23.1.13

Noia: persoal de Servizos Sociais fórmase este venres e sábado en avaliación, supervisión e calidade

Noia, 23 de xaneiro de 2012. Este venres 25 e o sábado 26 de xaneiro de 2013, o persoal dependente da Concellería de Igualdade e Benestar que dirixe a concelleira do BNG, Sofía Caamaño Lado, recibirá o segundo módulo do Programa de formación, avaliación, supervisión e calidade.

Os temas a impartir neste módulo serán:

  1. As reunións de equipo.
  2. Contido funcional.
  3. Documentos e rexistros.
  4. Procesos e sistemas.
  5. Avaliación do desempeño.

O segundo módulo é continuación do impartido anteriormente en xullo do ano 2012. Será impartido por Jesús Cartelle Fernández que é médico especialista en psiquiatría, Máster en Drogodependencias pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Saúde Mental pola Universidade de Vigo. Ademais exerce como consultor en temas de calidade e asesora ao Instituto de Droga e Toxicomanía (IDT) de Portugal.

Antes, en Certo:






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: actividades previstas no Entroido

  • Dentro do ciclo de Cine Infantil e educación en valores, este venres 25 de xaneiro proxectarase a película “Vecinos Invasores”. Como sempre a sesión será ás 17 h na Casa da Cultura. Despois do visionado da película haberá un obradoiro relacionado coa temática.

 

ENTROIDO:

O Concello de Dodro organiza para o Entroido 2013 diversas actividades.

Entre elas, o ENTROIDO CULTURAL os días 11 e 12 de febreiro para nenos/as de 5 a 14 anos e favorecer a conciliación da vida familiar e laboral.

Os cativ@s de Dodro terán un obradoiro de disfraces no que confeccionarán eles mesmos os seus disfraces, un taller de creación de máscaras e maquillaxe e a Festa do Meco.

Os obradoiros realizaranse na Casa da Cultura do Concello de 11h a 13,30h. A actividade é gratuíta e poden realizarse as inscricións ata o 7 de febreiro.

Por outra banda, este ano dentro das actividades do Entroido organizase un Concurso de Disfraces que terá lugar o sábado día 9 de febreiro na Paxareira ás 17 h.

O concurso consta de 4 categorías, infantil (dividida en infantil de 0 a 6 anos e de 7 a 12 anos), xuvenil, adulto e grupos (dividida en dúas categorías, xuvenil e adultos).

As bases do concurso pódense ver na web do Concello ou no taboleiro da Casa da Cultura.

Establécense 4 premios na categoría infantil consistentes en lotes sorpresa e entradas de cine, 2 na categoría xuvenil consistentes en entradas de cine, 2 na categoría de adultos consistentes en 2 fins de semana nunha casa rural e 1 na categoría de grupos xuvenil consistente en unha xornada na boleira con merenda e 1 na categoría de grupos adultos consistente nunha cea nun restaurante da zona.

Todos os que queiran participar deberán inscribirse ata o día 6 de febreiro na Casa da Cultura do Concello. Valorarase non soamente o disfrace, senón tamén contarán a orixinalidade, o desenfado, e a animación dos concursantes.

CINE 25 XANEIRO.pdf Download this file

Cartel Entroido 2013.pdf Download this file

Cartel Entroido Cultural 2013.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: veciños de Carreira achegáronse á Coruña na pasada fin de semana a patinar e visitar monumentos


Ribeira, 23 de xaneiro de 2013. Na última fin de semana, a Asociación de Veciños de Carreira organizou unha nova excursión das que adoita realizar nestas datas invernales.

Nesta ocasión cursaron visita á pista de xeo de A Coruña. Case medio cento de personas -a maioría rapaces e adolescentes- disfrutaron patinando nunha desapacible mañá, meteoroloxicamente falando. Pola tarde, achegáronse a visitar o museo interactivo da Domus e o museo arqueolóxico provincial sito no emblemático Castelo de San Antón.

Media_httpfarm9static_jbmsh





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sociedade: "Stop Desafiuzamentos" pasaralle ao Instituto da Vivenda os datos das familias desafiuzadas que agochan os bancos

  • En Barbanza non hai ningunha vivenda de promoción pública libre
  • O director xeral do IGVS comprometeuse a realoxar ou reubicar a toda canta familia se atope en situación precaria por este motivo

O IGVS está en Fontiñas, próximo aos xulgados de Compostela

Barbanza, 23 de xaneiro de 2013. Onte pola mañá mantiveron unha xuntanza tres membros da Plataforma "Stop Desafiuzamentos" do Barbanza co Director Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Antonio José Boné Pina, no seu despacho de Fontiñas, en Santiago. Os membros da Plataforma transmitiron a preocupación sobre o importante número de familias que están inmersos en procedementos de desafiuzamentos, tanto na Comarca do Barbanza coma no resto de Galicia, e que poden quedar na rúa durante os vindeiros meses. O Director Xeral do I.G.V.S pasou a informar sobre o programa de realoxo de colectivos afectados por execucións hipotecarias que favorece a reubicación das familias en vivendas de promoción pública ou ben a través da adxudicación de viviendas en alugueiro do "Programa Aluga" nos casos en que non se dispoña de vivendas de promoción pública, como acontece na bisbarra do Barbanza donde, actualmente, non hai ningunha vivenda de promoción pública libre.

 
O Director Xeral transmiteu, os membros da Plataforma, o seu compromiso de que non quede ningunha familia, sen recursos ou en situación de desafiuzamento, sen o dereito a unha vivenda axeitada. Para iso pediu a colaboración da Plataforma sobre a información do número de familias que están a vivir esta situación, ante a falla de datos oficiais que son, sistematicamente, negados polas propias entidades financeiras.
  

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: o alcalde apraza pleno para ir a Fitur e o Psoe pregúntalle que vai facer alí e canto vai gastar

Pospoer_pleno

Media_httpfarm9static_vvabg

Un dos sinais atrapaturistas de Arousa Norte na Pobra

A Pobra do Caramiñal, 23 de xaneiro de 2013. A oposición pobrense recibiu onte notificación do retraso do pleno ordinario que correspondía celebrar o vindeiro xoves día 31 de xaneiro. A argumentación para o aprazamento é que se celebra a Feira Internacional de Turismo (FITUR) en Madrid e para promocionar as excelencias turísticas da comarca non pode asistir o Alcalde en dita data.


A portavoz do Psoe, Teresa García Guillán, sinala que "cando a totalidade da oposición presentou escritos solicitándolle o aprazamento do Pleno ordinario con motivo da folga xeral do 29 de marzo de 2012 por ser unha medida respectuosa co dereito á folga e por facilitar o seu exercicio aos empregados municipais que así o desexaran, este non foi motivo abondo para que o Alcalde aprazara o Pleno ordinario pero si é motivo suficiente para o aprazamento, a Feira de Fitur, na que as excelencias da comarca se poden representar igualmente, sen que se bote de menos ao Alcalde da Pobra".


A voceira socialista faille ademais, unha batería de cuestións ao alcalde:


  1. Cantos días vai a estar representando a comarca en FITUR?
  2. Vai ser con cargo aos orzamentos do Concello?
  3. O aloxamento: cantas estrelas vai a ter o hotel onde pernocte?
  4. Acompáñao algún membro do goberno ou persoal de confianza?
  5. Se o acompañan: será con cargo aos orzamentos do concello?


Teresa García cre que "en aras da austeridade que predica o PP e da transparencia que debe rexer nas Administracións Públicas sería estupendo que dera conta de todo isto aos veciños".



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical