3.12.09

Noia: no Día Mundial das Persoas con Discapacidade, informa o alcalde

No que respecta a accesibilidade temos unha nova positiva e outra negativa.

O negativo é os problemas de accesibilidade que ocasiona o adoquin e o seu encontro coa pedra na obra da Carreiriña. na parte da Porta da Vila solucionouse parcialmente elevando a canle de auga, pero está pendente de solucionar no resto de pasos de peóns. (Polo menos o bo tempo xa permitiu botar a primeira capa de asfalto).

Na parte positiva está o comezo das obras do ascensor e adaptación de aseo para discapacitados, no edificio do Curro onde se atopan os Servizos Sociais Municipais e a Oficina do Casco Histórico. A Obra está financiada dentro do Plan Provincial de mellora da accesibilidade e conta cun orzamento de 57 mil euros e está sendo executado pola empresa Construccións Ces cun prazo de execución de 120 días.

Unha de cal e outra de area.
Por que é hoxe o Día Internacional das persoas con discapacidade (antigamente Día dos Impedidos?) Miren en http://es.wikipedia.org/wiki/Discapacidad

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: este sábado 5 de decembro, torneo de xadrez

Download now or preview on posterous
Rianxo Xadrez.pdf (957 KB)


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra: desfanse os camiños por non coidalos, din os socialistas

Os socialistas da Pobra denunciamos a falta de coidado e  abandono no que se encontran moitos dos camiños municipais. A despreocupación e a deixadez  do equipo de goberno da Pobra, liderado polo Sr. Isaac, está sendo a tendencia xeral do seu goberno.

A preocupación do PP da Pobra céntrase en arranxar o casco urbano, os xardíns Valle Inclán e a praza rebautizada Segundo Durán, aínda que as aldeas carezan dos servicios básicos.

Estamos a denunciar as fochancas do “camiño do Cagulo”, no lugar da Angustia. Este camiño é frecuentado polos veciños da Angustia para achegarse ata a capela da Mercé, pois serve como atallo. Está dotado de alumeado público pero é evidente que está intransitable, especialmente cando chove.

As persoas que teñen o domicilio neste lugar teñen que saír obrigatoriamente a rúa en botas de auga ou con flotador. Unha imaxe de tempos pasados que o goberno do Sr. Isaac debe encauzar.  

Tendo en conta que hai numerosos plans aos que o Concello pode acollerse para dotarse de infraestructuras minimamente aceptables, (plan de cooperación cos concellos, Plan E,  novo FEIL, POS, ...), os socialistas pedímoslle que teñan sensibilidade cas persoas que viven nas aldeas xa que na maioría dos casos os servicios básicos que se prestan no rural son deficitarios.

O camiño do Cagulo necesita unha reparación urxente: pedimos que escoiten aos veciños cando suplican a intervención do Concello para correxir as deficiencias. Está claro que non se queixan de vicio.

Os usuarios do camiño do Cagulo deben estar tremendamente satisfeitos cos servicios que lles presta o Concello, mentres no centro se arranxan rúas que xa están arranxadas e poñen flores, na Angustia, (preto da AC-305) case afogan.

Son as prioridades do Sr. Isaac!!!

(Nota de prensa íntegra do Psoe local de A Pobra do Caramiñal)

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: o Nadal Cultural transforma a praza do Concello nun pobo de Palestina


 


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: I concurso escolar "Todos e todas somos Constitución"

Houbo textos constitucionais que tiveron pouca fortuna. Nesta placa en La Habana, unha alusión ao que lle pasou á de Cádiz de 1812 con Fernando VII.


 

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: a V Carreira Popular "Mar de Boiro - 3º Memorial Pepe Buceta" é o 20 de decembro

A V Carreira Popular Mar de Boiro-3º Memorial Pepe Buceta desenvolverase en Boiro o vindeiro domingo 20 de decembro, ás 11:00 h.
 
Os que se queiran inscribir poden facelo de dous xeitos:
 
     - Departamento de Deportes (deportes@boiro.org ou 981848425)
     - Championchip (www.championchipnorte.com)
 
Os que poidan, que se animen a correr esta proba (só son 8 kilómetros e pico...)

(Vía Dani Gestoso, http://webboiro.com)



Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Artesanía: xa está na rede o número 4 de "Obradoiro de Artesanía"

Recomendamos baixala en pdf: http://www.obradoirodeartesania.com/pdf/obradoirogal4.pdf

Imaxes alucinantes e reportaxes dos traballos e traballadores artesáns da nosa terra.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: o Bng denuncia a denegación do acceso a expedentes urbanísticos


Unha solicitude do grupo do BNG de Rianxo de acceso a varios expedientes urbanísticos e acumula un mes de atraso cando a lexislación estabelece de maneira tallante cinco días de prazo.

A lexislación en materia de acceso á información dos concelleiros da oposición non se está a cumprir en Rianxo por canto a petición rexistrada o 27 de outubro co número de rexistro 6397 a día de hoxe,  despois de cumprirse un mes da entrada, aínda non foi satisfeita. É unha mostra dos atrancos sistemáticos que pon o alcalde  responsábel de facilitar o acceso aos expedientes municipais aos concelleiros do BNG. Non é a primeira vez que sucede, negando o acceso á documentación, ou retrasándoa. Algunha outra solicitude leva case un ano sen atender.


Lembramos o Real Decreto 2568/1986 de 28 de Novembro polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais
Artigo 14.- 1.- Todos os membros das Corporacións Locais teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente ou da Comisión de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións obren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función.

2.- A petición de acceso ás informacións entenderase concedida por silencio administrativo no caso de que o Presidente ou a Comisión de Goberno non diten resolución ou acordo denegatorio no termo de cinco días, a contar desde a data de solicitude.

3.- En todo caso, a denegación do acceso á documentación informativa haberá de facerse a través de resolución ou acordo motivado.

As demandas son de obras e expedientes en curso, de interese para poder realizar o seguimento da actividade urbanística do municipio, e fundamentais para a fiscalización da actuación de goberno. Preguntámonos que hai nestes expedientes que xustifiquen o atranco por parte do Alcalde e as trabas que se nos poñen ao BNG.

O BNG de Rianxo quere facer o seguimento de varias obras no casco vello rianxeiro ao detectar que se apuntalaron elementos da estrutura, polo que compre acceder ao expediente que lle nega o alcalde.

 Adolfo Muínhos, concelleiro do Bng de Rianxo

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical