23.9.11

Ribeira: Palmeira, Aguiño e Ribeira acollen cursos de alfabetización dixital ata decembro

  • O luns 26 de setembro abre o prazo para inscribirse neles. Son de balde e para todos, pero en especial para maiores, inmigrantes, parados e amos/amas de casa
  • No primeiro semestre de 2012 estenderanse ás outras parroquias 

Ribeira, 23 de setembro de 2011.- O Concello informa de que este luns 26 de setembro ábrese o período de inscrición nos Cursos de Alfabetización Dixital que terán lugar nas parroquias de Ribeira, Palmeira e Aguiño no último trimestre do ano: concretamente, entre o 10 de outubro e o 16 de decembro. 

Estes primeiros cursos, de 30 horas de duración, son gratuítos e están abertos ao público en xeral, aínda que son moi indicados especialmente para certos colectivos como maiores, ama/os de casa, inmigrantes ou parados. 

A este respecto, cabe engadir tamén que esta acción estenderase ao resto das parroquias do concello no primeiro semestre do ano que ven, desenvolvendo esta iniciativa formativa nas casas de cultura ou locais sociais das mesmas. 

Por de pronto, os interesados en anotarse nesta primeira quenda de Cursos de Alfabetización Dixital poderán facelo na Aula Multimedia  (planta baixa da confraría de Pescadores) de luns a venres en horario de 10 a 13 horas. O número de teléfono é o 981 876 043. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 7 de outubro. 

Cada grupo recibirá  unha formación de dous días semanais con hora e media por clase. Nos casos de Aguiño e Ribeira impartiranse nas súas correspondentes Aulas Multimedia, mentres que en Palmeira vanse facer na sede da Sociedade Hijos de Palmeira. 

O calendario lectivo inicialmente planteado é o seguinte:
 
  LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
De 10 a 11:30 h AGUIÑO

Aula Informática

(grupo 1º A)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º C)

AGUIÑO

Aula Informática

(grupo 1º A)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º C)

Aula Aberta
De 11:30 a 13 h AGUIÑO

Aula Informática

(grupo 1º B)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º D)

AGUIÑO

Aula Informática

(grupo 1º B)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º D)

Aula Aberta
De 16 a 17:30 h RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º A)

PALMEIRA

SOC. HIJOS

(Grupo 1º A)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º A)

PALMEIRA

SOC. HIJOS

(Grupo 1º A)

Aula Aberta
De 17:30 a 19 h RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º B)

PALMEIRA

SOC. HIJOS

(Grupo 1º B)

RIVEIRA

Aula Informática

(Grupo 1º B)

PALMEIRA

SOC. HIJOS

(Grupo 1º B)

Aula aberta
De 19 a 20:00 h Aula Aberta para todos ós usuarios (martes e xoves de 19:30 a 20:00)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Concello prevé ceder en outubro dous pisos tutelados a Ámbar e Amicos

  • Situados na praza "8 de Marzo" e de 112 metros cadrados cada un, para contribuír ao labor solidario que realizan ambas asociacións

Ribeira, 23 de setembro de 2011.- O Concello está dando remate aos trámites preceptivos para entregar en cesión dous pisos tutelados ás asociacións  Amicos e Ambar, cumprindo así outro dos compromisos adquiridos polo Executivo local que dirixe Manuel Ruiz Rivas cos colectivos representativos das persoas con diversidade funcional, no sentido de axudalos non só economicamente senón tamén mediante outro tipo de actuacións dirixidas a favorecer os seus obxectivos estatutarios. 

As dúas vivendas, cada unha das cales conta cunha superficie total de 112 metros cadrados (uns 88 metros útiles), están situadas na praza 8 de marzo, na mesma edificación que ocupan os Servizos Sociais municipais (residencial Miradoiro de Padín). Ambas dispoñen de cociña, salón comedor, vestíbulo, corredor, baño e tres dormitorios. 

Esta entrega (que está  previsto someter á aprobación do pleno no vindeiro mes de outubro) ten como obxectivo favorecer o labor que prestan as dúas asociacións, facilitando que as persoas con diversidade funcional poidan dispoñer dun inmoble axeitado para que as persoas usuarias desenrolen a súa autonomía persoal, aumenten a súa autoestima e fomenten a responsabilidade nas tarefas ocupacionais. 

A Creba

Nesta liña de apoio aos colectivos de discapacitados, cabe lembrar tamén que a principios de ano o Concello de Ribeira xa cedera en uso un local situado nas rúas Padre Sarmiento e Abesadas á Asociación Pro Saúde Mental A Creba. 

Dende a Área Municipal de Servizos Sociais, Promoción Social, Sanidade e Consumo estivéronse a levar a cabo un bo número de iniciativas nestes primeiros 100 días de lexislatura, entre as que cabe recordar os traballos preparatorios do proxecto do novo mercado municipal, xa moi avanzados; a posta en marcha dun mercadillo os venres en Palmeira, a estrea dunhas novas dependencias para o Departamento de Servizos Sociais, a celebración por primeira vez de actividades específicas para maiores no período de verán ou a activación dun protocolo de limpeza e seguridade viaria no mercadillo dos sábados de Ribeira.

Pode que tamén lle interese:

Servizos Sociais: os vellos das parroquias tamén son xente

Gardería: 74-72: fáltannos un par da promesa!

Ámbar: a toda vela cunha nova embarcación

  Obras: comezan as de Romero Ortiz o 22 de setembro

Nova lonxa: este ano non comezan as obras. Só rematan o proxecto

Escolas Deportivas: haberá once. Anótate ata o 30 de setembro!

Lan Party UxíaNet 1.1: do 14 ao 16 de outubro. Só 55 prazas!

Caricaturas de Pepe Núñez: ata o 15 de outubro no auditorio

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: solicitan que se modifique o planeamento en Manle, na parroquia de Santa Cristina de Barro

  • Co obxecto de poder construír un local social para a veciñanza

Noia, 23 de setembro de 2011. Segundo informa o concelleiro de Urbanismo, o nacionalista Bieito González, están a traballar na elaboración do expediente de modificación puntual das actuais Normas Subsidiarias de planeamento municipal no lugar de Manle, na parroquia de Santa Cristina de Barro.

Nunha xuntanza mantida o pasado mes de febreiro, entre a Xunta de Voceiros do Concello de Noia e a Directiva da Asociación de Veciños, chegouse ao compromiso de dotar ao citado lugar dun local social. Naquel encontro constatouse que os terrenos dispoñibles para a ubicación do citado equipamento colectivo tiñan a consideración de solo rústico, en consecuencia, non aptos para o emplazamento da demanda formulada polos veciños.

"Este compromiso é  o que agora se trata de materializar mediante a modificación puntual do planeamento urbanístico en vigor. A área obxeto de modificación ten unha superficie total de 2.484 metros cadrados, e como xa dixemos a súa cualificación urbanística é a de solo rústico común, é decir, sin ningún tipo de protección especial. A parcela en cuestión é propiedade municipal e sobre parte da mesma xa se actuou no pasado construindo nela unha zona de esparcimento e que tamén actúa como mirador das vistas sobre a ría", explica o concelleiro de Urbanismo noiés.

A modificación puntual calificará a parcela como de equipamento colectivo, sendo de aplicación a ordenanza número 7, no apartado correspondente ao socio-cultural, no que teñen cabida: casas de cultura, bibliotecas, museos, salas de reunión e polivalentes, filmotecas e semellantes. A modificación puntual proposta será a número 13, desde que entraron en vigor as Normas Subsidiarias de planeamento municipal, no mes de xaneiro do ano 1991.

11091310490.pdf Download this file

Rianxo: cursos en outubro para emprendedores e interesados en formar cooperativas

Rianxo Emprende.pdf Download this file

Rianxo, 23 de setembro de 2011. Segundo informa o Concello de Rianxo, o vindeiro mes de outubro realizaranse cursos de formación gratuítos no ámbito da creación de empresas.

Os cursos serán os seguintes:
- Motivación emprendedora: 5, 6 e 7 de outubro
- Formación para a posta en marcha dunha cooperativa: 10, 11, 13, 14, 17, 18 e 19 de Outubro

Máis información:
Servizos Sociais
Tlfn: 981860061
correo-e: servizos.sociais@concelloderianxo.es

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical