7.6.11

Noia: o posible tripartito no goberno xa colleita contraposicións nas redes sociais

Monstro_tres_cabezas

Noia, 7 de xuño de 2011. Aínda non é oficial, pois ata este sábado 11 de xuño está todo no aire, pero unhas das posibles combinacións para gobernar Noia, a coalición tripartita entre Psoe -6 concelleiros-, Bng -2 concelleiros- e NO.I.A.- 2 concelleiros- xa ten na rede social máis grande de Internet, o Facebook, os seus detractores.

Por unha banda, están os de Noia Indignada, que aproveitan o tirón do movemento 15M e do opúsculo de Stéphane Hessel para arrimar a ascua á súa sardiña -agora que estamos case no San Xoán- para bautizarse. Pola outra, os máis explícitos "Eu tamén rexeito o tripartito noiés. Queremos democracia". Ambos -un é un perfil de Facebook, o outro é unha páxina- partillan a imaxe que ilustra esta información, na que se ve, debaixo dos cornos da besta, ao actual alcalde en funcións, Rafael García Guerrero, e, nas cacholas restantes do monstro de tres cabezas, a Bieito González, líder local do Bng, e a Marisol Villar, xefa de filas da agrupación escindida do PP, os Noieses Independentes Agrupados (NO.I.A.). As intencións son claras, como indican na súa mensaxe para que te sumes á páxina:

"Xa é un secreto a voces, o monstruo de 3 cabezas desgobernará o noso pobo. Estaremos constantemente informando dende esta páxina, indignados pola falta de democracia na nosa vila. Únete!".
Veremos canto dura o experimento destas páxinas. Se sae como a de Portus Apostoli, pouco futuro lles auguramos. Se só se reactiva cando hai contendas electorais, como é o caso dalgúns blogs, sobre todo de políticos, tamén van ter pouca atención. A mesma que pode ter Cortello de Boiro se queda estancado como blog de cabreados coa nova situación política dese concello de Barbanza e non aporta nada constructivo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: alumnos do Instituto Politécnico de Vigo visitaron e debuxaron para o museo Valle-Inclán

A Pobra, 7 de xuño de 2011. Máis de corenta rapaces, acompañados por tres mestras, achegáronse ata A Pobra do Caramiñal para asomarse ó miradoiro da Curota sobre a ría arousana, e ás instalacións do Museo Valle-Inclán. Alí foron recibidos pola técnica Begoña Olveira, que os guiou polas distintas dependencias museísticas e achegounos a un escritor que para eles xa é bastante coñecido, ben por vecindade xeográfica, ben porque xa se iniciaron na súa literatura a través da triloxía “As Comedias Bárbaras”, das que ademais fixeron algúns debuxos que, con agarimo, agasallaron ó Museo da Pobra.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: último pleno da actual lexislatura, este mércores 8 de xuño

Ribeira: este mércores, 8 de xuño, presentación do libro "As fanequeiras da ría"

Media_httpbarbanzanoi_ufeti

Ventoso Mariño. Imaxe do blog Barbanza Noia Creación

Ribeira, 7 de xuño de 2011. O Salón de Plenos da Casa do Concello será escenario mañá mércores, día 8 de xuño, ás 20.30 horas, da presentación do libro “As fanequeiras da ría”, de José Antonio Ventoso Mariño.

Ademais do autor participarán neste acontecemento o alcalde de da Corporación en funcións, José Luis Torres Colomer, e o concelleiro de Cultura e Festexos, Luciano Fernández Martínez.

Quen é Ventoso Mariño?

Xosé Antonio Ventoso Mariño é natural de Ribeira. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, especialista en Historia Contemporánea. Realizou estudos de Filosofía, Lingua e Literatura Hispánica, Económicas e Matemáticas. É socio fundador do Instituto de Ciencias Sociais de Galicia e é codirector da revista “Ciencias Sociais”. É un dos culpables de que Ribeira se escriba Riveira -só neste concello en toda Galicia e en toda a Lusofonía-, pois no 11 de novembro de 1984, sendo el alcalde ribeirense, aprobouse en sesión plenaria esta denominación, co informe do xa falecido e cada vez máis cuestionado cronista oficial de entón, García Bayón.

Publicou, entre outros, estes libros:

  • Do mar e dos homes (poesía).
  • La estructura ideológica de la iglesia gallega (1923-1936) (historia) editado pola Universidade de Santiago.
  • Galicia en Terra Allea (ensaio) editado por IR INDO. 
  • A pesca esta no vento (novela) editado por IR INDO.
  • A xente das rías (socioloxía) editado pola Deputación de A Coruña.
  • As Sombras dos Mortos. Naufraxios no Cabo de Corrubedo (antropoloxía) editado pola Deputación de A Coruña.
  • Pelegrins por terras de maxia (infantil viaxes) editado pola Mancomunidade Arousa Norte.
  • Os Señores do Mar (etnografía) editado pola Consellería de Pesca.
  • Huyen mis Sueños (novela) editado por Incipit.
  • A Historia das historias de escola (contos) editado por IR INDO.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Teatro: poñen á venda entradas para "A ópera dos tres reás", que dirixe o ribeirense Quico Cadaval e protagoniza Luis Tosar

Cartaz_pera_tres_res

  • O novo espectáculo da compañía pública estréase o vindeiro 23 de xuño no Auditorio de Galicia, onde ofrecerá un total de catro representacións ata o día 26. 

  • Poden adquirise de xeito anticipado a través da billeteira electrónica da web www.novacaixagalicia.es

Santiago, 7 de xuño de 2011.- O Centro Dramático Galego (CDG) acaba de habilitar a venda anticipada de entradas para as catro primeiras funcións do seu espectáculo A ópera dos tres reás, que estrea o vindeiro 23 de xuño no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Baixo a dirección escénica do dramaturgo de Ribeira Quico Cadaval e con Luis Tosar no papel protagonista, o equipo artístico entra na recta final dos ensaios desta versión da famosa obra asinada polo dramaturgo Bertolt Brecht e o compositor Kurt Weill, que a compañía da Consellería de Cultura e Turismo produce en colaboración con Novacaixagalicia e a Fundación Gaiás-Cidade da Cultura.

As entradas para as representacións dos días 23, 24, 25 e 26, ás 21.00 horas nos catro casos, poden adquirirse a través da billeteira electrónica da web de Novacaixagalicia (www.novacaixagalicia.es) ou do teléfono 902 43 44 43 a un prezo único de 15 euros. Os días de función, o despacho de billetes do Auditorio de Galicia permanecerá aberto entre as 17.00 e as 20.30 horas.

Programacións musicais


Enmarcada dentro das programacións do Ano da Música de Galicia e de Galicia Classics, A ópera dos tres reás está ideada como unha produción de teatro musical de gran formato que, trala súa estrea en Santiago, iniciará unha ampla xira durante a que se presentará en máis dunha ducia de escenarios e festivais dentro e fóra de Galicia.

Para a actualización deste clásico da ópera moderna, a compañía pública conta, ademais de con Quico Cadaval na dirección escénica e dramaturxia, coa achega de Diego García Rodríguez na dirección musical. Xuntos póñense á fronte dun amplo elenco integrado por 11 actores-cantantes (ademais de Luis Tosar no papel de Mackie Navalla, César Goldi, Alba Messa, Víctor Mosqueira, Mónica de Nut, Marcos Orsi, Marta Pazos, Francisco Pérez "Narf", Muriel Sánchez, Begoña Santalices e Sergio Zearreta) e os 8 músicos que os acompañarán en directo: Suso Alonso, Rui Bandeira, Pablo Castaño, Andrew MacNeill, Saúl Puga, David Rodríguez, Adrián Viñas e Vadzim Yukhnevich.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este sábado, 11 de xuño, presentación de dous libros no Ateneo Valle-Inclán

Ribeira: este xoves, 9 de xuño, curso multimedia sobre galego e novas tecnoloxías

Media_httpfarm5static_jgkjp

Ribeira, 7 de xuño de 2011. O Concello de Ribeira desenvolverá este xoves 9 de xuño, por iniciativa da Unidade de Normalización Lingüística que dirixe Alicia Padín Otero, un curso multimedia dirixido á posta en valor das novas tecnoloxías para a mellora do uso do galego.  

Trátase de “Ferramentas na rede”, na que os participantes obterán información sobre as ferramentas que hoxe en día están a disposición do usuario en Internet para a mellora no uso do galego, así como dar a coñecer a posibilidade e beneficios desas ferramentas (software, dicionarios, blogs, páxinas de interese...). 

A acción desenvolverase de 20.30 a 22.30 horas na Aula Multimedia de Ribeira (sita na planta baixa da Confraría de Pescadores, na Avenida do Malecón). “Ferramentas na rede” desenvólvese en colaboración cos dous profesores colaboradores da Xunta de Galicia que están a impartir formación de adultos para a obtención dos títulos CELGA, e vai dirixida fundamentalmente ao seu alumnado, aínda que está aberta ao público maior de 16 anos en xeral ata completar 50 prazas. 

Curtametraxe


A sesión completarase coa proxección da curtametraxe Mamasunción, dirixida por Chano Piñeiro no ano 1984, e que se converteu, logo da súa estrea, na imaxe da emigración galega e do papel da muller.

O mesmo día, en Ribeira:



 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este xoves, 9 de xuño, presentación de "El lago", primeira novela do noiés Manuel Castro Vázquez

FichatcnicaEL LAGO.docx Download this file

Media_httpfarm4static_yyilh

Noia, 7 de xuño de 2011. Este vindeiro xoves, 9 de xuño, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura "Antón Avilés de Taramancos" vaise presentar o libro "El lago" do escritor noiés Manuel Castro Vázquez. Na presentación estará presente o autor, o representante do selo editor e unha terceira persoa por confirmar.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este xoves, 9 de xuño, Día Internacional dos Arquivos, con visita ás novas instalacións municipais

Media_httpfarm3static_bzprh

O Arquivo municipal está no terceiro andar deste edificio


Ribeira, 7 de xuño de 2011. Este xoves 9 de xuño é o Día Internacional dos Arquivos, unha celebración á que se quere sumar o Concello coa programación dunha actividade na que se amosará o novo local do Arquivo Municipal (sito no terceiro e no carto andar da nova sede da Policía Local) a responsables dos distintos centros educativos do municipio. 

O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer o servizo e os seus plans de actuacións aos centros educativos para poder establecer futuras visitas dos estudantes, así como fomentar posibles actuacións en común aproveitando as posibilidades do Patrimonio Documental de Ribeira. 

Con tal motivo, desde a Corporación Municipal convidouse aos centros educativos a que participen coa presenza de persoal docente para facer un percorrido polo novo local acompañados polo arquiveiro municipal, José Antonio Otero Sobrido. Esta acción está programada para as 12 horas do mediodía do xoves 9 de xuño e, no transcurso da mesma, váiselles explicar aos mestres congregados as condicións do local e equipamento, a documentación que xa se trasladou e o plan de futuro para a dotación e os servizos que se pretenden ofrecer. 

Documentos singulares

Ademais, expoñeráselles unha mostra de documentos significativos e singulares do Arquivo e outra de publicacións editadas que se basearon total ou parcialmente na documentación custodiada no Arquivo. Tamén se lerá a “Declaración Universal dos Arquivos” aprobada pola Asemblea Xeral do  Consello Internacional de Arquivos reunida en Oslo en setembro de 2010. 

Esta acción adscríbese ao calendario de actos programados pola Xunta de Galicia, Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, con motivo do Día Internacional dos Arquivos. 

O día anterior:

Este mércores 8, Día Mundial dos Océanos. Xornada de portas abertas ao "Irmáns García Nodal"

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: programa completo do "Verán cultural 2011"

Ribeira, 7 de xuño de 2011. A programación do Verán Cultural de Ribeira 2011 foi presentada hoxe no Auditorio Municipal. Ten entre os seus obxectivos propoñer unha oferta de actividades dirixidas aos rapaces para permitir ás familias a conciliación de vida familiar e laboral durante as vacacións estivais.

 

O edil en funcións de Cultura e Festexos, Luciano Fernández, indicou que este ano a iniciativa acubilla "máis actividades que nunca" e destacou o feito de que se baixase "de xeito notable o importe das matrículas". As preinscripcións ábrense mañá mércores. Agradeceu a colaboración de Xunta, Deputación Provincial, Agadic e Conservatorio de Ribeira.

 

 


Programacion Veran Cultural Riveira 2011.ppt Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical