12.9.11

Ribeira: adxudican a mellora da estrada AC-303 entre Oleiros e Corrubedo

Media_httpfarm7static_iptqp

  • Está  previsto que as obras dean comezo no mes de outubro 
  • Orzamento de 2,42 millóns máis ive. Sete metros de sección de vía, con beirarrúas e sendas peonís

Ribeira, 11 de setembro de 2011.- Por medio da Sociedade Pública de Investimentos (SPI), a Xunta de Galicia acaba de adxudicar á empresa Canarga. S.L. as obras de mellora da estrada AC-303, entre Oleiros e Corrubedo. 

O alcalde Manuel Ruiz Rivas interesouse por esta actuación, amplamente demandada polos veciños de Oleiros, Olveira e Corrubedo ao vertebrar estas tres parroquias e, segundo puido saber, está previsto que os traballos comecen xa no mes de outubro. 

Cun orzamento final de 2,42 millóns de euros máis IVE e un prazo de execución de 16 meses, esta actuación ten como obxectivo a urbanización e incremento da seguridade na citada vía.  A estrada presenta actualmente unha serie de deficiencias, como ausencia de itinerarios peonís completos, mal estado do firme no treito inicial ou falta de ordenación dos xiros á esquerda e cambios de sentido. 

Este proxecto mellorará  os 7 primeiros quilómetros da estrada (entre o p.q 0+000 e o p.q 7+002), ampliando a sección actual e construíndo beirarrúas e sendas peonís de 1,5 metros de ancho. Ademais, urbanizaranse as travesías de Bretal e Olveira e ordenaranse as interseccións con posibilidade de cambios de sentido e a implantación de novas conexións. 

Ponte do río Artes

As obras a levar a cabo permitirán ampliar a sección da plataforma actual ata os 7/8 metros incluíndo a ponte do río Artes ou Arlés (entre o p.q 0+850 e o p.q 1+060). Deste xeito, a sección tipo pasará a ter dous carrís de circulación de 3,5 metros cada un, beirarrúas de 1,5 metros e senda peonil da mesma medida, así como beiravías de entre 0,5 e 1,5 metros dependendo da zona.  

Para isto será  preciso levar a cabo a escavación de máis de 16.800 metros cúbicos de terreo e facer 11.000 metros cúbicos de terraplén. Así mesmo, será preciso estender máis de 6.200 toneladas de mestura botuminosa. Finalmente, faranse os labores de drenaxe e sinalización así como a instalación de iluminación. 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: cartel e programa de Festas da Balbanera, en Nebra

P9111228

  • Tódolos días ás 9 do serán, novena á Virxe das Dores e da Balbanera

Sábado 17 Setembro

Verbena aprazada o día do Carme amenizada pola Orquestra

TROPICANA

Domingo 18 Setembro

Na honra da Virxe das Dores

Pola maña: Dianas e Alboradas a cargo dun Grupo de Gaitas do País
Ás 08:30 h. Haberá Misa
Ás 13:30 h. Misa Solemne e despois sairá a Procesión
A continuación actuación do Grupo de Pandereiteiras FALCOEIRA de Nebra

Sesión Vermú a cargo da orquestra ALCAZAR
De 17:00 a 20:00 Teremos toro mecánico, «futbolín humano: Subvenciona o Concello de Porto do Son»
Pola noite: Gran Verbena amenizada pola gran ORQUESTRA

ALCAZAR

Luns 19 setembro

Na honra de San Antón

Pola maña: Dianas e Alboradas a cargo dun Grupo de Gaitas do País
Ás 09:00 h. Haberá Misa
Ás 13:30 h. Misa Solemne e despois sairá a Procesión
Sesión Vermú a cargo da orquestra Bohemia
Pola noite: verbena a cargo da fabulosa ORQUESTRA

BOHEMIA

Martes 20 setembro

Romaría na honra da Balbanera

Pola maña: Dianas e Alboradas a cargo dun Grupo de Gaitas do País
Haberá misas as 9:00, 10:00 e 11:00 h
De 12:00 a 13:00 h. Concerto da Banda de Música de Caamaño

Ás 13:00 h. Misa Solemne e Procesión, a continuación tradicional Poxa da Cera
Sesión vermú a cargo da Orquestra POCEIRO
Pola noite: verbena amenizadas polas ORQUESTRAS

POCEIRO E IMPACTO

Ás 12:30 da noite: sorteo de unha TV-LG, doada por Limpezas Galinor

A Comisión de Festas deséxalles unhas boas Festas aos Veciños e Visitantes.
Gracias a todos pola súa colaboración

Colabora: Concello de Porto do Son

Vía

.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical