23.3.11

Boiro: o sábado 26 de marzo inaugúranse un aparcadoiro e pistas de skate

Boiro, 23 de marzo de 2011. O Concello de Boiro non podía ser alleo tampouco á febre inauguradora desta semana, a última en que se poden facer este tipo de actos vistosos para os políticos e innecesarios para os veciños. Este sábado, Xosé Deira,  alcalde de Boiro, inaugurará ás catro e media da tarde a nova área dotacional e aparcadoiro na Avenida da Constitución, un espazo público bautizado como Praza Boqueira de “A Negral”, de acordo coa decisión adoptada no último pleno celebrado pola corporación municipal, e que inclúe servizos como aparcadoiro e novidosas pistas de “skate”.

Os novos servizos están ubicados nunha parcela de preto de 9.000 metros cadrados, na confluencia das rúas Constitución e Avellaneda, e consisten en equipamentos públicos como o aparcadoiro para autobuses, que conta con 5 prazas; marquesiñas; as pistas de “skate”; un espazo ao aire libre que pode aloxar a celebración de festas e outros actos, así como un soto para aparcamento de vehículos con capacidade para algo máis de cen prazas, dotado dos equipamentos correspondentes (vestiarios, aseos, etc.).

Esta actuación, dividida en dúas fases, foi financiada integramente con fondos FEIL 2009 e FEESL 2010, do Goberno Central, e superou os 2,3 millóns de euros.

O deporte ocupa un lugar destacado na xornada inaugural, que está estruturada do seguinte xeito:

13.30 h. Chegada a Boiro (diante da Cachada) do grupo de afeccionados ao  BMX de Cangas, Bueu e Vigo. Encontro cos rapaces de Boiro e Vilagarcía  afeccionados ao “skate”.  

16.00 h. Torneo de tenis: de 16:00 h. ás 20:00 h. 

16.00 h. Grupo de BMX nas pistas deportivas. 

16.00 h. Gimcana ciclista: de 16:00 h. ás 18:00 h 

16.30 h Comezo do acto institucional. Discursos, descubrimento de placa e percorrido  das autoridades polas instalacións. 

20.00 horas. Remate das actividades deportivas.

Outras convocatorias:

Por outra banda, este venres 25, o concelleiro Xoán León dará explicacións da tramitación de licencias en Boiro e valorará o último informe sobre a construción do Colexio de Arquitectos de Galicia no que atinxe a Boiro.

O mesmo venres, xa pola tarde, será presentada a programación de Semana Santa. Ás oito e media da tarde no centro social. Organiza parroquia de Santa Baia e Irmandade do Cristo da Misericordia. Estarán o alcalde, o concelleiro de cultura e o Irmán Maior (da confraría, non deles), Joaquín Núñez Hermo.


Pode que lle interese tamén:


Á luz das palabras: este sábado 26, con Ferrín e Moralejo


Aniversario: Aturuxo celébrao ao grande o 25 e 26


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: nova visita de conselleiro para anunciar investimentos

Javier Guerra visitou, como xa fixeran varios altos cargos en datas recentes, o mercado municipal, no que se teñen eliminado as barreiras arquitectónicas na zona comercial reformada. A Xunta aportou o 75% dos cartos que custaron as reformas. 

Media_httpfarm6static_aggjd

Recente visita ao mercado para anunciar inversións, desta volta da Deputación

A Pobra do Caramiñal, 23 de marzo de 2011.- Continúa a pingueira de altos cargos polo Concello nesta semana de febre inauguradora. O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, visitou hoxe A Pobra do Caramiñal, no que a Xunta subvencionou as obras de mellora das zonas de especial actividade comercial, co obxectivo de potenciar ao pequeno e mediano comercio do municipio.

Ao abeiro do Plan Ágora-Agora re-Comercia, a Consellería de Economía e Industria subvencionou o 75% das obras de acondicionamento e rehabilitación das prazas de Maura, Rosalía de Castro e Galicia, así como das rúas adxacentes, que concentran o eixo comercial do Concello.

Estas reformas de mellora permitiron rehabilitar as laxas de pedra antigas e pavimentar tamén con pedra, cambiar as antigas tubarias de cemento por outras novas de PVC, cambiar a rede de sumidoiros, recuperar a fonte da Praza de Rosalía, mellorar a iluminación pública, favorecer a peonalización da zona (na que só está aberta ao tráfico a rúa Rafael Calleja, en determinados horarios, para permitir o abastecemento da zona) e eliminar as barreiras arquitectónicas, para facer accesible a rúa a todos os veciños da Pobra do Caramiñal .

Guerra salientou “as posibilidades de desenvolvemento do Concello da Pobra do Caramiñal” e apuntou que desde a Consellería de Economía e Industria, facilitouse a mobilización de investimentos por valor de máis de 5,25 millóns de euros e a concesión de préstamos a empresarios do Concello por valor de máis de 7,87 millóns de euros, nesta lexislatura.

En concreto, o titular de Economía e Industria salientou que o apoio da Dirección Xeral de Comercio ao comercio na zona fomentando a actividade dos centros comerciais abertos, respectuosos coa contorna tradicional; as prazas de abastos; a modernización das zonas comerciais e o relevo xeracional, nesta actividade.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Psoe programa este sábado 26 un debate sobre a cidade como xeradora de recursos

Ribeira_debate_socialista

Ribeira, 23 de marzo de 2011. O Psoe de Ribeira organiza, dentro dos seus actos de precamaña, un debate sobre a cidade como xeradora de recursos. Será este sábado 26 no Liceo Marítimo de Ribeira ás doce do mediodía.
 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: inaugurado hoxe o telecentro da Rede Cemit e mañá, a obra da Casa da Xuventude

Pola tarde, un responsable do Ministerio de Medio Mariño verá in situ o anaco de escolleira que se vai retirar da ría

Noia, 23 de marzo de 2011. A febre inauguradora dos políticos segue estes días, desta volta por Noia. No día de hoxe tocoulle á aula Cemit de Noia, un moderno telecentro no que se investiron 120.000 euros para poder impartir cursos relacionados coas novas tecnoloxías. Integrouse no antigo local do casino de Noia (rúa Rodríguez Cadarso) grazas a un convenio con NovaCaixaGalicia. O inaugurador oficial foi o Director Xeral de Medios da Xunta, Alfonso Cabaleiro, ao que acompañaron o alcalde, Rafael García, e Felícitas Rodríguez, xefa do Servizo de Programación Multimedia. Para probar as súas potencialidades fíxose unha videoconferencia co tenente alcalde de Tui, Antonio Castro. O lugar está dotado con 20 ordenadores, ten despacho, almacén, aseos e instalacións arranxados para persoas con diversidade funcional e poderá ser empregado por asociacións e colectivos que o soliciten.

Se quere saber máis sobre as aulas Cemit, están as webs http://cemit.xunta.es e http://cmg.xunta.es


Casa da Xuventude

Este xoves, 24 de marzo, o director xeral de Xuventude e Voluntariado será o inaugurador oficial da obra da Casa da Xuventude de Noia, segundo nos comunica a súa directora, Almudena Suárez. O acto será sobre as once e media da mañá.

Media_httpfarm3static_gpxcd

Visita á escolleira que se vai retirar


Por outra banda, tamén este xoves 24 de marzo, xa pola tarde, haberá unha visita do director xeral de Sostibilidade da Costa e o Mar para coñecer de primeira man as obras de recuperación ambiental realizadas na costa noiesa e ver in situ o lugar onde van comezar os traballos de retirada da escolleira. Acompañará ao director xeral citado, Pedro Antonio Ríos, o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro.

20110225_aulas_cemit_coruxa.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical