- Tres das xogadoras, xa subcampionas, son destas bisbarras, dúas do Boiro e unha do Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
[[posterous-content:pid___0]]
Boiro, 16 de abril de 2012. O IV Roteiro "Entre o mar e a terra" da asociación cultural etnográfica "O Faiado 2" terá lugar este sábado 21 de abril.
Que en el TT esté el Rey, la Reina y el Obispo de Alcalá nos confirma que hemos vuelto a la Edad Media
— Democracia real ya!(@15MayoValencia) April 16, 2012
Noia: bases do V Certame de pintura ao aire libre do sábado 21 de abril post.ly/6fSy0 Actualizamos cartel cun premio máis! Olliño!
— Certo (@Certo) April 16, 2012
O Padre Teixugo é un dos que conforman a Tasca do Cuco, onde se reúnen para: vender motos? ou só falar delas? A ver certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) April 16, 2012
Insane in Spain nyti.ms/HKHio0
— Paul Krugman (@NYTimeskrugman) April 15, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
[[posterous-content:pid___0]]
Ribeira, 16 de abril de 2012.- No día de hoxe ábrese o prazo de inscrición dun curso de preparación para o ingreso no Conservatorio Profesional de Música de Ribeira, que está dirixido a nenos e nenas de 8 a 14 anos (cumpridos neste ano) e que queiran facer a preceptiva proba de acceso para cursas estudos oficiais neste centro no vindeiro 2012/2013.
A concelleira de Educación de Ribeira, Maricarmen Vizcaya; o director do centro, Álvaro López; e xefa de estudos, Natalia Rey, ofreceron detalles desta iniciativa que ten carácter gratuíto. Durante cinco semanas, os nenos traballarán os contidos que van integrar a proba de acceso ao 1º curso de Grao Elemental (un exame de carácter obrigatorio que terá lugar a mediados de xuño). Ademais, os rapaces terán un primeiro contacto coas distintas especialidades que se imparten no Conservatorio, e recibirán de parte dos profesores unhas nocións básicas de cada instrumento co fin de axudalos á elección da especialidade que nun futuro inmediato queiran estudar.
O horario será a elixir entre os martes de 19.30 a 20.30 horas e os mércores de 19 a 20 horas, e contará cun máximo de 20 prazas e un mínimo de 9 por grupo para levarse a cabo. As matrículas serán aceptadas por rigorosa orde de entrega do formulario nas oficinas do Conservatorio.
O curso comezará o día 24 de abril na aula 5 do edificio para o grupo do martes, e o 2 de maio para o grupo do mércores. Rematará o 29 e o 30 de maio, respectivamente.
O prazo de matrícula, que comeza hoxe, finalizará unha vez se cubran as prazas ofertadas. Para a formalización da matrícula será preciso a presentación do formulario cuberto nas oficinas do Conservatorio, en horario de 9 a 14 e de 17 a 20 horas.
Durante o mes de maio publicaranse no taboleiro de anuncios do centro tanto as prazas dispoñibles para o curso 2012/2013 como o prazo de matrícula para efectuar dita proba de acceso ao primeiro curso de grao elemental. A día de hoxe, 165 alumnos estudan no Conservatorio de Ribeira, no que hai un total de 16 profesores.
Libro no Ateneo Valle Inclán de Ribeira: o 27 de abril, "Héroes de polvo", de B. Manjón
Prefiero tropecientos viajes en avion con tres escalas ,que uno en bus de Riveira a Santiago!
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
[[posterous-content:pid___0]]
Ribeira, 16 de abril de 2012.- O salón de plenos do Consistorio deu cabida esta mañá a unha reunión técnica co obxectivo de presentar por parte do Executivo local o proxecto do Novo Mercado de Ribeira aos praceiros e praceiras da cidade. Asistiron unha vintena destes operadores, que escoitaron de boca do alcalde Manuel Ruiz Rivas e do concelleiro de Consumo Vicente Mariño de Bricio os detalles da nova infraestrutura, cuxa construción está programada para iniciarse en agosto.
En resposta a unha suxestión plantexada polas 6 froiterías e carnicerías ata hai pouco instaladas na primeira planta do que era a praza de abastos, o Concello comprometeuse a estudar a posibilidade de que todos os profesionais que operan actualmente no Mercado Provisional poidan situarse no mesmo andar: concretamente, na planta baixa, espazo que está destinado a albergar entre outros 28 postos de mariscos e peixe fresco.Plan de comercializaciónO alcalde manifestou que polo que a el respecta non ve impedimento a esta posibilidade, pero que o que definirá a distribución concreta do inmoble vai ser un plan de comercialización que ten intención de encargar o Executivo. Este traballo terá o obxectivo de acadar a mellor fórmula posible cara un óptimo funcionamento do inmoble en todo o seu conxunto, xa que hai que ter en conta que entre a planta baixa e o primeiro andar se dará cabida a un total de 49 postos de venta de mariscos e pescados, conxelados, froitas, verduras, carnes e outros produtos complementarios como restauración, quiosco de prensa...; a segunda planta aloxará produtos non perecedoiros, mentres que a terceira planta e a terraza superior do edificio acollerán un restaurante.Así, Ruiz Rivas considerou fundamental que unhas plantas se axuden a outras no reto de que o Novo Mercado sexa un referente económico do municipio e un dinamizador do entorno.Outra das cuestións abordadas na reunión de hoxe foi o do Mercado Provisional aberto o pasado 3 de abril que, ao parecer dos praceiros, está tendo un funcionamento moi positivo, rexistrándose un sensible incremento de ventas con respecta a antiga praza.Antes, en Certo:
Mercado: abre o provisional. É tempo dun novo faraónico?
Ribeira: comezou "Encanínate", con 26 persoas que lle aprenderon aos seus cans técnicas para mellorar o comportamento is.gd/BbqBGM Ribeira: están a amañar o camiño entre A Ameixida e O Touro is.gd/hgmYyR
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: están a amañar o camiño entre A Ameixida e O Touro is.gd/hgmYyR
— Certo (@Certo) April 16, 2012
Noia: bases do V Certame de pintura ao aire libre do sábado 21 de abril post.ly/6fSy0 Actualizamos cartel cun premio máis! Olliño!
— Certo (@Certo) April 16, 2012
Boas! Nós versionamos a Los Tamara E na paxina lostamara.com podes descargar un avance do disco que fixemos@aliciapoulain
— Coque Dosil (@coukainess) April 15, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Outes, 16 de abril de 2012. "Enteirados do salvaxe atentado cometido contra o monumento na memoria das vítimas do franquismo no Cemiterio de San Francisco de Ourense na noite do 13 de Abril, queremos manifestar toda a nosa indignación e a nosa solidariedade con toda a cidadanía de ben de Ourense. Tamén a nosa fonda preocupación polo que semella ser algo moi premeditado, e acontece nun intre sociopolítico que pode dar pé a un auxe do fascismo. Contra iso, as nosas dúas mellores armas: apoio solidario e unidade contra a barbarie. E tamén a esixencia de que a impunidade dos asasinos de antes e os seus herdeiros de hoxe, debe rematar derrogando a vixente Lei de Amnistía", explica Xoán X. Mariño, presidente da Asociación Cívico Cultural Terra de Oute nunha nota de prensa.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 16 de abril de 2012.- O Concello informa do inicio das obras de renovación de servizos no camiño que conecta os lugares de A Ameixida (Castiñeiras) e O Touro (Ribeira). Esta actuación ten un importe de 83.583 euros e un prazo de execución de tres meses. A empresa Excavaciones Abelleira, S.L., é a empresa adxudicataria.
Actualmente o citado camiño presenta unha traza bastante irregular, con pavimento de formigón nalgún tramo e de terra noutro. En toda a zona de actuación, os colectores de pluviais e fecais están moi deteriorados e están feitos nun material que apenas se emprega na actualidade para este tipo de instalacións. Asemade, a tubaxe de abastecemento de auga é de fibrocemento. O obxectivo fundamental perseguida coa actuación é a renovación dos servizos urbanos de auga potable, saneamento e pluviais, utilizando materiais que si se usan a día de hoxe, tales como tubaxes de PVC para fecais e pluviais e tubaxes de polietileno de alta densidade para auga potable.Unha vez realizada a demolición dos pavimentos existentes, rematarase o camiño cun pavimento de mestura bituminosa en quente no tramo con máis pendente, e zahorra artificial compactada no resto da vía, que se corresponde co tramo máis estreito e con menos pendente, harmonizando así co entorno no que se actúa. En gran parte do camiño existen masas rochosas que é preciso demoler en parte para a aplicación do novo pavimento.A actuación será acometida con cargo ao canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo municipal de augas.Romero Ortiz: precisan cortar a circulación de vehículos este mércores 18
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia