía Local, a brigada municipal de limpeza ou a concellería de Benestar Comunitario.

O Corgo: só 26 mulleres de 177 inscritos

En canto á carreira do Corgo, xa está rematado o prazo de inscrición e serán 177 o número de persoas que participen. Delas, 26 son mulleres e 14 van competir na modalidade mixta por parellas. Non se establecerán clasificacións por categorías en función da idade.

A carreira sairá ás 17.30 horas do lugar de Teira, na parroquia de Corrubedo,. Está prevista unha duración de sesenta minutos. A retirada de dorsais poderase facer dende unha hora antes. Serán un total de 9,3 quilómetros de percorrido que, segundo explicou Eduardo Iglesias, está modificado nun 33% con respecto non só ao do ano pasado senón aos de todas as anteriores convocatorias.

Media_httpfarm4static_xjfkp

Descorrerá por puntos como os campos de Teira, a praia e o lugar de Espiñeirido e o monte Facho. Haberá un avituallamento intermedio no quilómetro 6 e outro ao final da carreira. Habilitaranse duchas no polideportivo de Sirves para os corredores.

Segundo manifestou Jacob Moraña, con esta iniciativa búscase seguir recuperando os camiños dunha paraxe idílica como é a formada polos campos de Teira, O Corgo e Espiñeirido.






 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical