2.10.12

Ribeira: este sábado 6, partido homenaxe a Mariscal e Miguel Rodríguez

Ribeira_partido_homenaxe
https://twitter.com/Certo/status/253164165554909184

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: este sábado 6, I Ruta Turística Solidaria de Vehículos Clásicos



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: este mércores 3 comeza un curso de aproveitamento do monte

Rianxo_curso


Rianxo, 2 de outubro de 2012. Mañá, mércores 3 de outubro, está previsto o inicio en Rianxo do Curso Aproveitamento do monte: novas alternativas produtivas.

Está organizado pola FRUGA (Federación Rural Galega) e colabora o Concello de Rianxo. Todos/as aqueles/as interesados/as aínda se poden inscribir, para máis información no Auditorio de Rianxo ou no teléfono 981558172.

O curso constará de 8 xornadas formativas e unha saída didáctica, en horario de 19 a 22 horas (ver programa e cartaz adxuntos), a acción formativa realizarase no Auditorio rianxeiro.


Introducción e Programa:

Nos últimos tempos tense producido un importante fenómeno de despoboamento do rural, levando aparellado un grave abandono dos predios agrícolas e forestais. Isto provoca numerosos problemas no territorio e á xente que aínda fica no medio rural, sendo preciso artellar medidas que  troquen esta situación.

En primeiro lugar, cómpre actuar sobre o territorio promovendo sistemas de xestión conxunta da propiedade que superen o problema do minifundio, que impide a xestión racional e sustentábel do monte, así como o establecemento de programas de combinación de aproveitamentos.

En segundo lugar, ofrecer alternativas viabeis que conduzan a obtención de rendementos económicos e sociais, fornecendo ás persoas dunha calidade de vida óptima.

Orientar as actividades produtivas cara aos produtos agroalimentarios de calidade diferenciada pode ser unha moi boa maneira de acadar o exposto con anterioridade. Increméntase o valor engadido e respóndese a unha demanda da sociedade, cada vez máis preocupada e concienciada en termos de seguridade alimentaria e calidade dos produtos que consume.

Non debe esquecerse, por último, as necesidades formativas expresadas polas persoas asociadas. Este punto resulta primordial no deseño do plan de formación.

 

  1. OBXECTIVOS.
  • Dar a coñecer os diferentes sistemas de xestión conxunta da propiedade.
  • Analizar as diferentes alternativas de produción do monte.
  • Acadar unha formación axeitada en canto ao funcionamento dos distintos programas de calidade.
  • Dotar ao alumnado dos coñecementos necesarios sobre os requisitos legais e técnicos a cumprir polos produtos de calidade.
  • Aumento da competitividade dos produtos obtidos.
  • Afondar no aproveitamento da biomasa forestal.

 

 

  1. PROGRAMA.
  • Sistemas de xestión conxunta da propiedade (7 horas):
  • Sociedades de fomento forestal (SOFOR).
  • Cooperativas de xestión conxunta da terra.
  • Outro tipo de sociedades.

 

    • As tres funcións do monte: produtora, protectora e social (25 horas):
  • Función produtiva (19 horas):
    • A produción de madeira.
    • Certificación forestal: FSC, PEFC.
  • Sistemas silvopastorais: produción ecolóxica, IXP Tenreira Galega, razas autóctonas.
  • Produción de froitos: IXP Castaña de Galicia.
  • Apicultura: IXP Mel de Galicia.
  • Cogomelos.
  • Plantas medicinais.
  • Aproveitamento cinexético e piscícola.
  • A biomasa como recurso enerxético.
  • Función protectora (7 horas):
    • Quecemento global e efecto invernadoiro.
    • Regulación do ciclo hidrolóxico.
    • Conservación e rexeneración do solo.
    • Mantemento da biodiversidade.
  • Función social (7 horas):
    • Creación de emprego e fixación de poboación no rural.
    • Actividades deportivas e de lecer.
    • Actividades educativas.
    • A paisaxe.
    • O patrimonio.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: sete obradoiros no programa de promoción social dos maiores

Media_httpfarm5static_ikzdd

Un dos obradoiros é de pandeireta

Ribeira, 2 de outubro de 2012- Sete serán os obradoiros que vai ofrecer o Concello dentro do seu Programa de Dinamización e Promoción Social dos Nosos Maiores. Trátase dnha iniciativa promovida dende a Concellería de Servizos Sociais co fin de facilitar que os veciños máis veteranos do municipio podan levar unha vida activa e enriquecedora ao tempo que deixar a impronta das súas experiencias entre as xeracións máis novas.

Obradoiros ofertados:

  1.     Estimulación cognitiva
  2.     Enriquecemento educativo. Imparten membros do Voluntariado Social Municipal.
  3.     Pandeireta
  4.     As nosas historias (Obradoiro de galego). Imparte o Departamento de   Normalización Lingüística.
  5.     Restauración do moble e manualidades
  6.     Inglés. Imparten membros do Voluntariado Social Municipal.
  7.     Bailes de salón


Ao igual que o ano pasado, neste novo curso preténdese desenvolver -sempre que haxa demanda- polo menos un obradoiro en cada unha das nove parroquias do municipio. O pasado ano o taller máis solicitado –o de Estimulación Cognitiva- celebrouse en Ribeira, Aguiño, Palmeira, Corrubedo, Artes e Castiñeiras, chegando a participar só nesta actividade máis de 200 persoas maiores.


Para máis información e inscricións, cómpre poñerse en contacto co Departamento de Servizos Sociais situado na praza 8 de marzo, s/n (edificio Miradoiro de Padín). Teléfono: 981 874 131 / e-mail: servizossociais@riveira.com.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: últimos arranxos para adaptar o conservatorio de Aguiño como gardería provisional

Ribeira, 2 de outubro de 2012. A menos de 48 horas de que dea comezo o Programa para a conciliación da vida familiar e laboral, xa está practicamente rematado o acondicionamento do edificio do Conservatorio de Aguiño. Este vai ser o lugar que dará cabida a esta iniciativa namentres as obras da Escola Infantil Municipal non permitan a súa reapertura.

A este respecto, operarios municipais estiveron a realizar os labores oportunos en orde a adecuar o espazo –tanto no que se refire ás propias instalacións como aos requisitos de seguridade- ás características do servizo que se vai impartir e á idade dos destinatarios do mesmo. Así, o Conservatorio -de 563 metros cadrados de superficie distribuídos nunha única planta- albergará sete aulas, un comedor, aseos, despachos para o profesorado e vestiarios, entre outras dependencias. O enclave dispón ademais dun amplo patio de recreo pechado dotado de zonas verdes e xogos infantís.

 

O Concello tamén procedeu a realizar actuacións de mellora no arredor do Conservatorio, que incluíron o acondicionamento de xardíns e a mellora da sinalización -tanto vertical como horizontal- na rúa Castelao.

Os pais e nais dos cativos inscritos terán oportunidade na tarde de mañá de coñecer in situ as instalacións; en tanto que o xoves día 4 dará comezo o programa de conciliación dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre 0 e 3 anos.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: a andaina polas mámoas dos Campiños permitiu coñecer parte do patrimonio arqueolóxico local

  • O roteiro rematou cunha improvisada visita á aldea abandonada de Abuín de Abaixo, xa coñecida entre os afeccionados ao misterio como "aldea maldita"

Rianxo, 2 de outubro de 2012. O pasado sábado 29 de setembro tivo lugar en Rianxo a andaina “Mámoa dos Campiños” dentro do programa “Goza do Ulla”, programa no que participan 19 concellos bañados polas augas do río Ulla, nunha iniciativa que pretende dar a coñecer o rico e valioso patrimonio natural dos territorios á beira do Ulla. Medio cento de viandantes puideron coñecer de preto este legado patrimonial dos nosos devanceiros.

Os sendeiristas aproveitaron que no mes de agosto remataron as tarefas de limpeza e habilitación dos accesos ás mámoas de Os Campiños, o petroglifo Os Mouchos e a Foxa Vella coa colaboración dos axentes do distrito forestal, así como persoal municipal e control por parte dun arqueólogo. O Concello de Rianxo asegura en nota de prensa que apostou por este roteiro e/ou andaina para a estrea e posta en valor dos xacementos nomeados.

Ao longo da solleira xornada, 52 participantes puidéronse achegar a observar e “interpretar” estes importantes xacementos asi como disfrutar dunhas vistas inmellorables da Ría de Arousa e montes limítrofes. Destacan e agradecen o guiado do propio alcalde así como as explicacións do arqueólogo do Centro arqueolóxico de Neixón Victor Barbeito, posto que axudaron a “interpretar” tanto o roteiro como a posta en valor dos xecementos visitados.

Aldea maldita de Abuín de Abaixo

Unha vez visitados Os Mouchos e, de xeito improvisado, decidiuse visitar a coñecida “Aldea Maldita” no lugar de Abuín, o cal lle dou a nota enxebre e/ou mitolóxica a andaina. En Certo xa informamos no seu día que Víctor Barbeito é "especialista" nesta aldea maldita, da que falou incluso en programas de misterio como "Cuarto Milenio", do inefable Iker Jiménez. Tamén trataron o asunto os organizadores das I Xornadas de Misterio do Barbanza, que se chegaron a celebrar en Ribeira, e mesmo o xornalista e divulgador arqueolóxico Manuel Gago, no seu imprescindible Capítulo 0.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Concello participa no programa "Constrúe o teu mundo", adicado á prevención de drogodependencias no eido educativo

Media_httpwwwconstruy_chkob

Unha das imaxes do novo web "Construye tu mundo"

Noia, 2 de outubro de 2012. A Concelleira de Benestar e Igualdade, a nacionalista Sofía Caamaño Lado, informa hoxe da participación do Concello de Noia no programa "Constrúe o teu mundo" en colaboración coa "Fundación de ayuda contra la Drogadicción", que este ano se lles vai ofertar aos centros educativos para traballar temas referentes á información sobre os riscos de consumir drogas e en contribuír a desenvolver en nenos, nenas e tamén destinado a construír nos adolescentes unha personalidade autónoma, crítica e reflexiva.

A Fundación de Axuda contra a Drogadicción presenta esta nova web www.construyetumundo.org, unha plataforma universal, integral e de acceso gratuíto que pon ao alcance da comunidade educativa o programa "Constrúe o teu mundo", cuxo obxectivo é a prevención do consumo de drogas e as condutas de risco no ámbito escolar.

O programa "Constrúe o teu mundo", dirixido ao profesorado de Infantil, Primaria e Secundaria, pretende contribuír a desenvolver en nenos, nenas e adolescentes unha personalidade autónoma, crítica e reflexiva, sobre a base da dilatada experiencia que no deseño e implementación de programas posúe a FAD.

"Constrúe o teu mundo" ofrece ferramentas para modificar, na dirección axeitada, as principais variables relacionadas cos problemas derivados dos consumos de drogas e outras condutas de risco, permitindo non só reducir a influencia dos factores de risco e aumentar a presenza dos factores de protección, senón tamén orientar nenos, nenas e adolescentes cara a un estilo de vida máis saudable e máis afastado dos riscos.

Toda a información e materiais do programa “Constrúe o teu mundo” en

www.construyetumundo.org




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical