Juan Maneiro, director xeral de Competitividade e Innovación, cualifícaos como “pouco responsables” e bótalle de novo a culpa ao bipartito de xerar un clima de desconfianza hacia estas instalacións
Os que se opoñen ás gaiolas van seguir mobilizándose, e máis nesta campaña electoralNoia-Muros, 7 de maio de 2011.- A Consellería do Mar lamenta que as confrarías de Muros e a de Noia e a asociación de bateeiros Muros- Esteiro rexeiten participar na comisión de seguimento impulsada pola propia Consellería para analizar o impacto das gaiolas de salmón en proceso de instalación nesa ría. Así o manifestou onte o director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, na comisión 8ª de pesca e marisqueo que cualificou de “pouco responsable” a falla de implicación destas tres entidades. O director xeral explicou na súa comparecencia que o seu departamento invitara a participación das catro confrarías da Ría de Muros- Noia e das tres asociacións bateeiras da zona para pór en marcha esta plataforma que avaliará, cada dous meses, o impacto das plantas nos bancos marisqueiros. Nestes intres, aínda que xa se superou o prazo, a Consellería segue á espera de recibir contestación de outras entidades do sector, ás que tamén se lles invitou a participar. Maneiro lembrou que varias entidades asociativas da Ría Muros-Noia remitiron un informe “no que tentan cuestionar a validez dos informes técnicos externos solicitados pola Consellería”. Así, o documento pretende demostrar a perniciosidade ambiental do cultivo do salmón “con información pseudocientífica extraída de Internet”, tal e como dixo o director xeral. Neste sentido, os detractores destes cultivos están a comparar este proxecto co caso de Chile” que en ningún momento é o noso exemplo a seguir, como si o son os casos de Noruega ou Escocia, con producións anuais dun millón de toneladas e de 150.000 toneladas anuais e non está a supor ningunha afectación ao medio ambiente. En todo caso, tanto a Consellería coma o Clúster de Acuicultura están a estudar detalladamente este informe e remitirán ás entidades asociativas as conclusións pertinentes. Maneiro considera que foi “a ocultación e o escurantismo” do goberno bipartito á hora de instalar estas gaiolas na Ría de Arousa “o que creou desconfianza nos sectores produtivos de Muros- Noia” e recalcou que informes científicos conclúen que “é unha actividade perfectamente compatible coas actividades de pesca, marisqueo e acuicultura”. “Reivindicamos o dereito de avaliar a viabilidade deste proxecto coma unha posible fonte de riqueza e emprego que, de caso de ser comprobada no triplo eixo –ambiental, social e económico- permitiría crear máis de 300 empregos”, dixo. Maneiro sinalou que en España hai unha demanda de máis de 40.000 toneladas anuais de salmón que na actualidade están a satisfacer outros países. Por último, o director xeral asegurou que no caso de que o proxecto, en fase experimental, non cumpra cos requirimentos dun cultivo sostible nos tres aspectos, ambiental, social e económico, “a experiencia darase por finalizada nas nosas augas”, pese a que a información científica dispoñible e os avances técnicos dos últimos anos apuntan con claridade a que o cultivo é perfectamente compatible coas actividades tradicionais de pesca, marisqueo e acuicultura. “Proba diso son os dezaoito meses de cultivo experimental na ría de Arousa onde non se constatou ningún tipo de efecto negativo”, concluíu. Antes, en Certo:
Gaiolas: O PP loitou cando estaba na oposición contra as gaiolas de salmón.

Salmón: a culpa das gaiolas tamén é do Bipartito, di a Xunta
Noia: o PP volta tumbar unha proposición do Bng contra as gaiolas de salmón na Ría
Gaiolas de salmón: manifestación espontánea na Ría contra elas
Gaiolas de salmón na Ría: o Bng tamén se opón
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia