12.10.11

Ribeira: van despezar a "Vianto III", embarcación no desleixo e con risco de afundimento

  • Portos de Galicia seguirá o procedemento habitual, en col da seguridade para o resto da flota e usuarios, tralas advertencias previas ao armador
  • A acción terá un custe de case 30.000 euros, que deberá pagar o propietario

Media_httpfarm4static_rgchc

Imaxe de arquivo de barcos en Ribeira. Ningún é o aludido na noticia

Ribeira, 12 de outubro de 2011.- Portos de Galicia vén de iniciar o proceso de retirada e e despece da embarcación Vianto III, abandoada e con perigo de afundimento no porto de Ribeira. O ente público investirá 26.904 euros nesta actuación, en aras da seguridade para o resto da flota e os usuarios. Os gastos serán repercutidos ao propietario da embarcación.

Portos de Galicia toma esta decisión despois de máis dun ano de abandono da embarcación, nun estado de notable deterioro e tras os preceptivos avisos ao armador para evitar esta retirada forzosa e o despece do barco.

O 26 de xaneiro deste ano foille dada á firma armadora orde de retirada inmediata da embarcación, reservándose Portos de Galicia o dereito de retirala forzosamente, pasándolle posteriormente os gastos á empresa. Ante a falta de resposta do propietario, o ente público solicitou inspección e informe técnico da situación da embarcación en materia de seguridade á Capitanía Marítima de Vilagarcía. A resposta desta entidade establece un “moi alto risco” de dano ás persoas, medio ambiente e dominio público.

Con estes datos técnicos reitérase a orde de retirada urxente, que de novo non é atendida polo armador. É esta a situación que obriga a Portos de Galicia a facerse cargo da actuación, para preservar a seguridade e operatividade dos usuarios do porto de Ribeira. A embarcación será, por tanto, despezada nos astaleiros Aguiño, segundo informou hoxe a Xunta.

Pode que tamén lle interese:


Libro: este sábado 15, "50 lugares mágicos de Galicia"


Mobilizacións para faenar en Sálvora: este sábado 15, de Aguiño a Vigo


Pádel: "están trabajando en ellouu" en Ribeira. Medio millón para catro pistas


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical