30.6.10
Historia: 68 anos despois, parece que non avanzamos demasiado
Panfleto do ano 1932 saído dunha imprenta de Talavera.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Cultura: Atalaia, novo portal do Consello da Cultura para a arte contemporánea en Galicia
En http://culturagalega.org/atalaia
Non atopamos ningún artista das bisbarras de Noia e Barbanza. Imaxinamos que os irán engadindo... ou non hai? Hai algún artista contemporáneo lendo isto? Que rebula!
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Deportes: a boirense Rebeca Mariño, no Campionato do Mundo Universitario que se disputa en Vigo ata o domingo 4 de xullo
O secretario xeral para o Deporte inaugurou esta competición este mediodía e destacou o alto nivel dos galegos, entre os que está a boirense Rebeca Mariño
Boiro, 30 de xuño de 2010.-O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou, na inauguración do Campionato do Mundo Universitario de Taekwondo a posibilidade dos participantes galegos de conseguir medallas nesta competición. Lete Lasa salientou o alto nivel dos deportistas que representan a Galicia: Estefanía Hernández, da Coruña, Rebeca Mariño, de Boiro, Juan Fernández, de Bergondo, Fernando Rascado, de Vigo, e María Bautista, tamén de Vigo.
O secretario xeral felicitou á Federación galega de Taekwondo pola organización desta competición e subliñou o apoio da Xunta de Galicia á celebración de iniciativas deste nivel na comunidade autónoma. Neste sentido, Lete Lasa destacou que estas competicións promoven a proxección internacional das cidades e pobos galegos e teñen un impacto directo na economía, ademais de supor unha oportunidade para que os deportistas do Centro Galego de Tecnificación poidan ver de cerca a deportistas de gran nivel e achegar as grandes competicións ao público como modo de fomentar a práctica deportiva.
Lete salientou o apoio do Goberno galego á práctica de taekwondo e lembrou que foi en 2004 cando este deporte pasou a formar parte do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Así, o secretario xeral subliñou que neste momento existen tres grupos de adestramento nesta disciplina: tecnificación, rendemento e elite.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Curiosidades: Portugal en pelotas co gallo do fútbol
"A culpa é bossa"...
E iso que dixemos que en Certo non íamos falar do Mundial. Mais esta foto que tiñamos había que empregala!
Visto en Tavira (Algarve portugués)
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: Torres Colomer e a "segunda xuventude", protagonistas onte no auditorio
Acto seguido chegou o momento das intervencións institucionais de Esther Patiño Rey, quen salientou o éxito deste Programa que xurdiu no ano 2004, e do alcalde José Luis Torres Colomer, quen ratificou o seu compromiso de seguir promovendo novas actividades a prol do benestar e a calidade de vida dos maiores, aos que cualificou de “segunda xuventude”. Por último, tivo lugar a entrega de diplomas aos maiores que participaron nos obradoiros de Reforzo Educativo e de Estimulación da Mente.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Opinión: Bóveda ataca ás pseudociencias e aos seus charlatáns difusores
"Convertendo ese suposto periodismo de investigación no resultado dunha sorte de doutrina falsaria máis perigosa, se cabe, que a chamada prensa rosa e programas do corazón, que polo menos pousa os pés na mundanidade (aínda que ás veces mal corroborada)".
Artigo completo en http://certo.es/index.php?page=tragar_sen_mascar
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Cinema: a primeira curta do mundo gravada e editada tan só cun teléfono Iphone 4
En só 48 horas. Primeiro poñen o resultado e logo como se fixo... É impresionante que cun cacharriño tan pequeno se poida acadar este nivel. A editora quéixase de que lle doen os dedos, nembargantes. Normal!
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: a Fiestra da Cultura contraprograma á Mostra das Culturas de Boiro este sábado 3 de xullo
A COMPAÑIA DO RUIDO
http://www.myspace.com/acompaniadoruidoCUCHUFELLOS
http://www.myspace.com/cuchufellosSINEFRES
http://www.myspace.com/sinefresPICADISCOS SOUND SISTEMA
E por se fora pouco, verbena á mesma hora con Estelares e Aramio... Mira
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Deportes: Terceiro Maratón de Fútbol 7 o 10 e 11 de xullo na Fieiteira, en Ribeira
No campo de céspede artificial. Toda a información no cartel
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Cultura: asociacións de Barbanza e Noia participarán na homenaxe a Rosalía o 15 de xullo en Santiago
Entrada, hoxe pechada, ao Panteón de Galegos Ilustres de SantiagoBarbanza-Noia, 30 de xuño de 2010. A Asociación Cultural Altofalante (Ribeira), Barbantia (Barbanza e Noia) e Antrospinos (Taragoña, Rianxo) van participar no acto cívico en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro que organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Tumba de Rosalía, coa estatua de Murguía (seu marido) ao pé, no Panteón de Galegos Ilustres Segundo contan os organizadores, "é a nosa intención encher un autobús que vaia de Barbanza a Padrón. Logo iríase en tren até Santiago, onde se desenvolverían recitados de poemas da galega universal en distintos puntos da cidade. O acto finalizaría en Santo Domingos de Bonaval, e dende aí volveríamos en autobús ao Barbanza. Aproveitarase o acto para reclamar a apertura do Panteón de Galegos Ilustres, pechado dende fai unhos meses e sen xustificación seria algunha, pola Santa Madre Igrexa".Toda a información nos documentos adxuntos a esta información. Se quere ver o roteiro en Google Maps, prema nesta ligazón.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia