16.11.11

A Pobra: o Psoe denuncia os drásticos recortes en axuda a domicilio

Moción Plan concertado.docx Download this file

  • Presentan unha moción para que non desapareza o Plan Concertado de prestación de Servizos Sociais 
  • 30.000 euros menos para axuda a domicilio e outros programas este ano

Media_httpfarm7static_fdagl

Pobra do Caramiñal, 16 de novembro de 2011.- A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Teresa García, denunciou hoxe que o PP "quere  facer desaparecer paulatinamente o Plan Concertado para a prestación de Servizos Sociais a través dos concellos". 

García  criticou que mentres a conselleira de Benestar promete que “non haberá  recortes e en ningún caso afectarán á asistencia domiciliaria”  e mesmo comprometía o pago por adiantado, a realidade é que no ano 2010 este Concello obtivo unha subvención polo Plan Concertado por valor de 99.169,96 e para este ano 2011 se abonarán 69.715,95, notificándose a resolución o día 25 outubro cando o servizo xa está prestado. Se no ano 2010 a axuda a domicilio foi subvencionada por 27.139 euros, este ano 2011 percibirase unicamente na Pobra 3.567 euros e 0 euros para programas.

Acusou ao PP de “deixar de lado, abandonados” a centos de persoas dependentes en “situación tráxica” que precisan da axuda pública e apelou á súa “conciencia” e á “obriga legal, moral, constitucional e estatutaria” para prestar estas axudas.  

Lamentou que a resposta da Xunta teña sido facer desaparecer programas de axuda a persoas con exclusión social, mentres reducen os programas de axuda no fogar.

Sen Plan concertado non poderían existir os servizos públicos sociais que existen na actualidade, explican os socialistas. "Os recortes que se teñen experimentado están a asfixiar aos concellos, e, o máis importante, a persoas que precisan deste plan para vivir  nunhas mínimas condicións de benestar", remata Teresa García.

Relacionada:


Axuda a domicilio en Noia: o pleno, incluso o PP, rexeitan os recurtes

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: a Cooperativa Ría de Arousa apúntase á ecocertificación de ameixas e berberechos

  • Financiada por unha fundación americana, é das primeiras pesquerías artesanais de España en subirse a este marchamo

Media_httpfarm4static_rtpty

Boiro, 16 de novembro de 2011. Onte deuse a coñecer que a pesquería de ameixa e berberecho da Ría de Arousa vai entrar na avaliación completa dun programa de certificación medioambiental e ecoetiquetado do Marine Stewardship Council (MSC). Convírtese así, xunto coa de Bueu, que vai ecocertificar as navallas collidas polos buzos, nunha das primeiras pesquerías artesanais españolas en entrar en avaliación e certificación completa do MSC, e nas primeiras pesquerías que operan en augas nacionais en entrar neste programa.

Segundo informou o mesmo MSC na súa web, os pescadores galegos "están liderando a busca de certificación por terceiras partes, demostrando que a conservación do recurso e a pesca sostible son un elemento clave da súa actividade". Unha fundación americana chamada Resources Legacy Fund aportou a financiación para que estas pesquerías entren en avaliación completa.

Cooperativa da Ría de Arousa

Media_httpfarm5static_irvff

A cooperativa da Ría de Arousa captura tres especies de ameixa ( Ruditapes decussatus, Venerupis pullastra, Ruditapes phillippinarum) e berberechos (Cerastodema edule). Os seu máis de 400 membros recolectan a pé empregando o tradicional “sacho” e en pequenas embarcacións mediante o rastro de vara larga”. O marisco recolectado clasifícase a pé de praia,e ponse   especial atención á tallaxe mínima. Capturan sobre 15 toneladas anuais e comercialízanas nas novas instalacións da cooperativa, as cales inclúen punto de venta, con destino da produción ao mercado autonómico galego e a toda España.

Mellora do acceso á certificación para pesquerías con escaseza de datos

As pesquerías utilizarán o Marco de Avaliación de Riscos (RBF nas súas siglas en inglés). Esta metodoloxía permite ás pesquerías con datos limitados ser avaliadas respecto ao estándar MSC e, se o superan con éxito, terá as mesmas oportunidades para asegurar os beneficios de mercado da certificación que xa desfrutaron pesquerías máis grandes con acceso a un número significativo de datos cuantitativos. A metodoloxía RBF esixe un maior nivel de precaución que na avaliación respecto á metodoloxía do estándar MSC, para compensar a deficiencia de datos cuantitativos.

Compromiso coa sostibilidade

Juan José Dieste Rodríguez, presidente da Cooperativa Ría de Arosa de Boiro: “La pesca artesanal gallega, debe apostar decididamente por la sostenibilidad de sus bancos marisqueros. La Cooperativa Ría de Arosa viene trabajando en este sentido desde el principio, ya que forma parte de los objetivos fundacionales de la entidad. Consideramos a MSC como la mejor herramienta para seguir mejorando en la sostenibilidad de nuestra pesquería, que junto con las nuevas instalaciones, nos permitirá mejorar la comercialización a través de la ecoetiqueta del MSC, dejando la puerta abierta a que el canal de restauración local se sume a este proyecto ya que todos los productos que llevan la etiqueta MSC son una garantía para el consumidor”.

Máis información en www.msc.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: crean dúas aulas de teatro este xoves 17 e o venres 18 representan "Frankestein" e imparten un curso de cata de viños

Boiro, 16 de novembro de 2011. A Concellería de Cultura do Concello de Boiro iniciará este xoves 17 de novembro unha actividade de iniciación ao teatro para os mozos e mozas do Concello. Esta iniciativa consiste na creación de dúas aulas de teatro: unha no núcleo urbano de Boiro que se impartirá na Casa da Cultura e a outra no centro social de Abanqueiro.

Centro social de Abanqueiro

En cada aula haberá dous grupos: un primeiro grupo de 18.00 a 19.30 h destinado a mozos/as de 10 a 11 anos e un segundo de 19.30 a 21.00 h para mozos/as de 12 a 16 anos. As actividades desenvolveranse dende novembro ata marzo e terán un coste simbólico de 5 euros mensuais.


Os días para a celebración das actividades das aulas de teatro serán: en Boiro, tódolos xoves e en Abanqueiro, tódolos venres. As aulas de teatro combinaran a modalidade Masterclass, cada mes celebrarase un encontro cun actor que lles achegue a súa experiencia neste xénero literario. Máis información e inscricións no Centro Social de Boiro


Actividades do venres 18 de novembro


Este venres 18 de novembro na Casa da Cultura preséntase a obra de teatro infantil (para nenos a partir de seis anos) Frankestein, a cargo da compañía Ghazafelhos. Ofreceránse dúas funcións: a primeira ás 18 horas e a segunda as 20.30.

Cata de viños

Tamén o venres 18 de novembro ás 20 horas presentarase o curso de cata de viños que impartirá Federica Salvador en novembro no centro social. Na presentación realizarase unha cata para achegar a todos os participantes ao mundo do viño e posteriormente o curso realizarase os días 19,25, 26 de novembro e 2 de decembro en horario de venres de 20 a 22 horas e sábados de 11 a 13 horas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: a banda de gaitas "Buxaina", de Taragoña, celebrou o seu 18 aniversario

  • Trasladaron a troula a Boiro

Rianxo, 16 de novembro de 2011.A Banda de Gaitas Buxaina de Taragoña, ao mando de Alma Caamaño, cumpriu o pasado sábado, 12 de novembro, 18 anos, Acada deste xeito a súa maioria de idade. Os distintos membros da agrupación celebrárono no restaurante Cámping Barraña de Boiro. Alí comeron, cantaron e tocaron e logo remataron a noite na movida boirense, agás os pequenos, como é natural.
 
Álvaro Ordóñez, Cristina Muñiz, Pablo Garcia, Antía Pimentel, Miriam Ramos, Sabela López, Raquel Ramos, Beatriz Tubío, Clara Somoza, Rebeca Campaña, Rebeca Esperante, José Caamaño, Noelia Lopez, Adriana Antelo, David Lojo, Isabel Tembra e Antón Tembra son algúns dos mozos compoñentes da Banda de Gaitas Buxaina. Son todos os que están nesta lista, pero non están todos os que son. 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: 280.000 euros para sanear Lixó e Gándara, en Oleiros

Ribeira, 16 de novembro de 2011. O Concello informou hoxe do vindeiro investimentos de  280.000 euros para establecer saneamento en dous lugares situados na parroquia de Oleiros: concretamente os núcleos de Gándara e Lixó, que actualmente carecen deste servizo. 

Con esta obxectivo, técnicos do Concello xa elaboraron os correspondentes proxectos co obxecto de sacalos de inmediato a concurso público. 

Polo que respecta ao lugar de Lixó, a actuación prevista ascende a un montante de 171.015,37 euros e ten un prazo de execución de catro meses.  

Instalarase unha tubaxe de 1.166 metros de lonxitude de PVC compacto ademais de 36 pozos de rexistro, dos cales 30 irán a 1,70 metros de profundidade e 6 a 2,50 metros. 

En canto a Gándara, o importe da obra é de 108.506,99 euros e ten un prazo de execución de dous meses.  

A tubaxe que será  instalada (tamén de PVC compacto) terá unha lonxitude de 474 metros e colocaranse 16 pozos de rexistro, 7 a unha profundidade de 1,70 metros e 9 a 2,50 metros. 

Ambas actuacións están feitas con cargo ao canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo municipal de augas.

Pode que tamén lle interese:


Tráfico: o alcalde pide seguridade na estrada de Oleiros


Airoas: o obradoiro de emprego cumpre mellor ca os políticos


Obradoiro: dores neuropáticas e fibromialxia. O mércores 23


Xuntos polo Nadal: prazo para anotarse ata o 30 de novembro

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: finalizou o obradoiro de modelado en torno de oleiro

  • O obradoiro foi organizado polo Banco do Tempo de Ribeira 

Ribeira, 16 de novembro de 2011. Esta actividade foi organizada polo Banco do Tempo, que está adscrito ao Centro de Información á Muller e que se presenta como unha medida para conciliar a vida familiar. Depende da concellería de Xuventude e Igualdade que dirixe Aroa Fernández Cadórniga. 

As participantes quedaron moi satisfeitas, ao mesmo que María Eugenia Villaverde, a mestra do obradoiro. De feito, non se descarta realizar xuntanzas de artesás unha vez ao mes para faceren pezas e seguir formándose na técnica do modelado en xeral e na do torno en concreto.

Pode que tamén lle interese:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Costas e Concello dialogarán a finais de mes sobre o deslinde de Palmeira Norte

Ribeira, 16 de novembro de 2011. Como é coñecido, o tramo norte da costa de Palmeira (entre a praia dos Casqueiros e o termo municipal de A Pobra) comparte co lugar de Os Areeiros, en Castiñeiras, a problemática derivada dun deslinde que pon en perigo a supervivencia dalgunhas vivendas alí asentadas como consecuencia da aplicación da Lei de Costas de 1988. 

Indo aos antecedentes, hai que recordar a este respecto que unha Orde Ministerial de 26 de setembro de 1997 ratificou o deslinde de 100 metros que fora realizado en Palmeira Norte por Orde Ministerial de 16 de marzo de 1979 (cando non entrara en vigor da citada Lei de Costas), en lugar de establecer unha zona de servidume de 20 metros como é pretensión da Corporación Municipal e dos propios veciños. 

Co fin de intentar buscar unha solución definitiva a esta situación, o Goberno Local está en xestións para celebrar unha reunión a tres bandas entre o propio Concello, o equipo encargado da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (Fernández Carballada y Asociados S.L.) e a Demarcación de Costas de Galicia, co fin de analizar as posibles discrepancias existentes en canto ao solo afectado e ver de que coa nova redacción do PXOM se poña fin a esta problemática, que abrangue a unha zona consolidada dentro do núcleo urbano de Palmeira dende mediados do pasado século. 

A intención do Executivo é levar a cabo esta xuntanza de traballo antes de finais do presente mes. 

No que atinxe a Os Areeiros, o Concello está traballando tamén na busca dunha solución a este conflito, se ben abordándoo dende unha óptica diferente a de Palmeira Norte ao existir ao respecto unha sentenza xudicial.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical