6.7.10

Literatura: creado xa un blog para o homenaxeado en 2011 nas Letras Galegas

http://loispereiro.blogaliza.org/

Da a sensación de que o homenaxeado este ano xa rematou a súa quenda, pois non sae case nos papeis. Por se acaso, lembrámoslles quen é: http://uxionovoneyra.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Muros: o 22 e 23 de xullo, seminario de verán "Innovación e coñecemento no sector da pesca industrial"

Rianxo: a Banda da Escola de Música ameniza o ciclo de cinema "Vive o verán!" en Santiago mañá mércores, 7 de xullo


Praza de San Martiño Pinario -non confundir coa da Inmaculada-

Rianxo, 6 de xullo de 2010. A Banda da Escola de Música de Rianxo participa na actividade "Clásicos á rúa" que programa a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais de Santiago. Mañá, mércores 7 de xullo, San Fermín, será o concerto de presentación a partires das dez e media da noite na praza de San Martiño Pinario (cerca da Catedral).

Os "Clásicos á rúa!" comezan a súa andaina cun concerto de presentación a cargo da Banda da EScola de Música de Rianxo. Esta formación, integrada por 50 persoas, interpretará unha selección de músicas de cine, de filmes tan coñecidos como "Foise co Vento", "Star Wars", "Mar Adentro" ou "Ben Hur", acompañada dunha montaxe audiovisual con esceas das películas interpretadas.

Con este concerto iníciase o ciclo de cine clásico ao aire libre "Os Clásicos á Rúa!", no que cada xoves deste verán poderase gozar dalgunhas das mellores películas da historia do cine, cunha sorpresa que só descubrirán os que vaian ao cine alí.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o I Encontro de Motos Vellas terá lugar o sábado 14 de agosto


Imaxe da ruta de motos antigas "Terras de Padrón"

Ribeira, 6 de xullo de 2010. Estase a preparar o "I Encontro de motos vellas en Ribeira" que se vai realizar o vindeiro sábado 14 de agosto. O encontro, segundo nos conta o Padre Teixugo, inclúe ruta turistica polas nosas estradas (non autoestrada) e, para aqueles que o queiran, un almorzo de irmandade (con preinscrición dos custes do almorzo) co que rematará o encontro.



"Recordade que procuramos un simple encontro de amigos, polo que cadaquen vai ser responsable do que faga: istoée a diferenza, que só teriades que pagar o almorzo se queredes desfrutar ao mediodia. Non haberá presentes, porque non hai publicidade, como moito vestiremos as camisetas do Concello para apañar publicidade para os que veñan de fóra. Ide con Deus, pero non esquezades: deixádevos ver polo noso primeiro encontro. Xa temos anotada unha Bultaco Metralla MK2 e unha Honda XL 125 S. Recordade pagar o seguroooo... ata breve!", explica Padre Teixugo, moteiro de pro do Mosteiro de Toxosoutos no Reino de Sitio-Distinto.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cinema: "Por la mañana", do boirense Toño Chouza, escollida para o Fascurt 2010

Proxéctana o venres 9 de xullo, na sección Undercut.

Aparece en http://www.fascurt.com/ca/so_undercurt.html#manana
A páxina web deste festival de curtas é http://www.fascurt.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: o DOG recolle a licitación da segunda fase de saneamento da Ribeiriña

As obras, que custan case 700.000 euros, consistirán na instalación de un pozo de bombeo e tubaxes destinadas á recollida e transporte de augas fecais e pluviais


A Pobra, 6 de xullo de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das actuacións da segunda fase do saneamento na Ribeiriña. Tratase de dunha actuación dentro do marco de actuacións que leva a cabo o Goberno galego para mellorar o saneamento da ría de Arousa. A Xunta de Galicia realizará unha achega económica de preto de 700.000 euros distribuídos en dúas anualidades que se corresponden co presente ano 2010 e o vindeiro 2011. Así, cabe citar que a Administración hidráulica de Galicia financia o 100% destes traballos.

O presente proxecto prevé obras centradas na recollida de augas residuais dos núcleos de Ribeiriña e O Conchido que serán transportadas mediante colectores e impulsadas ata o colector executado na primeira fase.

Traballos que se van realizar

No que se refire ás augas fecais, instalaranse 2.109 metros de lonxitude paralelos á estrada que une Padrón e Ribeira (AC-305) así como 807 metros destinados a augas pluviais. Tamén se executará un pozo de bombeo en formigón armado de 2,4 x 5 metros en planta e profundidade de 3,25 metros.

O convenio abrangue entre os seus cometidos a reposición dos servizos e pavimentos afectados polas citadas obras de saneamento. O departamento que dirixe Agustín Hernández colabora de xeito técnico e financeiro cos entes locais debido á escasa capacidade económica que teñen os concellos para asumir o orzamento destas obras. Ademais, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pretende dotar os municipios galegos das infraestruturas necesarias para fomentar o desenvolvemento social e económico, mellorando tamén a calidade de vida dos habitantes.O prazo establecido para a execución dos citados traballos de saneamento é de seis meses aproximadamente.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Muxo Beti e Ratos da Illa animan a participar na Decorasión de Fanequeiras para a Festa da Dorna


Semana Santa? Non! Paso da Semana Dorneira


Ribeira, 6 de xullo de 2010. Muxo Beti e Ratos da Illa, peñas organizadoras da “Decorasión de Fanequeiras”, informan que, a partires de hoxe mesmo, as peñas interesadas en participar na decorasión de fanqueiras xa poden inscribirse en Pepe´s  ou na Caseira.



O ano pasado, os de Muxo Beti estiveron no inferno

 

Muxo Beti e Ratos da Illa animan a todas as peñas a participar nesta edición da “Decorasión de Fanequeiras” que, ao igual que en edicións anteriores, trae novas sorpresas para as peñas participantes. Asemade, aclaran que o xurado encargado de visitar as fanequeiras comezará o seu percorrido polas mesmas o venres 16 de xullo ás 18.00h (seis da tarde o´clock) e a esta hora todas as fanequeiras deberán estar xa rematadas.


Relacionadas:

Falta pouco. Crónica da asemblea de peñas

A todo Ghuarisnai!!



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: o vindeiro domingo 11 de xullo, Curro da Barbanza


A Pobra do Caramiñal, 6 de xullo de 2010
. Este vindeiro domingo, 11 de xullo, a asociación de gandeiros do Monte Posmarcos en colaboración co Concello de A Pobra do Caramiñal, organiza o "Curro do Barbanza". O lugar onde se celebrará será o monte de A Curota no lugar denominado Curro das Canizadas. Toda a información sobre premios, actividades e horarios no cartel adxunto a esta información


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: cursos de manualidades e costura para rapaces no verán en Lestrobe

Curso de manualidades: no local cultural de Lestrobe, de luns a xoves de doce a unha e media do mediodía, do 19 de xullo ata o 6 de agosto. Organizado pola Concellaría de Igualdade e Benestar. A inscrición é gratuíta chamando ao 981.802.466.

Curso de costura para nenos e nenas a partir dos 8 ano de idade, tamén no local cultural, de dez e media da mañá a doce e media do mediodía, todos os martes e xoves de xullo e agosto. Organizado pola Asociación de Veciños de Lestrobe e Concello de Dodro, cun custe do curso de5 euros por mes e por alumn@. A encargada de impartir o curso será Dolores Moreiras.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: a Deputación entregou en Portosín unha embarcación "Omega" para o fomento do deporte da vela

 

O Concello de Porto do Son dispón dende onte dunha embarcación tipo “Omega” para o fomento do deporte da vela na localidade. O barco, que supuxo un investimento de algo máis de 9.000 euros, foi entregado polo presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, nun acto no Náutico de Portosín que contou coa asistencia do alcalde da localidade, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, do concelleiro de Deportes da localidade e de representantes da Federación Galega de Vela.

 

A embarcación estrearase na impartición dun curso de vela para 40 rapaces e rapazas de 9 a 18 anos do municipio que comezou onte e rematará o vindeiro 9 de xullo.

Segundo os datos facilitados polo presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, a institución provincial destina este ano 48.500 euros para a “Campaña de vela 2010”, que fomentará os deportes náuticos entre os nenos e nenas dos concellos de Camariñas, Porto do Son e Malpica e que inclúe a adquisición de tres embarcacións tipo “Omega” (unha por municipio) e o financiamento dos cursos de vela nestas localidades.

En total, uns 120 nenos destes tres concellos coruñeses, entre 40 e 50 por municipio, terán a oportunidade de formarse durante unha semana no deporte da vela, con monitores especializados, seguros, material e embarcacións axeitadas, grazas a esta campaña que a institución provincial desenvolve cada verán en colaboración coa Federación Galega de Vela, que se encarga da organización técnica dos cursos.

As embarcacións tipo “Omega” están especialmente deseñadas para a formación no deporte da vela e é a máis utilizada no sector para as primeiras horas de navegación. Fernández Moreda destacou a importancia dos deportes náuticos na provincia da Coruña, que conta con máis de mil kilómetros de costa e as condicións idóneas para a práctica da vela.

Pola súa banda, o alcalde Porto do Son agradeceu o compromiso da Deputación da Coruña co municipio e o apoio económico para fomentar o deporte da vela entre os máis pequenos.

Segundo subliñou o presidente provincial, coa entrega deste barco tipo “Omega” en Portosín son xa un total de 18 concellos da provincia os que dispoñen de embarcacións deste tipo para o fomento da práctica da vela. Na campaña de 2007 os concellos beneficiarios foron Laxe, Cee, Cedeira, Ferrol e Rianxo; en 2008, Ribeira, Corcubión, Cerceda, Ares e Ortigueira; en 2009, Muxía, Fisterra, Boiro, Sada e Cariño; e en 2010 Camariñas, Porto do Son e Malpica.

Visita ás obras da piscina

Tras a entrega da embarcación en Portosín, O presidente da Deputación e o alcalde de Porto do Son desprazáronse ata o lugar de Noal – A Tarela, onde se están a executar as obras de construción da piscina municipal, financiadas integramente pola Deputación da Coruña cun orzamento de 1.204.741,37 euros.

A infraestrutura deportiva contará con soto e planta baixa (cunha superficie 1.887 metros cadrados) que albergará unha piscina cuberta e climatizada con vestiarios, aseos masculinos e femininos, ximnasio e zona de control, ademais dun espazo para enfermería, masaxes, sauna e baño turco.

A dimensión do vaso da piscina principal será de 25 x 12,5 metros, mentres que na piscina de aprendizaxe será de 3,52 x 13,10 m. O volume da piscina principal é de 492 metros cúbicos e o da piscina de aprendizaxe de 46,11 metros cúbicos.

O soto, de 480 metros cadrados, destinarase a albergar as instalacións e as caldeiras.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical