23.9.10

Rianxo: din que queren censurar as páxinas escolares de Bico da Ría, do IES Félix Muriel

Así son as páxinas escolares que pide censurar Gloria Lago

Galicia Bilingüe tenta criminalizar a labor dos Equipos de Normalización baseándose nun youtube e unha suposta imaxe en dúas webs, unha das cales condena explicitamente a violencia.

Por Galicia Confidencial | Cuntis | 23/09/2010

  • versión para imprimir

Os medios informan hoxe que Galicia Bilingüe (GB), o colectivo vigués contrario á normalización do galego, pediu á Xunta a censura de dúas webs elaboradas polos Equipos de Dinamización e Normalización Lingua (EDNL) de dous centros de Rianxo e Cuntis.

Desas novas o lector pode deducir que se trata de portais radicais e violentos e que GB ten bases firmes para a súa petición de "medidas cautelares" contra os funcionarios . Porén, unha análise rápida devela que son páxinas educativas sobre o galego e que, ademais, non son os sitios oficiais deses centros.

Un completo portal sobre a normalización en Rianxo

O primeiro obxectivo de GB é Bico da Ría. Non se trata dun "blog", como apunta a asociación de Gloria Lago, senón do rico portal do EDNL do IES Felix Muriel de Rianxo.

Nel informase, ademais de actividade a prol do galego como o Dia das Letras, dos múltiples aspectos da vida do instituto, como viaxes ou competicións deportivas.

A denuncia concreta de GB sobre Bico da Ría é "pide que se eliminen cuanto antes imágenes en las que se muestra simbología del grupo Briga, protagonista en los últimos años de incidentes violentos y contra la libertad de expresión de otros ciudadanos. En una de esas imágenes del blog se muestra a un joven portando un cóctel molotov y una frase amenazante contra las personas que pudieran participar en una manifestación que Galicia Bilingüe".

Galicia Confidencial non foi quen de atopar tal imaxe no portal, que ten multitude de seccións e contidos didácticos.

Condena explícita da violencia durante protesta de GB

É máis, a liña editorial de Bico da Ría é expresamente contraria á violencia. Así, despois dos incidentes na manifestación de GB en Santiago en precampaña (secundada, entre outros, pola Falanxe, PCPE, UpyD e PP) o EDNL publicou unha condena aos que intentaron boicotear o acto.

"Non estamos de acordo coa postura antinormalizadora de Galicia bilingüe e a súa reiterada propaganda de 'maltrato ó castelán'. Non aceptamos nin compartimos ningún acto violento daqueles que, anunciándose como defensores do idioma, fan actos de vandalismo", aseguraba ese EDNL.

En Cuntis meteron un youtube de Skarnio nun blog

O segundo obxectivo de Gloria Lago é o blog do EDNL don Aurelio de Cuntis. "Na Lingua de todos" está na blogoteca, polo que en ningún caso a súa publicación ou eventual censura depende da Xunta. Unicamente un xuíz podería tomar medidas contra el, no caso de que se probase algún delito.

O cargo contra el de GB é "el enlace a un vídeo del grupo Skarnio". O blog contén múltiples recursos e noticias sobre a normalización.

Un dos seus usuarios escribiu no verán de 2008 un post, sen alusión política algunha, no que se facía eco do próximo concerto do grupo de ská vigués, e incluíu un vídeo da banda no Youtube. Na canción non se nomea a Uxío e Giana, que foron condenados pola bomba no Caixa Galicia de Santiago, cuxas fotos si saen no videoclip.

Para GB isto é mostra da "frenética actividad de muchas de estas entidades evidenciando el uso politizado de la mayoría o buena parte de sus acciones referidas al idioma". Consciente de que calquera acción da Xunta contra os Equipos de Normalización precisaría dunha sentencia, GB pide ao goberno "medidas cautelares". Entre elas, a eliminación dos enlaces, malia que non están en servidores da Xunta ,e "contra la actividad de dos equipos de normalización".

O inicio dunha campaña

Gloria Lago xa anunciou na asemblea deste verán que un dos obxectivos de GB no novo curso sería denunciar aos que desafiasen ao polémico "decreto do plurilingüismo".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: o PP critica que non se fagan as obras requeridas en Queiro, Nebra



OS VECIÑOS DE QUEIRO “ESTÁN FARTOS” DAS PROMESAS INCUMPLIDAS DO GOBERNO BIPARTITO SONENSE.

*A ACTUACIÓN DE ARRANXO DO VIAL DE ACCESO A ALDEA FOI PROXECTADA E ORZAMENTADA POLO GOBERNO DE MANUEL TOMÉ.

* A PONTE DE QUEIRO NECESITA UNHA URXENTE ACTUACIÓN PARA EVITAR UNHA DESGRAZA.


Porto do Son, 23 de setembro de 2010


Os veciños da aldea sonense de Queiro atópanse desesperados ante os continuos incumprimentos que o Goberno bipartito do PSOE e BNG lles levan prometendo dende a súa entrada no goberno municipal.
Dicir que dita aldea atópase na parroquia de Nebra, nas faldas do monte Iroite e que actualmente preto dunha dúcia de veciños compoñen de forma permanente dito núcleo de poboación.

As queixas revindicativas véñense sucedendo dende fai anos, sin que ata a data de hoxe non conseguiran arranxar os problemas de acceso que teñen a dita aldea.

Hai que lembrar que dende que se construiu dito vial, unicamente o goberno popular de Manuel Tomé, fixo unha pequena actuación con carácter provisional de bacheado e deixando redactado e ornamentado para unha actuación integral de asfaltado xunto a unha actuación de carácter prioritario para arranxar a estructura da Ponte de Queiro, integrada en dito vial de acceso.

Está claro que este goberno non demostra a máis mínima preocupación en que se atopan os viales de acceso a distintos núcleos, prometendo actuacións pero que esperando as primeiras choivas do outono, non se ven perspectivas de actuar, oque pode provocar que finalmente queden intransitables a calquer vehículo convencional e chegado o caso, quedar totalmente desfeita e ter que facer unha nova actuación con uns investimentos moi superiores ós previstos.

Dende o PPdG imos seguir insistindo en reclamar dunha vez por todas que as verbas tan fácilmente explicativas de compromisos por parte do goberno do Sr. Pastor Rodríguez adquiridos, sexan realidades e non política electoralista, á que nos teñen con suma facilidade acostumados.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: a Xunta segue ignorando á vila como Porto Xacobeo na súa programación cultural


Lauda do peregrino en Santa María a Maior

Noia, 23 de setembro de 2010. A última nota de prensa da Xunta de Galicia sobre actividades dos Portos Xacobeos, unha iniciativa totalmente improvisada e inconexa que aparece e desaparece da programación cultural da Xunta como por arte de maxia, volve ignorar a Noia como Porto Xacobeo.

Logo de todos os esforzos dos empresarios da vila e mesmo dos políticos -incluso o alcalde chegara a peregrinar a Compostela baixo o lema Portus Apostoli e na Feira Medieval escolleuse como subtítulo do cartel o latinaxo "Portus Apostoli in Ani Santi Iacobi MMX"- Noia segue sen ter unha programación cultural de seu baixo esta denominación.

Ponte de Betanzos, que tamén é Porto Xacobeo

O anuncio da programación do Porto Xacobeo de Betanzos de hoxe recolle un apartado que di así:

"Portos Xacobeos
Esta aportación ao fenómeno Xacobeo supón unha gran oportunidade para dar a coñecer por primeira vez a vinculación dos portos cos diferentes Camiños, nunha aposta por favorecer o coñecemento das nosas instalacións portuarias. Tamén se aproveita a oportunidade que nos ofrece este ano Santo para achegar a realidade sociocultural dos municipios galegos tanto aos seus habitantes coma aos seus visitantes.
En total, 15 portos forman parte deste programa que engloba cinco Camiños de Santiago: o do Norte, Fisterra-Muxía, Camiño Inglés, Portugués e ruta Marítima de Arousa. Os portos distinguidos como Portos Xacobeos son os de Ribadeo, Betanzos, Pontedeume, Corcubión, Cee, Muxía, Fisterra, Tui, Pontevedra, Pontecesures, Vilanova de Arousa, Cambados, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira".

Como se pode observar, Noia non aparece, a pesares do anuncio da mesma Xunta de Galicia o 12 de xuño, no que recoñecían, logo de que así llo fixeran ver varios historiadores e das protestas do empresariado, que "a súa vinculación coa ruta marítima xacobea así o demostra, pois segundo contan as crónicas, foi un dos portos máis importantes de Galicia". Agás unha exposición con trece cadros de artistas contemporáneos (Iacobus Gallaecia) que recalou na vila, a Xunta non programou nada máis nesta vila da súa amplísima oferta cultural deste ano 2010. Por haber, nin houbo feira do libro (e este ano é o Ano do Libro e da Lectura en Galicia, tamén segundo a Xunta). Para máis, unha actividade que está consolidada e medrando cada ano en número de espectadores como é o Certame de Curtas "Vila de Noia",  tampouco a apoian ou a inclúen en "Xacobeo Filme", mentres que a outras localidades que aínda van polas primeiras edicións, si que as patrocinan.

Antes publicamos:


Portus Apostoli: Noia, por fin nomeada Porto Xacobeo


Porto de Compostela
: a canción de Los Tamara que non escoitaron na Xunta

Protesta: o 21 de maio, marcha nocturna reivindicando o Portus Apostoli


Porto Xacobeo: o Psoe pide ese estatus para Noia no Parlamento 


Cinema: Xacobeo Filme patrocina 11 festivais. Noia, fóra de novo


Historia: 8 de xuño de 1147, arriban 200 naves dende Inglaterra

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Padrón e Noia, destinos da última saída cultural "Coñece Barbanza" para maiores, este venres 24


Muíños de Pedrachán, en Noia, un lugar restaurado, ideal para pasear ao pé do Traba
Ribeira, 23 de setembro de 2010. No día de mañá, venres 24 de setembro, terá lugar a última das saídas culturais para maiores programadas polo Departamento de Servizos Sociais para o ano 2010. Esta viaxe final, co denominativo xa tradicional de “Coñece Barbanza”, levará a 55 membros (todas as prazas que había dispoñibles) da terceira idade a percorrer as localidades de Noia e Padrón.

Así, en canto á  vila noiesa, os apuntados nesta saída poderán visitar a igrexa de San Martiño de Noia e outros lugares emblemáticos como a propia Alameda e a praza do Tapal. 


Polo que respecta a Padrón, terán oportunidade de coñecer as instalacións da Fundación Camilo José Cela e a Casa Museo de Rosalía de Castro, ademais de andar polas rúas do casco urbano e comer no restaurante Scala.



 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: os socialistas denuncian novos episodios de verteduras no polígono industrial da Tomada

Din que onte, sobre as 15,30 horas, houbo un novo episodio de verteduras de orixe industrial, que a voceira socialista Teresa García denunciou diante da policía local

A Pobra, 23 de setembro de 2010. Os socialistas da Pobra aseguran que levan "anos denunciando e propoñendo alternativas para que se erradiquen as verteduras de orixe industrial procedentes do polígono industrial da Tomada. Este equipo de goberno é incapaz de exercer a autoridade que lle corresponde para erradicar estas verteduras industriais definitivamente".

Para o Psoe pobrense, "existe unha falta de conciencia absoluta por parte do Alcalde da Pobra ao non ter en conta o dano irreparable que se lle está a causar ó medio ambiente, ademais dos prexuízos económicos que  ten para os mariscadores e mariscadoras. As verteduras son continuas  e permanentes e están ameazando a saúde das persoas a través da cadea alimenticia e do río Morto. É preciso actuar de xeito decidido para preservar a ría de Arousa e a saúde dos ríos e cauces fluviais, e neste caso o equipo de goberno debe activar con urxencia os mecanismos necesarios para poder frear esta desfeita ambiental. Os responsables municipais deben traballar para facer compatible o desenvolvemento económico, a través das industrias asentadas na zona, co respecto ó medio ambiente e ó cumprimento da lexislación ambiental".

Explican que no Pleno ordinario de setembro de 2009 "presentamos unha moción na que lle solicitabamos ó Alcalde que fixera cumprir a lexislación ambiental en materia de verteduras industriais e precisamente o Regulamento Municipal,  para favorecer un desenvolvemento económico sostible e onde convivan a produción industrial e a protección ambiental. A moción foi rexeitada polo votos en contra do PP, coa contestación seguinte: “durante os últimos anos o goberno municipal estivo facendo un extraordinario esforzo en relación coa eliminación de verteduras e que seguían traballando para mellorar o medio ambiente e calidade de vida dos veciños”.

Os socialistas din que nin eles nin os veciños "poden aprezar ningún esforzo para erradicar as verteduras procedentes do polígono industrial da Tomada. Paradoxicamente hoxe o Parlamento Galego aprobou por unanimidade a proposta socialista incorporando as aportacións do Grupo Popular. Nada que ver co que acontece no Pleno da Pobra, o que o Partido popular deste pobo rexeita o Parlamento galego apróbao, tamén cos votos do PP. Pedimos ao Sr. Isaac sensatez, coherencia e raciocinio. Este goberno fixo un regulamento municipal de vertidos pero non é máis que papel mollado, é evidente que hai grupos de presión neste pobo que teñen indulxencias, que poden contaminar, que poden prexudicar o medio ambiente e que as consecuencias derivadas das súas accións nin tan sequera teñen sanción económica ningunha. Recordámoslle ao Sr. Isaac que leva mirando para outro lado durante 11 anos, que consinte, tolera e permite todo tipo de verteduras industriais. Que xa vai sendo hora de erradicalas, por conciencia e porque ten as ferramentas na súa man para poder facelo. Xa está  ben de palabras ocas e de representar ante os medios de comunicación unha actitude que é incapaz de cumprir. Este equipo de goberno é o que se afanou intensamente para inverter un millón douscentos mil euros en facer un paseo fluvial no río Morto e nos preguntamos se vai ser para que poidamos percibir mellor que tipo de vertedura discorre augas abaixo".

Por se fora pouco, o Psoe da Pobra lembra que a semana pasada  houbo un episodio de vertedura de aceites: "un manto aceitoso cubriu varios días as augas deste río, onte as verteduras eran nauseabundas, vomitivas e pestilentes. Entramos no xénero do absurdo, primeiro invisten en pompa e despois, cando teñan tempo, se cadra, sanean. Estas son as necesidades dun goberno municipal esgotado e insensato. Todo elo, un desatino", conclúen.

Relacionadas:

Aprobada por unanimidade no Parlamento unha resolución para erradicar as verteduras na Pobra

Propoñen depuradora na Tomada

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Concello busca voluntarios mozos a través dun curso de formación e un convenio coa USC

Ribeira, 23 de setembro de 2010.- O Concello desenvolverá a partir do vindeiro mes novas iniciativas co obxectivo de incrementar o voluntariado xuvenil no municipio barbanzano. Así o explicou María Esther Patiño Rey, concelleira de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia, quen explicou a importante labor que está realizándose mediante a acción voluntaria (en tarefas como acompañamento de enfermos no hospital, reforzo educativo para adultos ou intervencións individuais en domicilio), se ben unicamente 8 dos 27 voluntarios con que conta o Concello están nunha idade xuvenil.

Dende principios do próximo mes haberá un curso de formación para a participación na Acción Voluntaria que terá lugar na Aula Multimedia de Ribeira sita no paseo do Malecón. Constará de 30 horas de formación, das cales 14 desenvolverase en formato on line (a través da aula virtual AID Social Consultores durante un prazo de dúas semanas) e as outras 16 de xeito presencial (serán 6 sesións distribuídas conforme ao seguinte calendario: venres 1, 22 e 29 de outubro e 5 de novembro, en horario de 19 a 21 horas, así como sábado 23 e 30 outubro, en horario de 10 a 14 horas).

Polo que respecta aos contidos do obradoiro, no que atinxe aos on line trataranse os seguintes temas: Voluntariado. Dereitos e deberes. Lei do Voluntariado; Tipos de Voluntariado; O Voluntariado Social. Características; Programa de Voluntariado do Concello de Riveira. Liñas de Intervención. E En canto aos contidos presenciais: O deseño e planificación de actividades; Traballo en grupo e traballo en equipo; A dinamización de grupos; comunicación e resolución de conflitos; A avaliación das intervencións; e Sesión de realización do proxecto.

Os mozos interesados en participar (con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos) poden anotarse no Departamento de Servizos Sociais sito na rúa Correos de Santa Uxía ou chamando ao número 981 874131.

Convenio coa Universidade de Santiago


Ademais, segundo anunciou Esther Patiño, o Concello está en vías de asinar un convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, de tal xeito que os seus estudantes poidan obter créditos optativos transversais (unha nova tipoloxía de créditos confeccionada a consecuencia do Plan Bolonia) cando se realicen actividades de voluntariado no municipio ribeirense, ben sexa nas fin de semanas ou ben no período vacacional.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: Portos estudará a remodelación integral da lonxa e a instalación dunha gasolineira no peirao

Isaac Maceiras e o patrón maior solicitaron unha remodelación integral da actual lonxa consistente no acondicionamento interior e exterior da mesma, así como a instalación dunha estación de subministro de combustible

A Pobra do Caramiñal, 23 de setembro de 2010.- O presidente do ente público Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde do concello de A Pobra, Isaac Maceiras, e o patrón maior, Manuel Maneiro, para tratar diversos asuntos relacionados coas instalacións portuarias de A Pobra do Caramiñal.

Na reunión celebrada esta mañán en Santiago, Isaac Maceiras, ao igual que o patrón maior, solicitaron unha remodelación integral da actual lonxa, consistente no acondicionamento interior e exterior da mesma. Unha petición que segundo manifestou, Manuel Maneiro, foi solicitada nos últimos anos pola confraría de pescadores, sen resposta. Outra das demandas foi a referida á instalación dunha estación de subministro de combustible para o porto consistente en surtidores de gasoil e gasolina.


No referido a edificacións no porto, a confraría solicitou ao presidente de Portos, a posibilidade de construír unha serie de departamentos, aínda sen determinar o número, para pertrechos dos armadores, nunha petición tamén longamente demandada e necesaria para os mariñeiros. Finalmente, solicitaron tamén o concello e a confraría, a posibilidade de substituír a actual entrada ao porto comercial, por outra pilotada, de tal xeito que poidan pasar as correntes e así recuperar os areais dos bancos marisqueiros.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: aproban por unanimidade no Parlamento un plan de erradicación e control de verteduras industriais neste concello

O parlamento galego aprobou por unanimidade a proposta socialista incorporando as aportacións do Grupo Popular

Verteduras en Os Areos que denunciaron os socialistas no seu día

A Pobra do Caramiñal, 23 de setembro de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, defendeu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento unha proposición non de lei co obxecto de que “a Xunta de Galicia implemente un Plan de Control e Erradicación dos Vertidos do concello da Pobra do Caramiñal, co obxecto de evitar o evidente dano que se lle está causando ó medio ambiente e á economía da zona, principalmente a relacionada co sector pesqueiro - marisqueiro e co turismo.

Lage Tuñas dixo que “traballar por Galicia significa preservar o territorio, a saúde dos nosos ríos e das nosas rías, e para iso precisamos que se faga cumplir a lexislación ambiental evitando situacións escandalosos coma a do río morto en a Pobra do Caramiñal”.  Dende o PSdeG-PSOE defendeuse hoxe por parte do deputado Lage Tuñas que “a Xunta de Galicia implemente un Plan de Control e Erradicación dos Vertidos do concello da Pobra do Caramiñal, co obxecto de evitar o evidente dano que se lle está causando ó medio ambiente e á economía da zona, principalmente a relacionada co sector pesqueiro - marisqueiro e co turismo.”

A maiores o deputado socialista propuxo tamén que o parlamento acordase pedirlle á Xunta de Galicia “ executar á maior brevidade posible as actuacións necesarias, a partir do plan de Saneamento da Ría de Arousa, para frear o deterioro que está sufrindo o medio ambiente e a economía da zona”.

Lage Tuñas tamén propuxo facer cumprir no concello de A Pobra do Caramiñal a lexislación ambiental en materia de vertidos industriais para favorecer un desenvolvemento económico sostible e onde convivan a producción industrial e a protección ambiental.

Os veciños da Pobra do Caramiñal está sufrindo un ataque permanente á saúde dos seus ríos e da ría de Arousa pola pasividade do goberno municipal, o que ten consecuencias indesexadas para a poboación. Fai moitos meses os socialistas galegos denunciábamos unha vez máis a existencia de vertidos de orixe industrial procedentes do Polígono de A Tomada.”


Os veciños da Pobra do Caramiñal veñen denunciando que os vertidos son continuados, non se trata de unha cuestión puntual, senón que se teñen detectado todo tipo de produtos químicos que incluso queiman as colleitas.” “Cabe recordar tamén as reiteradas denuncias feitas a propósito dos vertidos procedentes de A Baiuca e que teñen contado co amparo da institución do Valedor do Pobo pero que a día de hoxe seguen sen ter solución”, argumentaba hoxe Lage Tuñas.

“Existe un falta de conciencia absoluta por parte das autoridades ó non ter en conta o dano irreparable que se lle causa ao medio ambiente, ademais dos prexuízos económicos que pode ter para os mariscadores e mariscadoras.” “Por outra banda os vertidos continuados están ameazando permanente a saúde do río Morto de A Pobra. En diferentes ocasións nos últimos meses os veciños da zona se teñen queixado de como o cauce do río Morto se tingue de branco, vermello ou incluso negro, e o olor da zona vólvese nauseabundo, tal e como foi denunciado no pasado mes de abril diante das autoridades locais.” expuso o deputado José Manuel Lage.

“Entendo que é preciso actuar de xeito decidido para preservar a ría de Arousa e a saúde dos ríos e cauces fluviais existentes na Pobra do Caramiñal, e neste caso a Xunta de Galicia debe activar con urxencia os mecanismos necesarios para poder frear esta desfeita ambiental.

A Xunta de Galicia debe traballar para facer compatible o desenvolvemento económico, a través das industrias asentadas na zona, co respecto ó medio ambiente e ó cumprimento da lexislación ambiental.”

______________________________________________________

ACORDO PARLAMENTARIO A PARTIR DA PROPOSICIÓN NON DE LEI DO PSdeG-PSOE e COAS APORTACIÓNS DO GRUPO POPULAR
________________________________________________________________

O PARLAMENTO GALEGO INSTA Á XUNTA DE GALICIA A:

1.-Intensificar a aplicación do Plan de Control e Erradicación de Vertidos da ría de Arousa, para favorecer o seu cumprimento, e impulsando un novo Plan de Vixiancia Ambiental de Vertidos Industriais no concello de Pobra do Caramiñal.

2.-Executar á maior brevidade posible as actuacións necesarias, a partir do plan de Saneamento da Ría de Arousa, co obxecto de evitar o evidente dano que se lle está causando ao medio ambiente e á economía da zona, principalmente a relacionada co sector pesqueiro.marisqueiro e co turismo.

3.-Facer cumprir no concello de A Pobra do Caramiñal a lexislación ambiental en materia de vertidos industriais para favorecer un desenvolvemento económico sostible e onde convivan a producción industrial e a protección ambiental.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: versión socialista do discutido hoxe no Parlamento sobre o proxecto de limpeza da Ría


Noia, 23 de setembro de 2010. É unha pingueira continua de notas e contranotas sobre a mesma polémica: escolleira si, escolleira non, limpeza así pero daquel xeito e non deste outro... Uns polos outros, a Ría de Noia sen limpar. Ofrecémoslles agora a versión socialista do acontecido hoxe no Parlamento

Nota íntegra do Psoe:

O Viceportavoz do Grupo Socialista, Lage Tuñas denuncia “un intento de frear a inversión do Estado en Noia” por parte dos partidos da oposición, só buscando réditos electorais por parte do PP e coa colaboración inexplicable do BNG.



Noia, 23 de setembro de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage defendeu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento unha emenda na que pedía “que a Xunta de Galicia colaborase co Ministerio de Medio Ambiente facilitando os terreos necesarios para que o Goberno de España poida executar o proxecto de "demolición do canal da escollera de acceso a Noia e de limpeza e rexeneración da ría de Noia" cun investimento inicial de tres millóns de euros (primeira fase), preservando e potenciando a actividade marisqueira, principal fonte de riqueza do concello noiés, e tamén dinamizando o turismo como actividade económica relevante.”

-A maiores o deputado noiés propuxo que o parlamento acordase pedirlle á Xunta de Galicia que incluira unha partida económica nos orzamentos do ano 2011 que permita a execución do proxecto de saneamento integral da vila de Noia. Tanto o BNG como o Partido Popular opuxéronse a esta proposta.

-”O Goberno de España dispón unha partida inicial de 3 millóns de euros para comezar a limpeza da ría de Noia coa demolición da escollera e a volta ao estado natural do estuario, e o PP coa colaboración do BNG opóñense agora tres anos despois de que comezara a tramitación do proxecto, o que é unha auténtica irresponsabilidade”.

Lage Tuñas recorda que “o proxecto foi tramitado e contou co seu primeiro informe favorable da “Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental del Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino” no ano 2009. No mesmo ano, concretamente o 22 de Setembro de 2009 o propio Ministerio decide someter o proxecto ao procedimento de evaluación de impacto ambiental”:

A Xunta emitiu tres informes ao proxecto ( O Ente Público Augas de Galicia, a Dirección Xeral de Recursos Mariños e a Secretaria Xeral de Calidade Ambiental) que en ningún caso se pronuncian contra a demolición da escollera de Noia. Por qué agora en 2010 o PP coa colaboración do BNG intentan frear un proxecto que levamos tres anos impulsando para afrontar unha vella demanda dos noieses e noiesas?”´

-”O PP di que a demolición da escollera pode ser negativa, e eu pregúntome para quen é negativa, para as noiesas e noieses non, para máis de 1500 persoas que traballan no marisqueo tampouco. É unha barbaridade o que está intentando facer o Partido Popular coa colaboración inexplicable do BNG.”

Noia, 23 de setembro de 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage defendeu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento unha emenda na que pedía “que a Xunta de Galicia colaborase co Ministerio de Medio Ambiente facilitando os terreos necesarios para que o Goberno de España poida executar o proxecto de "demolición do canal da escollera de acceso a Noia e de limpeza e rexeneración da ría de Noia" cun investimento inicial de tres millóns de euros (primeira fase), preservando e potenciando a actividade marisqueira, principal fonte de riqueza do concello noiés, e tamén dinamizando o turismo como actividade económica relevante.”

Lage Tuñas dixo que “o pobo de Noia leva esperando 30 anos por este proxecto e agora ao PP e ao BNG parécelles que non hai que ter présa, e propóñen volver a empezar un proxecto no que levamos traballando dende fai casi tres anos. Paréceme unha tomadura de pelo aos veciños de Noia e unha gran irresponsabilidade”.

Lage Tuñas explicou que o canal da escollera comezou a construirse en 1960 e non chegou a rematarse, e agora o proxecto do Ministerio de Medio Ambiente contempla a volta ao estado natural e anterior a esta construcción recuperación as zonas degradadas, e tendo en conta que acumularon fangos que teñen según datos do propio ministerio unha profundidade superior aos 2 metros de altura.

A maiores o deputado noiés propuxo que o parlamento acordase pedirlle á Xunta de Galicia que incluira unha partida económica nos orzamentos do ano 2011 que permita a execución do proxecto de saneamento integral da vila de Noia. Tanto o BNG como o Partido Popular opuxéronse a esta proposta.

”O Goberno de España dispón unha partida inicial de 3 millóns de euros para comezar a limpeza da ría de Noia coa demolición da escollera e a volta ao estado natural do estuario, e o PP coa colaboración do BNG opóñense agora tres anos despois de que comezara a tramitación do proxecto, o que é unha auténtica irresponsabilidade”.

“É difícil de entender que agora o PP e o BNG veñan falando de parar este proxecto, cando o proxecto de limpeza da ría comezou a tramitarse no ano 2007, licitándose no BOE o 4 de decembro dese mesmo ano, e nos últimos 2 anos permaneceron mudos, e agora opóñense cando se quere comezar a súa execución”.

Lage Tuñas recorda que “o proxecto foi tramitado e contou co seu primeiro informe favorable da “Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental del Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino” no ano 2009. No mesmo ano, concretamente o 22 de Setembro de 2009 o propio Ministerio decide someter o proxecto ao procedimento de evaluación de impacto ambiental”:

A Xunta emitiu tres informes ao proxecto ( O Ente Público Augas de Galicia, a Dirección Xeral de Recursos Mariños e a Secretaria Xeral de Calidade Ambiental) que en ningún caso se pronuncian contra a demolición da escollera de Noia. Por qué agora en 2010 o PP coa colaboración do BNG intentan frear un proxecto que levamos tres anos impulsando para afrontar unha vella demanda dos noieses e noiesas?”´

”O PP di que a demolición da escollera pode ser negativa, e eu pregúntome para quen é negativa, para as noiesas e noieses non, para máis de 1500 persoas que traballan no marisqueo tampouco. É unha barbaridade o que está intentando facer o Partido Popular coa colaboración inexplicable do BNG.”


Lage Tuñas dixo hoxe que “dende o PSdeG vamos a traballar co alcalde García Guerrero á cabeza para que o Estado invirta en Noia para rexenerar e limpar a ría a pesares dos obstáculos que intentan poñer tanto PP como BNG”.

O dirixente socialista recordaba hoxe que a actuación de Portos de Galicia e do Partido Popular dende a Xunta de Galicia quedou retratada no famoso informe de dez liñas e fóra de prazo, onde alegan que non se pode demoler a escollera porque é o único acceso ao porto de Noia e que por iso se opoñen”

O Viceportavoz do Grupo Socialista, Lage Tuñas denunciaba hoxe así “un intento de frear a inversión do Estado en Noia” só buscando réditos electorais por parte do PP e coa colaboración inexplicable do BNG.

Dende o PSdeG-PSOE defenden a inversión do Estado e o papel xogado polos socialistas galegos para que Noia recupere o tempo perdido con inversións destas características que “son positivas e ademais supoñen o primeiro paso para recuperar o esplendor de Noia como referencia entre as vilas medias de Galicia”.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sanidad: los socialistas de Ribeira alertan de deficiencias de limpieza en el Hospital da Barbanza

Aseguran que las instalaciones "están plagadas de insectos, moscas y sobre todo mosquitos, que molestan y pinchan sin parar, con las posibles infecciones que ello puede suponer".

Ribeira, 23 de septiembre de 2010. El grupo municipal socialista de esta localidad ha emitido una nota de prensa en la que denuncia las deficiencias de limpieza del centro hospitalario comarcal.

Nota íntegra:

La Sanidad Pública es uno de los pilares fundamentales de nuestra sociedad y de nuestro estado del Bienestar. Por desgracia para todos, el Partido Popular, tanto en la Xunta de Galicia como en la Alcaldía de Ribeira no se preocupan lo más mínimo por nuestro sistema de salud. Es más, nos parece que se esfuerzan en debilitarlo. Tanto por sus recortes como por sus omisiones.
La situación del Hospital Comarcal del Barbanza es crítica. Los trabajadores del Hospital se esfuerzan por dar un buen servicio, pero los recortes con los que Feijoó pretende dilapidar nuestro sistema de salud; la postura de no dotar a la plantilla de Hospital de un cuerpo de celadores que alivien el trabajo de los facultativos y auxiliares; la desidia continuada en el mantenimiento de las instalaciones y un largo etcétera de improperios y desaguisados están consiguiendo que tengamos un sistema de salud pública de segunda categoría.

No se puede consentir, como en los últimos días, que unas instalaciones sanitarias, que deberían de mantener unos exigentes niveles de calidad en higiene y salubridad, estén plagadas de insectos, moscas y sobre todo mosquitos, que molestan y pinchan sin parar, con las posibles infecciones que ello puede suponer. No se puede consentir que la limpieza en las instalaciones y en el mobiliario se vaya deteriorando progresivamente sin
actuar de la manera adecuada.
No se puede consentir que se perjudique tan gravemente al sistema que vela por la salud de todos los ciudadanos. Desde el Partido Socialista de Ribeira protestamos enérgicamente frente a esta situación. Ni nosotros, ni los ciudadanos de Ribeira y Comarca vamos a consentir que conviertan la Sanidad Pública que tanto dinero nos ha  costado a todos, en un servicio de segunda categoría.
Exigimos que el Sr. Alcalde de Ribeira, tome las medidas oportunas para que los ciudadanos de Ribeira no se vean perjudicados por los recortes que su propio partido está aplicando a nuestro sistema público de Salud. Exigimos que el Sr. Feijoó rectifique su política de recortes en sanidad y si es necesario, que recorte su gabinete de 55 asesores para poder contratar celadores; y que de paso, inste al Sr. Administrador del aludido centro, a que asuma su responsabilidad, y deje de echar la culpa de las listas de espera al mismísimo Zapatero.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o luns 27 comeza un curso para empresarios sobre turismo accesible para atender a cegos

Boiro, 23 de setembro de 2010. O luns 27 de setembro dará comezo o Curso de Turismo Accesible para a atención personalizada a persoas con diversidade funcional visual (o que os nosos avós chamaban cegos). Este curso vai  destinado a empresarios do sector turístico da comarca e Técnicos de Turismo de cada concello.

Hai 20 prazas dispoñibles e preferentes para os empresarios que están traballando en rede (empresas participantes na Ruta do Mexillón, nos bonos de turismo rural e nos bonos gastronómicos) pero aquelas prazas que non se cubran  quedarán a disposición de empresarios da comarca que, a pesares de non traballar en rede, poidan estar interesados.

O curso dará comezo o luns 27 ás nove da mañá no Centro Social e vaise dividir en 2 partes: 1 parte teórica e 1 parte práctica. Na parte teórica definaranse os tipos e características da discapacidade, tratamento a unha persoa cega, o can guía,etc.

A parte práctica vai consistir en vivenciar en primeira persoa as trabas coas que se pode atopar unha persoa cega cando chega aos establecementos. Para elo visitarase un restaurante, unha casa de turismo rural e a Ruta do Mexillón.

Ao remate do curso terá lugar un foro con todos os participantes co obxectivo de extraer un informe de Boas prácticas na atención a persoas con diversidade funcional visual en Arousa Norte.

As inscripcións poderán realizarse na Mancomunidade de Municipios Arousa Norte no teléfono 981 845 236.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o Bng di que hai unha "constante perda de subvencións da Xunta" no Concello

A última para apertura de centros educativos fóra de horario que pasou de ter 37.000 euros no 2009 a nin sequera solicitarse neste 2010.


Rianxo, 23 de setembro de 2010. Os nacionalistas pediranlle explicacións ao alcalde, o socialista Pedro Piñeiro, polo que eles consideran "constante perda de subvencións da Xunta" por parte do municipio rianxeiro.

Dixeron que á de apertura de centros educativos, "que nin se solicitou", engádese "a perda de subvencións para alfabetización de adultos (polas deficiencias do proxecto), a contratación de auxiliares de policía no verán (por presentarse fóra de prazo), actuacións en parques infantís, adquisición de material de limpeza e todoterreno (tamén supostamente fóra de prazo segundo se puxo de manifesto no último pleno ordinario de setembro). Son moitas as carencias nuns anos complicados de financiamento local e cremos que non podemos permitirnos o luxo de asumir sós desde o concello determinadas actividades e servizos. Por iso asistimos con preocupación a un constante fluír de problemas na presentación de axudas que reflicten a falta de seguimento do executivo e que derivan en eivas considerábeis para o concello".

O BNG pedirá que se poñan as pilas no executivo desde as diferentes áreas do concello e que os concelleiros das diferentes áreas afectadas por estes problemas de xestión de subvencións asuman as súas responsabilidades para conseguir fondos adicionais para o mantemento de actividades, servizos e adquisición de equipamentos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: volven darlle voltas ao da escollera e a rexeneración no Parlamento de Galicia

O Bng pide que non se retire a escolleira pero se rexenere a Ría, na que se estima hai 400 hectáreas cheas de lama. O PP vota que si co Bng e os socialistas votaron en contra.   


Noia, 23 de setembro de 2010. A polémica entre as diversas administracións sobre a retirada ou non da escolleira de Noia, así como a sempiterna promesa incumprida en varias décadas de rexenerar a Ría, voltaron hoxe ao Parlamento. Desta volta foi o Bng o que acadou un acordo xunto do Partido Popular e co voto en contra dos socialistas.


Nota de prensa do Bng:

A deputada do BNG Ana Pontón defendeu hoxe no Parlamento galego unha proposición non de lei ao fin de que a Xunta encete as xestións precisas e se dirixa ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño co obxecto de revisar o proxecto de demolición da canle de acceso a Noia e redacte un verdadeiro proxecto de rexeneración no ámbito das súas competencias, investindo á maior brevidade posible as  cantidades precisas.

Asemade, o acordo acadado na Cámara galega pola parlamentaria nacionalista obriga ao Parlamento a instar á Xunta a executar no ámbito das súas competencias as actuacións necesarias para acadar o saneamento e depuración integral da ría Muros-Noia articulando as medidas necesarias para levar adiante un proceso de rexeneración desta ría.

Ana Pontón explicou na súa intervención que esta  iniciativa do BNG responde á importancia da ría de Muros-Noia como “principal recurso económico da comarca” e considerou que debe existir un “compromiso firme das administracións públicas” para atacar e resolver os problemas derivados da calidade das augas que limitan  a súa capacidade produtiva e económica.

Para Pontón, as accións encamiñadas á completar a depuración e saneamento desta ría “son insuficientes” xa que seguen existindo núcleos de poboación que “aínda a estas alturas non teñen completado este sistema e seguen producíndose vertidos contaminantes”.


Por outra parte, Pontón tamén se referiu a “acumulación de fangos nas zonas interiores da ría” e segundo algúns estudos -dixo- hai 400 hectáreas invadidas polos lodos sendo, hai anos, zonas produtivas que creaban postos de traballo e cun importante desenvolvemento económico para a comarca.

Ademais,  a parlamentar aludiu á recuperación do porto histórico de Noia como “elemento dinamizador económico” e dende o BNG –aseverou- “non compartimos o proxecto do Ministerio de Medio Ambiente denominado de demolición do canal da escollera de acceso ao peirao do Marqués de Noia” porque “lonxe de solucionar os problemas da ría, inviabiliza a recuperación do porto histórico.”

O acordo foi acadado logo da transacción dunha emenda do grupo popular e cos votos en contra dos socialistas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: curso de agricultura ecolóxica en San Pedro de Muro do 18 ao 28 de outubro


Porto do Son, 23 de setembro de 2010. Os integrantes da comunidade de veciños con montes en man común de San Pedro de Muro admiten estar "gustosos/as estamos os/as  de que a nosa parroquia sexa a elexida para impartir este tipo de cursos, no que vos animamos a participar".

O curso será os días 18, 20, 21, 25, 27 e 28 de outubro na casa de cultura de San Pedro de Muro, en Porto do Son, en horario de catro a oito da tarde. Está destinado a agricultores ou labregos locais. Para inscribirse, hai que chamar ao 981820945 antes do inicio do curso, xa que hai prazas limitadas.
 
Segundo explican, "a agricultura ecolóxica é un sistema de produción de alimentos baseado no respecto polo medio, polo benestar animal e polo mantemento e a mellora da fertilidade do solo. Emprega practicas que fomentan o equilibrio do ecosistema, evitando ou excluíndo case todos os produtos químicos, coma os fertilizantes, os fitosanitarios, etc., e utilizando en cambio técnicas de rotación de cultivos, fertilizantes verdes, control biolóxico das pragas e aumento da biodiversidade".

Máis información en 
 
http://sanpedro.blogaliza.org/              cmsampedro@yahoo.es      
 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: oito integrantes de Protección Civil e Grumir tomaron clases de reanimación cardiopulmonar en Ourense

Ribeira, 23 de setembro de 2010. A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e o Grumir de Ribeira realizaron na provincia de Ourense (concretamente, no Centro Empresarial Transfronteirizo do Concello de Barbadás) un curso de Reanimación Cardiopulmonar e Uso Inicial dos Desfibriladores Semi-automáticos  Externa DESA, así como un módulo de Primeiros Auxilios. 

En total, participaron oito profesionais procedentes do municipio barbanzano, dos cales a metade son compoñentes do Grumir riveirense e a outra metade voluntarios de Protección Civil. Tamén se deron cita un nutrido grupo de persoal de Enfermería do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e outros profesionais que traballan en corpos de emerxencias e asistencia sanitaria na nosa comunidade. 

No transcurso do curso, os membros da expedición ribeirense aprenderon anatomía e electrofisioloxía básica do corazón, como realizar unha reanimación cadiopulmonar  tras un paro cardíaco, coñecemento teórico e práctico dun DESA Desfibrilador Semiautomático Externo, desatrancamento de vías aéreas e outras situacións de risco vital para persoas. 

Esta acción formativa está acreditada polo Centro Oficial de Entrenamento - Asociación Española de Emerxencias AEM 112, e homologado a nivel internacional pola AHA (American Heart Association).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: os veciños de Cespón organizan actividades de bordado, pintura e ximnasia este outono

Boiro, 23 de setembro de 2010. A asociación de veciños de Cespón informa das actividades que están a organizar para este outono. Desta volta os veciños poden anotarse a tres, que son pintura, ximnasia e bordado.

As clases de ximnasia e pintura iniciaranse en outubro namentres que bordado é unha actividade que xa está en marcha, pero na cal aínda hai prazas dispoñibles.Máis información e inscricións no móbil 628378866 e o correo vecinosdecespon@hotmail.com


Baixa da web Boiro Cidadán e parón de Todofume.com

A páxina  www.boirocidadan.net, onde asociacións veciñais e culturais de Boiro colgaban anuncios das súas reunións e actividades, así como imaxes e outro material, foi cancelada a principios deste mes, disque por por motivos económicos. Pola súa banda, aínda que segue na rede, o portal de Leña Verde (colectivo cultural de mozos de Boiro) que tamén acolle agora a Oficina Municipal de Información Xuvenil, está desactualizado dende abril. Deste xeito, as asociacións boirenses que empregaban estes medios quedan sen fiestra a Internet.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical