14.12.12

Audiovisual: o LAV013 en Vedra abre a inscrición en dez cursos de formación audiovisual para afeccionados e profesionais

  • A inscrición no Laboratorio Audiovisual de Vedra está aberta ata o día 1 de febreiro; a matrícula formalízase on line a través da páxina web da asociación: www.senunpeso.org
  • Ofértanse en total 150 prazas para dez cursos que se desenvolverán na fin de semana do 16 e 17 de febreiro
  • A segunda fin de semana do LAV estará dedicada ao intercambio de materiais e coñecementos prácticos para o cambio social: será o RevoLAV
Barbanza, 14 de decembro de 2012. Vedra está aí ao pé e a formación que se oferta é válida para todo aquel ou aquela das bisbarras de Barbanza e Noia que teña paixón por este mundo. O LAV013, Laboratorio Audiovisual de Vedra, volve en febreiro cun formato renovado que mantén o obxectivo de ofrecer de novo ferramentas de formación en audiovisual dirixidas a afeccionados e profesionais. Na fin de semana do 16 e
17 de febreiro desenvolveranse en Vedra os dez obradoiros destas VI Xornadas de
Formación e Mostra Audiovisual. A fin de semana seguinte celebrarase por primeira vez o
RevoLAV: unha xornada dedicada ao intercambio de materiais e coñecementos prácticos
para o cambio social, con mercado de troco, charlas informativas, proxeccións, actuacións
etc.
A Asociación Senunpeso abriu xa o prazo para inscribirse nas 150 prazas dispoñibles en
total nos dez obradoiros desta sexta edición. No programa de obradoiros segue habendo
oco para cursos de iniciación e outros máis técnicos sobre aspectos específicos. Este ano
dedícaselle máis atención aos formatos online e apóstase pola formación dirixida á
autosuficiencia e ao uso social e reivindicativo dos medios audiovisuais. Así, o LAV013
inclúe os seguintes obradoiros: vídeo de combate, loita escénica, o intérprete ante a
cámara, documental web, podcast e radio en Internet, dirección artística low cost,
marketing de guerrilla, videoclips, son en producións audiovisuais e obradoiro para
alumnado da ESO.

Todos os cursos teñen unha duración de 14 horas repartidas entre o sábado 16 e o
domingo 17 de febreiro. Hai 15 prazas dispoñibles en cada curso, cun custe de 50 € para
cada alumno ou alumna. A matrícula formalízase on line antes do 1 de febreiro a través da
páxina web da asociación: www.senunpeso.org

Na súa sexta edición, o LAV é xa un referente na formación audiovisual non regrada en
Galicia, ofrecendo un programa moi completo que ten por obxectivo fomentar a creatividade entre afeccionados e profesionais e promover o uso social das ferramentas audiovisuais. En Senunpeso entendemos o audiovisual coma un traballo ou unha afección colaborativa, onde todas as partes son importantes. Aproveitando e compartindo os coñecementos, a creatividade e os materiais pódense facer grandes produtos audiovisuais sen necesidade de contar con grandes orzamentos.

Iniciación a formatos

Se outros anos as curtas, a animación ou o documental foron protagonistas de obradoiros,
este ano dedicamos cursos a outros catro formatos: o videoclip, o documental web, o podcast e radio online e o vídeo de combate. O obradoiro de vídeo de combate pretende sentar as bases de como empregar o audiovisual para lanzar unha mensaxe clara, efectiva e con poucos recursos para informar, divulgar e denunciar apoiándose nas novas tecnoloxías. Está dirixido a asociacións, colectivos e persoas que queiran elaborar vídeos atractivos e dinámicos. Ensinarase desde como planificar o traballo, a como gravar para comunicar, editar e logo comprimir para Internet. Estará impartido polo realizador Roi Guitián e a xornalista María Lobo, con experiencia en vídeo participativo e con ONGs.
No obradoiro de videoclips abordarase a historia do formato e a súa metodoloxía de traballo. Traballarase cun caso real: desde a idea, a partir da música, ao desenvolvemento
de toda a preprodución, co obxectivo de que ao remate do taller o alumnado conte coas
ferramentas para a produción dos seus propios vídeos musicais. A cargo do curso estarán
Juan Lesta e Belén Montero (Esferobite), que realizaron clips para artistas como Fangoria,
La Buena Vida, Astrud e para as principais discográficas independentes españolas, ademais de dar clases neste ámbito en varios cursos universitarios. Con María Yáñez, xornalista, produtora e investigadora, especialista en contidos web e narrativas dixitais, introducirémonos nun novo formato: o documental web. Os participantes no obradoiro aprenderán a identificar e incorporar nos documentais para internet mecanismos da linguaxe da web: hipertextual, non lineal, espacial, inmersiva, interactiva e participativa. Dun xeito práctico achegaranse ao proceso creativo necesario para un webdocumental: da idea inicial ao prototipado, do prototipo á identificación de recursos para a produción e o desenvolvemento e edición da web. O taller está destinado a todo tipo de creadores audiovisuais, dende realizadores, guionistas ou xornalistas a todas aquelas persoas interesadas en contar historias de maneira diferente. E con Uxío Broullón, deseñador e responsable do podcast “Commons Baby!” achegarémonos ao podcast e radio online. O obxectivo deste obradoiro é aprender a facer a túa propia “radio” ou “espazo radiofónico” por internet. Contará cunha parte teórica onde se explicará como funcionan os dous xeitos de “emitir” na rede: en streaming e en podcasting; e unha terceira práctica no que se traballará todo o proceso de creación dun podcast ou falangullo, desde a concepción do mesmo até a publicación e difusión final.

Dominio de ferramentas

A interpretación segue a ter un oco importante no programa do LAV, con dous obradoiros:
loita escénica e interpretación diante da cámara. Ademais, programamos cursos de son
para producións audiovisuais e ferramentas na busca da autosuficiencia: márketing de
guerrilla e dirección artística low cost.
O obradoiro de interpretación diante da cámara estará conducido polo actor Francisco
Olmo. Estar ante a cámara é, ás veces, o maior hándicap para a actuación. Neste taller
ensaiarase como convertela nunha aliada mediante técnicas de relaxación, contención e
distancia, e a través de pequenos monólogos, accións e escenas simples.
Unha das propostas máis novidosas deste ano é o taller de loita escénica, que tratará de
achegar os recursos básicos para as escenas de pelexa e violencia en teatro e televisión. O actor Pablo Sánchez, especialista en teatro físico e coreógrafo de loita escénica en filmes como O agasallo de Silvia, Sara ou Diario de un skin, ensinará acrobacias sinxelas, caídas, expresións e reaccións, tipos de golpes, loita con bastón e creación de secuencias.
Daniel López de Mandeo Records encargarse do taller de iniciación ao son en producións
audiovisuais. Neste curso identificaranse todos os procesos de son dentro dunha produción audiovisual. Dende o deseño sonoro na preprodución, ata a súa emisión en cine ou televisión, pasando pola rodaxe e pola sala de posprodución, co fin único que os alumnos e alumnas sexan quen de abordar a súas propias producións audiovisuais, sendo coñecedores e autosuficientes dentro do apartado de son. No obradoiro, teórico e práctico,
abordarase a análise e deseño sonoro, a captación de audio e a postprodución en estudio.
Se tes unha idea ou proxecto, pero non dispós de fondos para contratar servizos
profesionais de marketing e comunicación para dalo a coñecer do xeito que se merece,
pode serche moi útil o curso de Marketing de guerrilla pra proxectos audiovisuais que
ofrecerá Iñaki Quenerapú. Nel achegará técnicas esenciais de mínimo investimento para
escoller o mellor nome para o teu proxecto; dotalo dunha identidade propia e atractiva;
proxectar de ti, do teu equipo e da túa compañía unha imaxe gañadora; ter presenza
favorecedora en Internet; e promocionar e popularizar as túas ideas e proxectos
aproveitando a viralidade das redes sociais dixitais. En definitiva, crear, manter e controlar
unha imaxe de marca eficaz e positiva.

Nas próximas días concretarase o programa e quen impartirá os obradoiros de dirección
artística low cost, para o que aínda non está aberta a inscrición.

Taller dirixido ao alumnado de ESO
Un ano máis, o LAV ofrece un obradoiro de balde para alumnado da ESO interesado no
audiovisual. O obxectivo é proporcionarlle unha visión de primeira man participando na
elaboración dunha curtametraxe. O curso terá dúas fases: unha de preprodución e outra de
rodaxe e edición. Na primeira procurarase que todos os alumnos e alumnas teñan unha
visión o máis ampla posible das distintas facetas, tanto artísticas coma técnicas, que
interveñen na realización dunha curta: son, iluminación, dirección, produción, fotografía,
planificación da rodaxe, etc. Deseguido levarase adiante a rodaxe e edición da peza. O
profesor será Luqui Matthews, que dirixe dende 2003 Espazo Aberto Galiza Filmes.

Máis información en: www.senunpeso.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o venres 28 de decembro, Festival de Nadal de Aleivosía

  • Organiza A.S.C Fogo Fatuo
  • Promove a Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo

Nadal_aleivosia

  • Participan:

 

  1. Coral polifónica do Liceo Marítimo Rianxeiro
  2. Agrupación de baile e música tradicional Fouliada da Asociación de amas de casa de Mazaricos
  3. Agrupación de baile e música tradicional ALEIVOSÍA da A.S.C Fogo Fatuo
  • No auditorio de Rianxo ás 21:00 horas
  • Recollida de entradas ás 20:00 h

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: alumnos de sexto de Primaria do Grupo afondan no Banco de Tempo con sesións prácticas

 

Ribeira, 14 de decembro de 2012.- Aprenderlle a un compañeiro a xogar ao xadrez ou ao baloncesto, a confeccionar pulseiras ou a adquirir coñecementos en informática son algúns dos intercambios que se puideron observar no día de hoxe no Banco de Tempo Escolar que se desenvolve no Grupo, colexio de Ribeira. 

Os 43 rapaces de sexto de Primaria do CEIP O Grupo levaron a cabo hoxe no seu centro escolar unha nova sesión desta innovadora iniciativa, pioneira na comarca, que está promovida dende a Concellería de Igualdade do Concello a través do CIM coa colaboración da citada entidade educativa.

Baixo a atenta mirada da axente do tempo, Herminia Dios, e dos seus respectivos titores, os rapaces de 6º A e 6º B estiveron a compartir unha experiencia na que a moeda de cambio  é o tempo que inviste acada un en ensinarlle a un compañeiro algún coñecemento, o que se verá correspondido ao recibir outro en troques.

A iniciativa estase erixir nunha ferramenta moi útil, versátil e innovadora para poder interiorizar entre os cativos valores como a reciprocidade, a confianza e a axuda mutua. 

Ademais, constitúe un importante paso para promover un servizo que na súa versión adulta conta con máis dunha vintena de participantes.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: programa detallado do "Nadal en Familia 2012-2013"

Media_httpfarm9static_ijacc

Noia, 14 de decembro de 2012. A Concellería de Cultura de Noia informa hoxe da nova programación de Nadal deste curso "pensada para toda a familia e na que se mestura teatro, contacontos, concertos de panxoliñas, actividades de animación á lectura dentro das cales os protagonistas son os escritores conmemorados no 2012 e, especialmente, Charles Dickens, do que se cumpren 200 anos do seu nacemento. Del coñeceremos o libro Un Conto de Nadal a través de diversas actividades dirixidas a nenos e nenas de idades comprendidas entre 5 e 12 anos".

 

PROGRAMACIÓN CULTURAL

DE DECEMBRO CONCELLO DE NOIA

 

.- 22, sábado, 18:30 h.   PETER PUNKPeter Punk e o neno imperdible

NOVO CIRCO.                  Salón I.E.S Campo de San Alberto

AGADIC

 

.-23, domingo, 18:30 h. TELONCILLO: Los animales de don Baltasar

AGADIC.                      Salón I.E.S. Campo de San Alberto

 

.- 23, domingo, 20:30 h. Concerto de Nadal da Banda Municipal de Música de Noia

Acompañados polo Coro I.E.S. Virxe do Mar de Noia  e José Manuel Gómez

                                           Igrexa de San Martiño de Noia

 

.-  26, mércores, 12:00 h. Contacontos musicado Historia do piano triste

Casa da Cultura “A.Avilés de Taramancos”

Nenos de 3 a 5 anos.  45 `de duración

                                     

.- 26,  mércores, 18:30 h. GHAZAFELHOSBon Appétit

AGADIC                       Salón I.E.S. Campo de San Alberto

 

 

.- 27, xoves, 12:00 h.   MOITO CONTO  con Ana Carreira

Casa da Cultura “A.Avilés de Taramancos”

5 A 12 anos. 45 ` duración

 

.-27, xoves, 18:30 h. SARABELA TEATROA Voar ¡

AGADIC                        Salón I.E.S. Campo de San Alberto

 

.- 28, venres, 18:30 h.  PISTACATRO PRODUCTORA DE SOÑOS 

Xogando coa Arte.

DANZA-AGADIC         Salón I.E.S. Campo de San Alberto

Media_httpfarm4static_dyxca

.- 28, venres, 20:30 h.  PANXOLIÑAS - CORAL POLIFÓNICA DE NOIA

Igrexa de Santa María “A Nova”

 

.- 29, venres, 18:30 h.  BERROBAMBÁN: Bicharada

Teatro-AGADIC            Salón I.E.S. Campo de San Alberto

 

.- 5 de xaneiro    CABALGATA REIS MAGOS

 

EXPOSICIÓN NA CASA DA CULTURA.

 

.- ANIVERSARIOS MEMORABLESNadal  de contos e de historias

   HOMENAXE A DICKENS. UN CONTO DE NADAL do 19 ao  2 de xaneiro de 2013

     Actividades para nenos e nenas o día 28 de decembro, venres, de 8 a 12 anos.

     Actividades para nenos e nenas o día  2 de xaneiro, martes, de 5 a 8 anos.

     Horario: 11:00 a 13:00 h

Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Noia     Colabora: AGADIC

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: comezou o novo obradoiro de emprego "Vionta", que remata en xuño do vindeiro ano

  • Son 25 persoas, das cales 7 mulleres e 18 homes
  • Entre os seus cometidos estará a construción dun novo local social en Carreira, unha tarefa que sacarán adiante sobre todo os de albanelería e carpintería


Media_httpfarm9static_cihlf

Alumnado e docentes do novo obradoiro na sesión de inauguración

Ribeira,14 de decembro de 2012.- Un total de 25 persoas (18 homes e 7 mulleres) iniciaron no día de hoxe o novo Obradoiro de Emprego ‘Vionta’: unha iniciativa que se desenvolverá no municipio ata o vindeiro 13 de xuño de 2013.

O arranque do curso contou coa participación do alcalde, Manuel Ruiz, quen se dirixiu ao alumnado e profesorado do obradoiro para explicar cal  é a motivación desta iniciativa que ten un dobre carácter formativo e laboral.

Os 25 alumnos (todos eles maiores de 25 anos que estaban en situación de desemprego) están distribuídos en dúas especialidades: fábricas de albanelería (15 alumnos-traballadores: 13 homes e 2 mulleres) e carpintería (10 alumnos-traballadores: 5 homes e 5 mulleres).

Media_httpfarm9static_fchci

O concelleiro de Emprego, o alcalde e a directora, Sandra Pérez

Persoal docente

O persoal docente está conformado por unha directora (Sandra Pérez), un mestre para cada unha das especialidades (Manuel del Río Valiño para carpintería e Juan Carlos Pérez para albanelería), unha titora (Susana Otero), un arquitecto técnico (José Manuel Gago), un mestre de xestión empresarial (Severino Fontaíña) e unha auxiliar administrativo (Elena Fernández).

A principal actuación que está previsto afronten estes alumnos unha vez aprendan o coñecementos necesarios é o inicio da construción dun novo local social e multiusos na parroquia de Carreira. Fabricar equipamento de madeira para espazos públicos ou mobiliario de madeira para departamentos municipais son outros das accións programadas para o semestre.

O alcalde Manuel Ruiz desexoulles unha frutífera experiencia aos participantes e salientou as iniciativas que a instancias do Concello se están levando a cabo para promover o emprego no municipio. Entre elas, este obradoiro de emprego, pero tamén outras accións como a contratación dunha orientadora laboral, a celebración de cursos dirixidos aos emprendedores ou outras iniciativas auspiciadas dende a mancomunidade Arousa Norte.

Así mesmo, avanzou que dende o Executivo e buscando a colaboración do empresariado local se está traballando na elaboración dun novo plan orientado a facilitarlle aos xóvenes o acceso a un primeiro emprego.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: este sábado, 15 de decembro, cerimonia de entrega do premio "Eusebio Lorenzo Baleirón"

  • Comeza ás 17:30 no colexio que leva o nome do poeta
  • Haberá autobuses como de costume nas parroquias para achegarse
  • Inaugurarase tamén unha exposición sobre Baleirón que comisaría Carlos Negro
  • Asistirán o conselleiro de Educación e o presidente da Deputación
  • Ao final haberá petiscos para os asistentes

Dodro_baleiron
Antes, publicamos:


Premio: Serxio Iglesias gana o "Eusebio Lorenzo Baleirón" 2012

Tamén, en Dodro:

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical